logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no Corpus Xelmírez poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Se desexa consultar a referencia e o contexto dun exemplo, calque no símbolo [+] na cela da dereita. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no Corpus Xelmírez, pode calcar aquí.
Está a procurar contextos do uso de pouso nos textos notariais do Corpus Xelmírez.

Número de contextos atopados: 20

1302 VFD 39b/ 55 E por que meu fillo Esteuoo Pérez me mandou desonrrar per çinco ueçes, seendo eu doente en Sande, sobre los meus diñeiros, que auían dauer a Esteuoo Uaca e a Pero de Canpo e a Esteuo de Çerracoes e a Ferrán Pérrez e a Esteuoo de Prado, e por que poso a maao eno coytelo pera uiir contra min, e porque uerteu a Johán Fernandes do Paaço, meu home, una cuba de viño ante min, e porque disse que él faría cousa á que non porría consello e me queymarían o que auía o me farían cousa que todo o mundo en falaría, e porque prendeu Martín Domínguez de Barbantes, meu ome, e leuóu dél mill e quatroçentos e çincuenta morauedís, e porque fillou a moller e o fillo a Lourenço Moniz de Prado, meu ome, e leuou deles mill e quatroçentos morauedís, e porque prendeu Johán Baralla, meu ome, e lle britou dous dentes na boca, e leuou dél quatroçentos e çincuenta mrs. e porque prendeu Pero Uello de Cartelle, que era mía emcomenda, e porque pousou en casa desses omes que morauan en eses casares e os prendeu e leuou deles seysçentos e çincuenta morauedís, e por que, seendo eu na mia casa de morada de Maaçedo, chegou él y e tragía consigo este que me desonrraron, e foy pousar nas mias casas e eno meu heredamento, non me pedindo pera eles trégoa, e porque os enpara e defende estes que me esta desonrra fezeron, e porque tomou a mia iglesia de Maçeendo, de que eu ey dauer cada ano çen morauedís e un jantar en ynverno e outro en uerao, e me exerdou dela sobre excumuyón do bispo e do dayán, e porque foy pousar en Seixadas, que he mía comenda, e forçou una mía uassala, mançeba en cabelo, chamando a min, e por una casa que me queimou en Reureda, e por quinze moyos de pan que me tomou en Reureda, e porque me tomou doze moyos de pan en Espinoso, e en Prado çinco moyos e un quarteyro, e porque me chamou en juyzo per ante o Infante don Filippe sobre lo meu, e por outro exerdamentos e desonrras moytas que me fez, exerdoo de tódolos meus bees móuil e reyz, tanbén do que lle deu mía madre como de quanto eu conprey e gañey, así o exerdo dos iglesarios como dos coutos, como dos enprazamentos, como das gaanças, como de tódalas outras cousas que eu ey. [+]
1360 DMSBC 6b/ 35 Eu, Martĩ Martíns, canbeador, morador ẽna rrúa da Algara de Fondo, por mj̃ e por mj̃a moller, María Eanes, á qual deuo a dar outorgamento desto, per mj̃ e per meus bẽes, ffaço pleito e plazo a uós, Martín Eanes, dito de Bite, morador ẽna dita rrúa da Algara de Fondo, en quinẽtos morauidís desta moeda vsáuel contado assý, que sse Fernã Garçía do Canpo ou Roý Mouro ou outra perssona algũa a mj̃ ou a vós fezer enbargo ou demãda algũa sobre rrazõ dos pousos daquela parede daquela casa que está contra o muro do conçello ou da herdade da cortiña que sse sige cõ os ditos pousos da dita casa, de que me vós vendestes os sete oytauos oje este día per carta ffeita per este notario, que uós nõ seiades tiúdo a mj̃ nẽ aa dita mj̃a moller de nos fazer de paz os ditos pousos nẽ a jurdiçõ da herdade que sse cõ elles sige, nẽ uos enpeeça o tenor da carta que me della fezestes, e que uos nõ chame pera nihũu dereito em juýzo nẽ fóra del, sobrelo máys que eu deffenda mj̃ e vós se sobr ' elo fordes chamado per mj̃a custa ssen vosso dano, e que uós que leuedes nossa madeyra e perfeas e outras cousas que hi tẽedes sem enbargo de mĩ e da dita mj̃a moller, e quero e outorgo que uós seiades en jur e ẽ possissón e en propriedade do dito uosso oytauo da dita casa que uos fiquar por vender pera senpre per uós e per outros quaes vós quiserdes ssem meu enbargo e da dita mj̃a moller e de uossas vozes e esto prometo cõprir e agardar e nõ vijner contra ello so pena dos ditos quinẽtos morauidís. [+]
1369 MSPT [24a]b/ 261 Domingo Martines, Domingo Conde, vesinos de Neda, Pedro do Pouso, Pedro das Congostas, ommes do Prior, Johán Alvarinno, Pedro Rodrigues, criado de Roý Martines, coengo, Fernán Peres de Savín, et outros. [+]
