1457 |
LNAP 69/ 131 |
Como eu, Ares do Outeyro, morador en Outeyro, da freigresj́a de Santa María d Asados, outorgo e coñosco que dou a rrẽta a vós, Pero Pipo, morador en Laýño, que sodes presente, a mjña leyra da vjña da Senrra, que jas so o sjno de Santa Vaya do Araño, cõ seus barbeytos e deuesa, por honse anos primeyros seguintes que hã de comẽçar este primeyro dj́a de janeyro que vẽ do primeyro ano que agora verrá de J M CCCCo LVIIJo anos, XJ anos e XJ noujdades alcadas, por preço e cõtía de sesẽta morauidís vellos que de vós rreçebj́; e en rrasõ da paga rrenũçio as leys, et çétera; a qual dita bjna avedes de labrar de todos seus bõos laboríos segundo a vjna perteesçẽ, e despoys de cõpridos estos ditos anos me la avedes de deixar libre, quita e desẽbargada; e póñobos des oje dj́a ẽna posesiõ dela, e avendo, o dito Ares, de vender, deitar, trocar, cãbiar, enagenar a dita vjña en algũu tenpo, que vosla dé a vós, o dito Pero Pipa, tãto por tãto, e así mjsmo me obligo de vosla faser çerta e desẽbargada [d]urãte o dito tenpo do dito arrẽdamento. |
[+] |