1373 MB 49b/ 449 Conosçuda cousa seia a todos que eu Clara Carneiro moller de Fernan Dalmallo, escudeyro de Gonçalvo Marino, do qual meu marido soon procuradora et ey poder para esto por huna procuraçon feyta por Iohan Fernandes notario da Meya de que o thenor adeante se conten et por toda mina voz et sua vendo firmemente et outorgo para senpres a vos Sancha Fernandes do Caminno frayra do moesteiro de Santa Maria de Belvis yrmaa que sodes do dito Fernan Dalmallo et a toda vossa voz a meadade entergamente daquela casa que esta na rua do Vilar da çidade de Santiago enna qual casa ora moram Domingo Martines scripvan no sobrado et enno sotoo Dominga Moura, a qual outra meadade dessa dita casa he vossa et a qual dita meadade da dita cassa ao dito meu marido perteesçe et perteesçer deve por parte de sua madre Mayor Eans que foy, et a qual casa tensse da huna parte por tavoado con huna casa que he do moesteiro de San Paayo, et bendovos a dita meadade da dita casa con seus sotoos, sobrados, camaras, portaes, pousos, paredes, tella et madeyra et con todas outras suas perteenças et dereyturas que lle perteeçen et perteeçer deven assy de dentro commo de fora et en alto commo en baixo por trezentos et saseenta morabetinos de dez deneiros branquos cada morabetino da moneta del Rey don Afonso, et quaes me dades et pagades et de vos reçebo en presença deste notario et ts em huna taça de prata et en dineiros que valen a dita contia dos quaes consensso et outorgo que soon enterga et ben pagada et renunço a toda exençon que nunca ende diga o contrario. [+]
1424 SMCP 14/ 78 Conven a saber que vos aforo toda aquella casa que esta en a rua dos toneiros a qual dita casa foy de Costanza da Rua e a qual dita casa vay de longo con a outra casa de Pero Calvyno e da outra parte a casa que mora Iohan Troque e say a rua parte con seus portales e topa con seu [ouotm] e aforovos a dita casa con seu tarreo e pedra e tella e madeyra e pousos e agoas cristelinas tan ben en alto como embaixo aforovos a dita casa segundo que dito he por tal maneira e condiçon que vos e vosa moller e vosa vos que agardedes e reparedes a dita casa e a levantedes o que jas en o tarreo como se a dita casa non perga por mingoa de restoyramento salvo caendo por pee ou ardendo o que Deus non teyra e que avedes de dar e pagar vos e vosa moller e vos a min e a mina vos en cada huun ano por foro e renda e conosçemento sen desconto alguun dies e seys mrs. dedes des mrs. por mr. e dos quaes ditos dies e seys mrs. an de aver os lazerados da ermyda de Santa Maria do Camino oyto mrs. cada huun ano para sempre et ena dita casa e a dita vos forada que a dita casa me fiquen livres e quite e desembargada de vos e de toda vosa vos e de outro alguun con todo o boo feytio que en ella estever feito e avendo vos ou vosa moller e vos de vender ou sopenora ou enalear este dito foro ou feytio que en ello estever feito a min e a mina vos a devedes faser tanto por tanto quanto vos outro por el dar e non no querendo eu nen mina vos que o fasades a persona semetavel de vos que compra e page e guarde o que nos sodes tiudo de comprir e agardar por este publico estromento de aforamento e eu e mina vos devemos vos de ampar e defender en o dito tempo de todo lembargo con o dito foro por min e por todos meus bees que vos para ello obligo e qualquer de nos partes que contra elo veer outorgamos que peyte por pena aa outra parte que o comprir e agardar quinientos mrs. asy que a pena pagada ou non pagada este estromento de aforamento e as cousas en el contiudas sejam firmes e vallan en sua revor e eu o sobredito Pero de Lovelle que soon presente por min e por la dita mina moller absente e por la dita vos asy o reçebo e outorgo de vos o dito Afonso Yanes o dito foro da dita casa por las mandas e condiçoes sobreditas e para o asy todo teer e comprir e agardar obligo a ello min e todos meus bees e so a dita pena. [+]
1428 SMCP 8/ 70 Aforovos a dita casa para sempre como dito he con seu tarreo, pedra, tella, madeira, pousos, juros, entradas, seidas e todas suas dereituras per tal condiçon que a reparedes aa vosa custa de todalas cousas que lie compriren en maneira que se non perga nen derruya por mingoa de restoiramento e [...] salvo ardendo de todo o que Deus non queira e que dedes e paguedes por foro e renda dela cada ano em paz e em salvo aa dita hermida oyto môr de moeda vella por dia de San Miguel de setembro e asy cada ano sen desconto algun e que seia desamparados e defensos con este foro para sempre de todo enbargo por los bees da dita hermida que vos para elo obrigo e non venderedes o dito foro salvo de dita hermida e lazerados dela tanto por tanto e se o non quiseren que o façades a personas semellaveles de vos que façan compran e pagen o contheudo en este instrumento. [+]
1429 FDUSC 282/ 307 Et eu o dito Juan de Mendoça, e a mia moller auemos logo de presentar de fas[...] propea enno dito curral e saydo huna estrema de boa parede des lo canto mays de baixo do penal da dita casa en que moran os ditos Juan Galego e Lope [...] de longo a dereito asta huna crus (+) que asignalamos e fezemos por marqua e deuision enna parede da orta de vos o dito liçençiado e vosos yrmâôs [...] dito fumeiro, e vos o dito liçençiado e vosas uoses auedes de auer os pousos enna meatade da dita parte quando e cada que en ela quiserdes pousar sen [...] alguna; a qual dita casa e fumeiro e curral e saydo de vos aforamos con suas entradas e saydas e pousos e praças e [exidos] e agoas uertentes e con todas suas dereituras que lle perteesçen e perteesçer deuen asi de alto conmo de baixo, e de dentro conmo de fora [± 40] Migell de setenbre para todo senpre jamays; e nos e nosas uoses deuemos de aqui endeante de têêr [± 45] mester e for neçesario per nosa custa propea, en tal maneira que non perga per m[ingoa ± 50] deuemos e auemos de dar e pagar a vos o dito Esteuôô Rodriges, liçençiado, e a [vosos yrmâôs ± 40] alguno, a toda nosa uentura de todo caso fortuyto mayor ou menor se [± 50] e fumeiro e curral e saydo con suas dereituras conmo dito he, des lo dito dia [± 50] enna dita villa de Muro por dia de san Migell de setenbre, duzentos [± 50] branqua a tres dineiros e dez dineiros por cada morauedil, ou outra moneda que os [± 50] fumeiro e curral e saydo con suas dereituras, conmo dito he, por mays [± 50], dito foro ha engaño da meatade do justo preço, ou de mays [± 55] asi dar e pagar o dito foro en cada huun anno, segundo dito he [± 55] conmo raises, avidos e por auer a dondequer que os oje este dia [± 55] moramos, que asi de vos conpramos [12] que este [± 60] mina moller. e tanben posades auer [± 20] este [± 65] conmo por la dita casa e fumeiro e saydo que asi de vos aforamos [± 60] Mendoça e mia moller e por nos e por nosas uoses, que non [± 60] casa e fumeiro e saydo que asi aforamos de vos o dito liçençiado [± 60] çenso, segundo dito he, per elas e per las rendas e dereituras delas [± 60] dar en iglleia nen en moesteiro nen dona nen caualeiro nen outra persona [± 55] o dito cargo de foro e trabuto sen outro juiso e contenda alguna conmo [± 50] ou a nosas uoses para o auerdes e cobrardes tanto por tanto conmo [± 50] o dito foro a outra persona alguna, que sejades obligados de o fazer saber a min [± 50] por tanto se o quesermos, e de aqui endeante eu o dito Juan de Mendoça [± 50] e en elo e en parte delo toda uosa uoontade para senpre pagando uos [± 45]. [+]
1433 MNP 28/ 43 A qual dita casa se parte por costãa de parede con outra casa de Rui Martiis Touriño da hũa parte, et da outra parte se parte por parede con o eixido et casa que de min comprou Fernan Cerviño et vay entestar por outon de parede aa orta de Ynes Alvares, moller de Pero Ares d ' Aldãa et sal con portas et fiestras aa dita Rua do Frumigueiro, et a qual a min perteesçe por parte et herança de meus padre et madre et avoos at por partiçon que fise con Afonso Gago Agulla, meu yrmão, que pasou por ante este notario ajuso escripto, et por outra qualquer rason que me perteesca; et vendo, como dito he, a dita casa con seu tarreo en que esta, eixido et arvores, con sua pedra, tella, ferro, madeira et de ancho et de longo et de baixo et de alto et con todas suas entradas et seydas, pousos, jures et agoas vertentes, perteenças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, conven a saber, por contia de mill maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros. [+]
1433 MNP 53/ 74 Sabean todos que eu Tareija Peres, moller que foi de Juan de Santa Fe, toneleiro, cuja alma Deus aja, et morador que soo ẽno couto de Tanoiro, que soo presente et que o faço por min et en nome de Estevõo, meu neto et do dito meu marido que foi, que presente esta et outorga et por lo qual me obligo, por quanto el he menor de viinte et cinco anos, que el aja por firme et estavell esto aqui adeante contiudo, et que non venan contra elo en ninhũu tenpo que seja et por mĩas vozes et suas, non costrenguda por força nen por engano resçebida, mas de mĩa livre et propia voontade, et par pagr çertas devedas que eu et o dito meu marido deviamos de que ao dito meu neto ben de pagar a sua metade, vendo et firmemente outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Afonso Domingues, clerigo capelan do moesteiro de San Pero de Tanoiro que sodes presente, et a todas vosas voçes, a nosa casa, disimo a Deus que esta ẽna Rua da Tonearia da friguesia de San Bartolameu da dita villa, et a qual se ten de longo por parede da hũa parte con outra casa do dito moesteiro de Tanoiro et da outra parte se ten eso mesmo de longo por parede con a rua publica que vay para a Rua da Pedreira da dita villa, et sal con portas aa dita rua da Tonearia, et a qual a min et ao dito meu neto perteesçe por conpra que eu et o dito meu marido, seu avoo dela fesemos a Pero Fernandes, toneleiro, et por outra qualquer rason que nos perteesca, et vendo, como dito he, a dita casa con seu tarreo en que esta et con sua pedra, tella, ferro, madeira et de ancho et de longo et de baixo et dalto et con todas suas entradas et seydas et pousos, jures et agoas bertentes et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven, por contia de seisçentos maravedis de moeda bella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos seisçentos maravedis da dita moeda, eu de vos resçebi en presença deste notario et ts. et de que me outorgo por entrega et paga, et renunçio etc. et se o diser etc. et se mas val etc. et todo jur etc. anparar etc. pena o doblo etc. [+]
1433 MNP 56/ 79 Sabean todos que eu, Elvyra Peres, moller que foy de Alvaro Cruu, jurado que foy da villa de Pontevedra, cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas vozes, aforo et dou en aforamento, desde oje este dia endeante para todo senpre, a vos Gonçalvo de Camões, mercador, visiño da dita villa que sodes presente, et a vosa moller Ynes Gomes et a todas vosas vozes et suas, toda a mina meatade da casa, disimo a Deus, con sua orta et eixido que esta ẽna Rua da Correaria da dita villa ẽna fiigresia de San Bertolameu, a qual meatade de casas se ten por cume da hũa parte con outra meatade das ditas casas que vos conprastes aos herdeiros de Juan Esteves, notario, que Deus perdone, et da outra parte se teen de longo por parde con outra casa que vos, o dito Gonçalvo de Camoes, conprastes a Gonçalvo de Ruival, pedreiro, que foy de Domingo Eanes, sangrador, et bay topar a dita orta et eixido das ditas casas aas casas et adegas do moesteiro de San Domingo da dita villa et vẽe seyr as ditas casas con portas et fiestras aa dita Rua da Correaria, et a qual dita meatade de casas a min perteesçe por herança de Pero Feote et de Maria Alvela, sua moller, meus padre et madre, a que Deus de Santo paraiso, et aforovos por senpre, como dito he, a dita meatade de casas con seu tarreo en que estan et con sua pedra, tella, ferro, madeira et de ancho et de longo et de baixo et de alto et con seus pousos et jures, agoas vertentes et con sua orta et eixido et arvores dela et con todas suas entradas et saidas et perteensças et dereituras que Ile perteesçen et perteesçer deve de dereito para que reparedes a dita meatade de casas de pedra, tella, ferro, madeira, et a requirades de todos los outros adubeiros que ouver mester, en maneira que no caya nen desfalesca por mingoa de restauramento et adubeiro, et devedes, vos et a dita bosa moller et bosas voses, de dar a min et a mĩas vozes en cada un ano, por senpre, por renda, çenso, conosçemento da dita meatade de casas con sua orta, en salvo sen desconto algũu, oytenta maravedis de moeda vella, contando a branca en tres dineiros, os quaes me asi devedes pagar por cada dia de San Migell do mes de setenbre, et outrosi devedes de dar et pagar a Ynes Alvares, moller de Pero Ares de Aldãa, o trebuto et foro que ha ẽna dita meatade de casas, et avendo vos et a dita vosa moller ou vosas vozes, de vender ou sopenorar ou enallear ou trasmudar este dito foro et o feitio que feserdes ẽnas ditas casas, que o façades a min ou a mias vozes tanto por tanto, segundo que vos outro por elo de, querendo nos, et non o querendo que enton o façades a persona semitavell de vos, et eso mesmo avendo eu ou mĩas vozes de vender ou sopenoar ou enallear ou trasmudar a propiedade das ditas casas et trebuto et foro que me asi delas avedes de dar que o façamos a vos tanto por tanto segundo que nosoutro por elo de querendo vos, et por esto que dito he eu nen mĩas vozes non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento por mas nen por menos, nen por al tanto que nos outro por elo de, nen por oytra rason algũa, sobe lo qual eu por min et por mĩas vozes renunçio as leis do dereito do dolo, engano, medo, força,endusimento, et aas leis dos enperadores Veliano et Justiniano que fala en favor das molleres, et a todas las outras leis et dereitos canonicos et cevis que en contra desto sejan, et de que me eu ou mĩas vozes pudieramos para contra esto que dito ha viir que quero et outorgo que nos non valla, nen sejamos sobre elo nen sobre parte delo oydos em juiso nen fora del, nos nen outro algũu en noso nome, ante prometo et outorgo de vos defender et anparar con este dito aforamento de todo enbargo por senpre, por min et por todos meus bẽes que vos a elo obligo et so pena de quatro mill maravedis de boa moeda que outorgo que vos peyteamos por pena, eu ou mĩas vozes se o asi non tovermos, conpriremos et contra el vieremos. [+]
1433 MNP 65/ 91 Sabean todos que eu Ynes Alvares moller de Pero Ares d ' Aldãa, basalo del rey et jurado da villa de Pontevedra, que soo preente et que faço por min et por todas mĩas vozes con poder et liçençia et outorgamento do dito meu marido, que presente esta et outorga et me da poder et liçençia et outorgamento para faser et outorgar esto aqui endeante contiudo, aforo et dou en aforamento deste dia de San Migell que seera en este dito mes de setenbre deste dito ano para todo senpre a vos Domingo Paris, mareante besiño da dita villa de Pontebedra que sodes presente, et a bosa moller Taraja Paris et a todas vosas vozes et suas a mĩa casa, disimo a Deus, que esta ena Rua que dizen de Juan Negreiro que he ẽna Moureira, arrabalde da dita villa, da fiigresia casa se ten de longo da hũa parte por parede con outra casa en que agora mora Garcia mareante, besiño da dita villa, et eso mesmo se ten por parede con outra casa de Pero Cruu, o vello, jurado da dita villa, et sal a dita casa con portas aa dita Rua de Juan Negreiro et eso mesmo a Rua do Eirado que esta da outra parte, que se entende que ha saida de rua a rua, et a qual a min perteesçe por herança de meus padre et madre et avoos et por outra qualquer rason que me pertesca, et aforovos a dita casa con seu tarreo, pedra, tella, ferro et madeira et con seus pousos, jures et agoas vertentes et con seu alto et baixo et de ancho et de longo et con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, por tal via et condiçon, que reparedes a dita casa de pedra, tella, ferro et madeira et de todos los outros lavores et adubeiro que ela ouver mester en maneira que non desfalesca por mingoa de restauramento, et devedes vos et a dita bosa moller et vosas vozes de dar a min et a mĩas vozes por foro, trebuto et çenso da dita casa en cada un ano sen desconto algũu sasenta maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros et mas hũa pescada fresca, os quaes maravedis et pescada devedes pagar por los terços de cada un ano, de que logo me destes et eu de vos resçeby mill et tresçentos et viinte maravedis da dita moeda, que he o trebuto et foro dos primeiros viinte et dous anos venideiros et dos ques ditos mill et tresçentos et viinte maravedis da dita moeda me eu outorgo por entrega et paga a mĩa voontade por quanto pasaron et son ja en meu jur et poder ben et conpridamente, et renunçio as leis que dis de non numerata pecunia et do Beliano que falan en favor das molleres et a toda outra exeiçon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et se o diser que me non balla, et por esto que dito he, eu nen mĩas bozes non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento por mas nen por menos, nen por al tanto que nos outro por elo de, nen por disermos et alegaremos que ouvo et ha en elo engano mas da metade do justo preço nen por outra rason algũa. [+]
1433 MNP 68/ 97 Sabean todos que eu Pero Eanes, fillo de Juan da Lagea, morador ẽna dita villa de Pontevedra et da sua moller que foi, Maior Leal, cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas vozes, non costrengudo por força nen por engano resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Juan Fremoso, toneleiro et a vosa moller Costança Afonso, moradores ẽna dita villa, que sodes presentes et a todas vosas vozes et suas, as mĩas casas, disimo a Deus, sotão et sobrado que estan ẽna Rúa de don Gonçalvo da dita villa, fiigresia de San Bartolameu, as quaes casas se ten de longo por parede, da hũa parte, con casas de Gonçalvo da Ruival, mareante et da outra parte, se ten, eso mesmo de longo, por parede con casas que foron de Vasco do Souto, que agora son de Juan de Padron, marineiro, et vay topar o outon das ditas casas en outras casas de Lourenço Eanes, notario da dita villa, et saen con portas et fiestras, aa dita Rua de Don Gonçalvo, et as quaes a min perteesçen por herança da dita mĩa madre et por outra qualquer rason que me perteesçera, et vendo, como dito he, as ditas casas con sua pedra, tella, ferro, madeira, et de ancho et de longo et de baixo et de alto et con seus pousos, jures et aogas vertentes et entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, conven a saber: por contia de mill maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos mill maravedis da dita moeda, eu de vos resçeby en prata et dineiros, en presença deste notario et ts. et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade ben et conpridamente et sen mingoa algũa et renunçio a toda eixençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et se o diser que me non valla. [+]
1433 MNP 69/ 99 Sabean todos que nos o doutor frey Pedro de Salnes, prior do moesteiro de San Domingo da villa de Pontevedra, et frey Gonçalvo de Castro et frey Juan de Santa Fe et frey Gonçalvo Ferreiro et frey Roy de Utreira et frey Pedro de Montes, doutores et frey Juan de Ribadavia et frey Estevõo de Montes et frey Gonçalvo de Tui et frey Afonso Mansiño et frey Vaasco Afonso et frey Vaasco Caldelas et frey Juan de Morraço, fraires conventuaes do dito moesteiro de Santo Domingo, que a esto aqui adeante contiudo somos presentes, dentro no capitelo do dito moesteiro por tanjemento de canpaan, segundo que avemos de uso et de custume et que fesemos por nos et en nome do dito noso moesteiro et do convento del, et de nosos subçesores, aforamos et damos en aforo a vos, Gonçalvo de Camões, mercador, besiño da dita villa, que sodes presente, et a vosa moller Ynes Gomes, a nosa casa adega et do dito noso moesteiro de çima, que esta ẽna Rua Çega da dita villa et a qual adega ten hũa porta çarrada que sal ẽno eixido das vosas casas en que vos agora morades et a qual dita nosa casa adega se ten por parede, da hũa parte con os formaes que agora son do moesteiro de Leres et de Rui Vasques, escudeiro, et de sua moller Maria Lopes et con outra casa de Ynes de Ribadavia, et da outra parte se ten por parede con outra nosa casa adega, a qual parede que asi esta ontre las ditas adegas asi a nosa que a nos queda como esta que vos asi aforamos, vos o dito Gonçalvo de Camões et a dita vosa moller devedes de levantar et çarrar de parede ou tavoado por vosa custa et a nosa benvista, et aforamosvos a dita nosa adega con sua pedra, tella, ferro et medeira et pousos, jures et agoas vertentes et entradas et seydas et perteeenças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito por tenpo da vida de vos o dito Gonçalvo de Camões et a dita bosa moller et mais non, con condiçon que vos que reparedes a dita adega de pedra, tella, ferro, madeira et a requireades de todo outro lavor et adubeiro que ouver mester, en maneira que se non perga por mingoa de lavor et reparamento, et que dedes a nos et ao convento do dito moesteiro et a nosos subçesores por renda, çenso, conosçemento da dita nosa adega vos et a dita bosa moller, por cada dia de San Migell do mes de setenbre, çinquoenta maravedis de moeda vella contando a branqua en tres dineiros et asi en cada un ano por lo dito tenpo das ditas bosas vidas de anbos, de que logo nos destes et nos de vos resçebemos quatroçentes maravedis da dita moeda que montan o foro dos primeiros oyto anos, dos quaes nos outorgamos por entregos et pagos a toda nosa voontade, et demais con esto que viindonos caso furtuyto por que leixemos o moesteiro et vaamos morar aa dita vila que nos leixedes et desenbargedes a dita adega o tenpo que asi estovermos na dita villa et non ẽno dito moesteiro, et o tenpo que a asi tovermos que non pagedes dela o dito foro et demas que en quanto nos et o convento do dito moesteiro venderemos viño ẽna outra nosa adega, que vos que non abrades porta ẽna dita adega que vos asi aforamos para por ela venderdes viño nen en ela cavalariça de bestas, et demais avendo vos et a dita bosa moller de vender ou sopẽnorar este dito foro, et eso mesmo avendo nos et convento do dito moesteiro de vender este dito trebuto que nos asi avedes de dar, que o façamos hũus aos outros tanto por tanto, segundo que nos outro por elo der, et sermos frontados sobre elo et seerdes anparados et defesos con este dito aforamento ẽno dito tenpo por los bees do dito noso moesteiro et convento del, que vos a elo obligamos. [+]
1433 MNP 91/ 126 Sabean todos que eu, Juan Fernandes Agulla, vesiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas bozes, non costrengudo por força nen por engano resçebido, mas de mia libre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos, Afonso Gago, meu yrmãao, juis da dita villa, que sodes presente, et a vosa moller Costança Lopes et a todas vosas vozes et suas, todo o meu terratorio desimo a Deus que foi casa, que esta ẽna Rua de Orraqua Cosoiro da fiigresia de San Bartolameu da dita villa, o qual se ten por parede da hũa parte con hũa casa en que agora mora Gonçalvo Françes, et da outra parte se ten por parede con o terratorio et eixido de Pero Gonçales, prateiro, besiño da dita villa, que vay entestar o outon do dito pardineiro con casas do moesteiro de San Salvador de Leres, et sal con portas et fiestras aa dita Rua de Orraqua Cosoiro; et vendo, como dito he, o dito terratorio con seu alto et baxo et de ancho et de longo, et con sua pedra et madeira, pousos et jures et agoas vertentes et con todas suas entradas et seydas, perteenças et dereituras que lle pertesçen et perteesçer deven de dereito, por contia de siesçentos mrs. de moeda vella, contando a branca en tres dineiros, os quaes ditos seisçentos mrs. da dita moeda eu de vos resçebi en presença deste notario et testemoyas, et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade, et renunçio a toda eixençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del et, seo diser, que me non valla et, se mas bal esto que dito he que vos vendo, douvoslo et outorgo en pura et justa et saa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer de dereito ontre vivos. [+]
1433 MNP 126/ 167 Sabean todos que eu, Pero Martis de Caritel, toneleiro, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mas de mĩa libre et propia voontade, dou et outorgo en pura, justa et saa doon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve soer et de derito mas baler ontre vivos, a vos Juan de Deus, toneleiro, besiño da dita villa, que sodes presente, et a vosa moller Maria de Cordeiro, et a todas vosas vozes et suas, toda aquela mĩa casa que esta ẽna Rua da Fontayna, fiigresia de San Bartolameu da dita villa, a qual vay de longo por tavoado con outra casa de vos o dito Juan de Deus, et eso mesmo vay de longo por tavoado con outra casa de Juan Rodrigues, toneleiro, morador na dita villa, et de Maria de Portas, moller que foy de Juan de Portas, que Deus perdon, et vay entestar en outra casa de Duan Fernandes, toneleiro, vesiño da dita villa, et sal con portaes et portas aa dita rua de Fontayna, et a qual a mĩ perteesçe por herança de Juan Rillon, pedreiro, meu tio, que Deus perdon; et esta doaçon vos faço asi de toda a dita casa et de toda sua pedra, tella, ferro, madeira, et con seu terreo en que esta, et entradas et seydas et pousos, jures et agoas vertentes et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito, por muita ajuda et obra boa que de vos resçebi et entendo resçeber, et por lo devydo et parentesco que convosco ey, et por que me pras et he mĩa voontade; et de mas que vos et a dita vosa moller et bosas vozes que dedes et pagedes para o lume do moesteiro de San Françisco da dita villa oyto mrs. da moeda vella, contano a branqua en tres dineiros, cada un ano para todo senpre, que o dito lume ha en salvo de penson ẽna dita casa, en maneira que a mĩ et a meus bees quitedes delo a pas et a salvo por senpre; et prometo et outorgo de vos non revocar esta dita doaçon que vos asi faço en vida nen en morte, nen procure que se revoque, ante prometo et outorgo de vos anparar et defender con ela de todo enbargo, salvo do dito cargo dos oyto mrs. aa boa fe de Deus et sen mao engano, por mi et por todos meus bẽes que vos a elo obligo, et por juramento que ende faço en este signal de crus en lugar de Santos Evangeus, et so pena de mill mrs. da dita moeda que vos peite por pena eu ou mĩas vozes seo asi non teveremos, conpriremos et contra elo vieremos. [+]
1433 MNP 135/ 178 Sabean todos que eu Juan d ' Eyras, fillo ligítimo e herdeiro de Fernan d ' Eyras, alfayate, morador ẽna villa de Pontevedra et de sua moller Elvira Garçia, que foy, cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas voses, non costrengudo por força nen resçebudo por engãno, mais de mĩa lybre et propia voontade, et por lo amor de Deus, dou et outorgo en pura, justa et saa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas valer ontre bivos, aa confaria de San Giaao da dita villa et vigarios et procuradores et confrades dela, asi aos que aogra son como aos que foren desde aqui endeante da dita confraria, a mĩa metade da casa sotoo et sobradeo dezimo a Deus, que esta ẽna Rua da çapataria da dita villa, da fiigresia de Santa Maria a Grande, a qual casa se parte de longo por parede con outra casa de Juan Peres, notario da dita villa, da hũa parte, et da outra parte se parte por parede de longo con outra casa do moesteiro d ' Aziveiro, que del ten aforada Afonso Peres, notario, et bay entestar pro penal de parede en outra casa que foy de Afonso Fernandes do Ribeiro, et sal con portas et fiestras aa dita rua da çapataria, et a qual dita metade da dita casa a mĩ perteesçe por herença da dita mĩa madre; et esta doaçon dou et faço asi aa dita confraria et vigarios et procuradores et confrades dela da dita metade da dita casa con sua pedra, tella, ferro, madeira et con seu alto et baixo et de ancho et de longo suas entradas, perteensças et seydas, pousos, jures et agoas vertentes que Ile perteesçen et perteesçer deven de dereito, con esta condiçon : que eu tẽna et use a dita meatade de casa, por la dita confraria et confrades dela por tempo de toda mia vida et mas non, et que de et renda et pague aa dita confraria et confrades dela, en cada ũu ano, en salvo sen desconto algũu, por lo dito tempo da dita mia bida, por trebuto et cargo da dita metade de casa, dez mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, et ao meu seymento deste mundo que a dita metade de casa fique livre et quita para todo senpre por jur de herdade aa dita confraria et vigarios et procuradores et confrades dela, sen meu enbargo et de mĩas vozes. [+]
1435 MNP 144/ 188 Et bendo, como dito he, as ditas casas con seu tarreo en que estan et con sua pedra, tella, ferro, madeira, et de ancho et de longo et de baixo et dalto et con seus pousos, jures et aogas vertentes et entradas et seidas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteeesçer deven asi de feito como de dereito, et segundo et por la via que as o dito Domingo Bonome, meu marido que foy, et eu con el tiinamos et usavamos et pesuyamos, coven a saber por contia de oytoçentos mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, et con mais cargo que vos et a dita vosa moller et vosas vozes que avedes de pagar aa retoria da igresia de Santa Maria a Grande da dita villa dose mrs. da dita moeda, cada un ano perpetuamente, que a dita reitoria ha de penson ẽna dita casa en salvo et, eso mesmo, outros dose mrs. da dita moeda ao lume da dita igllesia que outrosi ha perpetuamente en cada un ano en salvo ẽna dita casa, os quaes ditos oytoçentos mrs. da dita moeda eu de vos resçeby en presença deste notario et testemoyas et de que me outorgo por entrega et paga a toda mĩa voontade; et renunçio a toda enxençon que nunca ende diga o contario em juiso nen fora del et, seo diser, que me non valla, et se mas balen as ditas casas que esto que asi me por elas dades, toda esa maiosia que mas balen vos dou et outorgo en pura, justa et sãa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode e deve ser et de dereito mas vala entre bivos et todo jur, sennorio, posison, propiadade, vos, dereito et auçon que eu et o dito meu marido aviamos et a aver deviamos en esto que dito he, que vos bendo de min et del et de todas nosas voses o tiro et tollo et en vos o dito Pero da Rochela et ẽna dita bosa moller e vosas vozes o pono e traspaso et removo por esta presenta carta de benda, que vos ende delo dou et outorgo en lugar de sennorio et posison corporal. [+]
1437 LCP 51/ 84 Pedro Ares d ' Aldãa, Afonso Vasques, tenente lugar de juis por Pedro Falcon, Juan Garçia Rouco, Lourenço Yanes, alcaldes, Pedro Cruu, Garçia Goterres, jurados, Lopo Martiis e Pedro de Plaser, procuradores do dito Conçello, aforaron des dias de San Migell, primeiro que verra deste dito ano para senpre, a Rui da Franqueyra, vesiño da dita villa, a sua casa que foy feita para pesar o pan que esta aa porta de San Domingo da dita villa, con toda sua madeira, terreo e tella pousos jurs e agoas vertentes e con todas suas entradas, seydas, pertẽesças e dereituras que lle perteesçen e perteesçer deven de dereito, por tal pleito e condiçon que faça a dita casa tan longa que chege donde ela agora esta edificada ata o começo mais alto da escaleira do dito muro e que a faça mays ancha do que ela agora esta dous covedos e non mais e que a restoyre e faça per sua custa e de e pague en cada ũu ãno ao dito Conçello por cada dia de San Migell de setenbro maravedis de moneda vella branca en tres dineiros, sen desconto algo. [+]
1437 SMCP 16/ 81 Por ende aforamos e damos en aforo desde este dia de San Miguel do mes de setembro primeiro que ven endeante para todo sempre a vos por Garçia pedreiro vezino da dita villa de Pontevedra que sodes presente e a vosa moller Ynes Domingues e a todas vozes e suas os nove branquos de matar carne que nos aveemos e nos pertenesçen en a carneçaria de Santa Maria a Grande de dita villa con mais a nosa parte de casa que esta junta con a dita carneçaria en que poem a carne morta, os quaes branquos todos ou a mayor parte dellas agora jasen derroydos em terra, e aforamos vos por sempre como dito he os ditos nove brancos e toda a dita nosa parte de dita casa con mais toda a outra nosa parte e dereitos e dereitas que avemos et nos perteesçen en a dita carneçaria e casa sobredita con toda sua pedra vella, ferro, madeira et ancho et de longo et de baixo et de alto et con todas suas entradas et seydas et pousos jures et agoas uteis et perteenças et dereitos que lles perteesçen e perteeçer deven asi de feito como de dereito em tal vya e maneira que vos ergades et procuredes e adubedes e reparedes os ditos branquos da dita carneçaria et eso mesmo o tellado da dita carneçaria et a dita nosa parte da dita casa da dita carneçaria de pedra, tella, ferro, madeira et de todos los autos labores que lle fezeren mester en maneira que non desfalescan nen se pergan por mingoa de percotamento et adubeiro salvo caendo de todo ou se derruyndo ou ardendo o que Deus non quira que non sejades tuidos para os adubrar et devedes de dar vos et a dita vosa moller et vosas vozes a nos et a nosos suçesores por foro çenso et conosçemento dos ditos brancos e carniçaria e casa dela e dereitas delo en cada huun anno enteiramente em salvo sen desconto alguun çento et trynta e çinco mrs. de moeda vella contando abranqua em tres dineiros os quaes ditos cento e trynta et çinco mrs. da dita moneda debedes de pagar a nos et a nosos suçesores por cada dia de San Miguel do mes de setembro et asi en cada huun ano por sempre como dito he. [+]
1464 MSPT 37/ 278 Alonso Pateiro, Alonso Amaado, Pedro do Pouso, et outros. [+]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL