1291 |
GHCD 63/ 275 |
Et mando a maria ramallosa II. moyos de pan ao nouo et o meu curame que trago et mando a johan miguelez II. moyos de vino pellas viñas de casar darcas et mando a preanes rreinchez II. moyos de pam ao nouo et mando aos fillos de pedro andrey o foro de Sequeyros et que o demanden por seu dereyto et o ayan et mando a o moesteyro de san cloyo çem mrs. et a o de san payo cen mrs. et ao de torueo cen mrs. et mando que dian a iglesia de santa tegra seis moyos de pam ao nouo por aquelo que ende tomey et mando que o abade de san payo que se conte con pereaanes et se achar que aqueles casares queu teno a pynor do moesteyro son quitos de XXV. moyos de pan que ayo dauer sobre elles que fiquen liures et quitos ao moesteyro. et quitolles os dineiros que ayo sobre elles et seu non soo entrega daqueles XXV. moyos de pan que tena pereanes estes casares ata que del pan seya entrego. et mando que o empraçamento que gomez aras fez con o moesteyro de san cloyo que non ualla. ca. non foy per meu mandado. nen per meu grado. et quito a dona aldora aquelo que me ella et seu marido j.o lourenço deuian et mando le dar a esta dona aldora vna. saya. et hun çurame de vna uallancina et mando trezentos mrs. da moeda da gerra pera cantar anaes. por mya alma. et mando que os den a Sobrado et mando y un moyo de trigo et outro de viño ao nouo por oferta. et mando para terço dous toucinos et dous moyos de pan et dous canados de vino pera logo. et mando a tereya martis et a mayor rrodriguez e a orraca uaasques et a marya gomez touqas negras de Sobrado as myas contas boas et mando que as myas sortellas et as myas toucas que as uendan pera pagar os anaes saluo. vna touca que me metan. et mando a orraca a mya saya. et a seeça o meu pellote et mando a m.n fernandez et a maria dominguez os talleiros das uynas et que façan delles terça a pereanes meu marydo et mando que aquel casar en que mora. mentre elles quesesen laurar et fazer o delle o foro que lo non tollan por outro. et mando a mayor que anda conmigo vna pelle. et mando a uina. que chaman de leira torta que compramos eu et gomez aras aos preegadores de Ribadaua por mya alma et de gomez aras et elles demandena et sea non poderen uencer dian ende a carta a pereanes et demandea. et quanto ende uencer diao a estes preegadores sobreditos. et mando a frey sauaschao XV. mrs. et XX. aos frades doureuse. et a ponte dourense X. mrs. et quitome a fillos de pero miguez et de marina gonçaluez do que tiina. en uillar et mando. o lyno que ey aas donas de Sobrado. et mando vna cuba de vino que eu teno en quiroga. estremada que dian por alma de gomez aras como uiren que mellor seera. et mando a iglesia de san pedro da torre. a compra que y fizemos eu et gomez aras. u chaman a ponte de dona loba quel fique por mya alma et de gomez aras. |
[+] |
1292 |
VFD 33/ 48 |
Mando aos frades preegadores de Ribadauia XX soldos. |
[+] |
1305 |
MB 4/ 395 |
Conosçuda cousa seia commo eu domna Thareya Gonçalez, filla que fuy de dom Gonçalvo de Saç et de domna Orraca Fernandez, non costrenguda por força nen deçebuda por enganno, mays de bon grado et de boa et livre voontade, faço carta de doaçon valedeyra por senpre iamays por Deus et por mina alma et dos meus devedores assi que dou et dono a vos Frayres Preegadores de Galliza para aiuda para fazer un moesteyro de donnas de vossa ordii enna villa ou enno arçebispado de Santiago ou eno lugar en Galliza hu se acordare frey Gonçalvo de Saç doutor de Santiago et frey Iohan Miguelez, doutor da Crunna, con alguus homes boos dessa ordiin, quanta herdade et voz ey et aaver devyo en Pinneyros et en Paradela et en toda a fiigregia de San Mamede de Carnota a montes et a fontes, tan ben leygaria commo igregaria, con todos seus lavrados et pasoos et chantados et dereyturas et benfeytorias que a min perteesçen ou perteesçer deven assi de conpra como de gaança commo de avorengo commo de qualquer et por qualquer outra razon que a min perteesca et perteescer devya. |
[+] |
1320 |
GHCD 79/ 358 |
Sabean quantos esta carta viren que esta he a uiinça et amigauil composiçon ontre o muyto onrrado Padre et sennor dom frey Beringuel da orden dos Preegadores polla graça de deus Arçibispo de Santiago Cappellan mayor del Rey chanceller et Notario mayor do Reyno de Leom. |
[+] |
1326 |
FMST [3]/ 398 |
Sabeam todos, que por quanto a nos dom frey Beringel da Ordem dos Preegadores por la gracia de Deus arcibispo de Santiago, Capellan mayor del Rey et Chanceller e notario mayor do Reyno de Leon, por grandes querelas e por gran chamor pervereo que se fazian ennas friigyesías do noso arcibispado, grandes deguysados, iniurias et exeessoes per aquelles que tirauan et leuauan as penas das friigesias, que non tomaban os lobos ou a camada delles leuando mays que deuian et agraueando as gentes en como non deuian; por ende nos querendo y poer Remedio, ordinamos et mandamos que enna friigesía que ouuer XV friigeses ou mays poucos, se non tomaren lobo ou loba ou camada delles, ou non correren cada domaa con elles sen enganno segundo que e de custume des o primeyro sabado de quaresma ata dia de Sam Joham de Juyo, ou non fezeren o ffogio, que pagen X mrs. |
[+] |
1331 |
MB 65/ 478 |
Dom frey Berenguel da orden dos Preegadores pola graça de Deus arçebispo de Santiago et cappellan Maior del Rey, Chanceller et Notario Mayor do Regno de Leon, porque a priora et convento das donas do moesteyro de Santa Maria de Belvis que he cabo a nossa çidade de Santiago que son da orde dos Freyres Pregadores nos envyaron pedir por merçed que tevessemos por ben das (teer) en nossa guarda et en nossa comenda et de lles façer merçed en çertas cousas que nos envyaron pedir, nos teemos por ben de lles fazer been et merçed et por rogaren a Deus por nos et por nossas cousas reçebemoslas en guarda et en nossa comanda ellas et seu moesteyro et os seus homes et todas las suas cousas et os seus herdamentos proprios por hu queer que os aian et mandamos et deffendemos que ningun non seia ousado en noso arçobispado de lles quebrantar o seu moesteyro nen de lles fazer força nen torto nen outro mal nenhun a ellas nen aos seus homes que as serviren et lles ossen procuraren nen de lles tomaren ninhua das suas cousas por força et contra sua voontade delas. |
[+] |
1336 |
MB 66ba/ 483 |
Bonifacio VIII et Papa de Roma et servo dos servos de Nosso Sennor aas moyto amadas fillas en Ihesu Christo prioras et donas inclusas da ordee de Sant Agustino que byven segundo os statutos et so a cura da ordee dos Frayres Preegadores et a cada hua delas, saude et beeyço. |
[+] |
1337 |
MB 15/ 411 |
Conosuda cousa seia commo (eu Fernan) Afonso morador ( ) frigresia de Sam Migell (de Valladares) fillo que fuy d ' Afonso Eanes de Girdal que faço por min et por toda mina voz vendo para senpre et firmemente outorgo a vos frey Pedro de Caldas frayre (da ordin) dos Preegadores et prior et procurador de domna Iohana Estevees priora do convento das donas do moesteiro de Santa Maria de Belvis et do convento de ese moesteiro que he açerca da çidade de Santiago que conprades en nome et en voz da dita priora et convento do dito moesteiro, conven a saber que vos vendo a terça parte de quantas herdades et chantados, casas, casares eu ey et me perteesçen por parte do dito meu padre et por parte de mina madre et por conpras et por gaanças et por outra raçon qualquer et toda a dita villa de Giirdal et en seus termos con todas suas dreyturas por u quer que for a montes et fontes vos da dita villa en toda a dita frigresia de Sam Migel de Valladares, os quaes termos da dita villa son duna parte dello rego de Puoreyra ata a dita villa de Girdal et do outro cabo della dita villa de Girdal ata o couto d ' Asenço et da outra parte della dita villa do Girdal ata o adro do Alvarino vendo a vos por oytenta libras pequenas desta moneda do rey don Afonso as quaes ditas de vos reçebi en presença deste notario et testemoyas, et renunço a toda eyçepçon que nunca ende posa dezer o contrario. |
[+] |
1340 |
MB 66b/ 480 |
Sabede que a priora et convento do moesteiro de Santa Maria de Belvis da ordem dos Preegadores nos mostraron o tenor de huun privilegio de nosso sennor o Papa que agora he por huun estromento de forma publica do qual a forma he esta que se adeante segue. |
[+] |
1345 |
MB 22/ 418 |
Conosçuda cousa seia a todos que eu frey (Pedro de Caldas, frayre) da orden dos Preegadores et prior et procurador de domna Iohana Esteveez priora do moesteiro de Santa Maria (de Belvis et do convento) dese moesteiro que he açerca da çidade de Santiago, en nome da dita priora et do dito convento do dito moesteiro (do) et outorgo a vos Paay Marino, cavaleiro, a teer en aprestamo toda vosa vida a midade das dreyturas de San Migell de Valladares en salvo tan solamente as dreyturas dos homes et serviçaes que a dita (priora et convento do dito moesteiro) nos vos dou ( ) foreiros de ( ) que o dito moesteiro ha et lle perteesçen eno dito couto ( ) sobreditos del que son tiudos a pagarllos as quaes dereyturas que vos dou a teer en nome do dito moesteiro ( ) en tantas vozes fiadoras, gaansas et ( ) segundo que os ha de sua () por sy et por seus homes a sua vida et ata tenpo de sua morte, a quall midade de todallas dereyturas sobreditas do dito couto perteesçe et son do dito moesteiro por razon de manda que les fez et mandou dar domna Eldonça (Gomez ...) outra midade das rendas dese couto, as quaes dreyturas dou a vos como dito he por tal condiçon que vos Paay Marino anparedes et defendades os homes et serviçaes que o dito moesteiro ha et ten et tever enno dito couto de todo serviço de vos et de vosos homes de cada huun dellos et doutro qualquer que os queyra força ou lles fazer alguna desaguisado ou pasou a ellos ou a seus benes contra fiador para dreyto. |
[+] |
1346 |
MB 25/ 422 |
Eu frey Pedro de Caldas frayre da orden dos Preegadores et prior et procurador que so das ditas donas do moesteyro de Belvis que he açerqua da çidade de Santiago que faço en nome et en presença de domna Iohana Esteves priora do dito moesteiro de Belvis et do convento dese moesteiro alugo a vos Afonso Peres clerigo de San Migell de Valadares et a vosa voz dous casares d ' erdade que son do dito moesteiro dos quaes he huun midade duna quinta de toda villa de Miastontam que he ena frigresia de Santo Stevoo de Matoseyro, o outro casal he a midade do herdamento de Garçia Marreu que he ena frigresia de Sam Migell de Valadares con quanta herdade, chantado, casas, casares perteeçen a esos casares et a cada huun dellos ennas ditas frigresias con todas suas dereyturas asi eclesiasticas como leigarias. |
[+] |
1346 |
MB 68b/ 483 |
Dom Pedro por la graça de Deus et da Santa Iglesia de Roma arçibispo de Santiago, Capelan Mayor del Rei, Chançeler, Notario Mayor do Regno de Leon, Conservador et Juys dado por noso sennor o Papa aos frayres da ordee dos Preegadores et aas frayras inclusas da ordee de Sant Agustin que byven segundo os statutos et so a cura da ordee dos Frayres Preegadores enos regnos de Espanna, a todos llos abbades, priores, clerigos, rectores et capelaes de todo o nosso arçibispado et a todolos outros a que esta nosa carta for mostrada, saude en Ihesu Christo que he de todos berdadeyra saude, et aos nossos mandados et mays verdadeiramente aos de nosso sennor o Papa firmemente et humildisamente obedeçer. |
[+] |
1346 |
MB 68b/ 483 |
Sabede que bymos de dom Bonifacio Papa VIIIo privilegio en que se conten que quita as frayras inclusas da ordeen de Sant Agusti que byven segundo os estatutos et so a cura da ordeen dos Frayres Preegadores todos los dezemos, primiças das suas herdades, do qual privilegio o thenor a tal he. |
[+] |
1347 |
MB 28/ 424 |
Saiban todos quantos esta carta viren como eu Mayor Eans filla de Iohan Vidal da Porta que fuy morador enna vila de Betanços, non confonguda por força nen deçebuda por enganno mays de meu coraço et mina livre et pura voontade, entendendo que en serviço de Deus por profeito grande da mina alma et renimento dos meus pecados, querendo aver parte nos benes que se feseron et fasen et faran enno moesteiro de Santa Maria de Belvys da orden dos Preegadores, dou et outorgo en ben et paz doaço asy como doaçon boa e valedeyra mellor pode seer et de Deus mays valer para senpre ao dito moesteiro de Santa Maria de Belvys da çidade de Santiago para domna Iohanna Esteves priora do convento do dito moesteiro aquela mina casa que eu ey et me perteesce daver enna dita vila de Betanços, qual esta enna rua que chaman das Praças Novas, fyligresia de Santiago da dita vila, enna que agora mora Dominga Debra, commo de parte por çima das outras minas casas et bodega en que ora eu moro, et da parte do outro cabo da casa et praça de Dominga Martines moller de Nunno Peres et do outro cabo fere en dreito do portal da mina bodega grande contra a casa das frayras de Santa Ciara, et fere en fronte en dreito a praça que fuy de Martin Martines o freyre, et da casa que foy de Nunno Eans de Viveiro, enna que ora mora Pedro Martines de Santa Crus. |
[+] |
1362 |
FDUSC 241/ 247 |
Sabean todos que eu frey Iohan Peres de Mileyrôôs, frayre do moesteiro de santa Maria de Bonaual, da ordêê dos preegadores, de liçençia et poder que para esto ey de frey Pero Garçia, prior do dito moesteiro, per procuraçon feita per este notario, por min et todos meus suçesores, vendo et firmemente et outorgo para senpre a uos Aras Gonçalues Xarpa, çidadao de Santiago, et a uosa moller Meçia Loppes et a toda uossa uoz et sua, o meu cassal do Eio, con toda quanta erdade, casas, chantados, perteenças et dereyturas eu ey et me pertêêçen enno dito lugar do Eio, que he na frigesia de san Symon d ' Oês, et o qual casal et herdades a min perteesçen por parte de meus padre et madre Iohan Peres de Mileyrôôs, scudeyro, et sua moller Tareiga Peres, que foron, et por herança de meus yrmâôs Pero Goterres et Garçia Goterres, que foron. |
[+] |
1363 |
CDMO 1781/ 302 |
Sabeam quantos esta carta virem commo nos dom frey Pedro Lopez da Ordem dos Preegadores por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma obispo de Lugo con outorgamento de dom Ruy Fernandes dayan que esta presente et de dom Ruy Gonçalves mestrescolla procurador do cabidoo da nosa iglesia por huna procuraçon feita por Gonçalvo Peres notario publico de Lugo da huna parte, et nos dom Domingo abbade do moesteiro d ' Osseyra con frey Simon prior procurador do convento do dito moesteiro por huna procuraçon feita por Gonçalvo Yanes, notario de Chao de Castella et de Bubal et de Bollo, da outra, façemos entre nos por nos et por nossos subçesores tal concanbeo que seia valedeiro por senpre. |
[+] |
1363 |
DAG L44/ 54 |
Sabeam quantoσ eſta carta viren, com̃o noσ, dom ffrey Pedro Lopeσ, da orden dos preegadores, por la graça de Deoσ τ da Santa igleſia de Roma obiſpo de Lugo, con outorgamento de dom Ruy Fernandeσ, dayan que eſta preſente, τ de dom Rruy Gonçalues, maeſtreſcolla, procurador do cabidoõ da noſa igleſia, per hũã procuraçon ſanta per Gonçaluo Peres, notario publico de Lugo da hũã parte, et noσ, dom Domjngo, abbade do mõẽſteiro d ' Oſeyra con frey Simon, prior, procurador do conuento do dito mõẽſteiro, per hũã procuraçon ſanta per Gonçaluo Yanes, notario do chãõ de Caſtella τ de Bubal τ do bollo da outra, ffaçemoσ entre noσ, por noσ τ por noſſos ſubſçeſoreσ tal concanbeo que ſeia ualedeiro por ſenpre, conuen a ſſaber, que noσ, o dito ſeñor obiſpo τ dayan maeſtreſcolla, procurador ſobredito, damoσ τ outorgamoſ a uoσ, o dito abbade τ prior, que aiadeσ pera senpre por jur de herdade pera uoσ τ pera o dito uoſo mõẽſteiro τ pera uoſoσ ſubſçeſores, a noſa herdade de Uillar d ' Eyrẽẽ, que he ſub ſigño de San Jullão d ' Eyrẽẽ, et a noſa herdade de Noseda, que he ſub ſigño de Santa Marina d ' Esmeris, τ a herdade que noσ auemoσ eña fijgregia de Santiago de Pradeenda, as quaes herdades uoσ damoσ con todas ſuas caſas τ dereituras τ perteñeças, a monte τ a fonte, per ut quer que bããn ſub os ditos ſigñoσ, et ſegundo que as ora de noσ tẽẽn aforadas et tragen Monin Fernandeσ, dito Garça τ Pedro Martineσ da Pugeda, a que noσ mandamoσ que uoσ rrecudan con as rrendaσ τ dereituraσ dellaσ ſegundo que a noσ aujan de recudir, daqui endeante. |
[+] |
1363 |
MB 40b/ 438 |
Sabean todos que eu dona Iohana Esteveez priora do moesteiro de Santa Maria de Belvis non decebuda por engaño mays de miña propia e libre voontade, considerando seude da miña alma e de licencia e outorgamento que me para estto da don frey Fernando prior provincial dos Frayres Preegadores en a provincia d ' España que estta presente e por facer ben e esmolla a o ditto moestteiro de Santa Maria de Belvis, dou e outorgo por pura e libre doazon para senpres asi como doazon mais firme e valedeira pode ser e de dereito valla ontre vivos a o dito moestteiro e convento del et aia para senpre todo dereito, voz e auzon e demanda, propiadade e posison que eu hey e me perteesce e perteescer debe na Hirmida de San Giao de Mar que e acerca da villa de Betanzos con todas sus hirdades, casas e chattados, viñas e perteenzas e nas dereituras que la perteescen e perteescer deben e a min por troques dela e con todas suas novidades froytos e rendas e dereituras que me por la dita Hirmida pertteescen et perttescer deben a as tal pleyto e condizon que a priora e supriora e o convento do ditto moestteyro que por llos tempos foren den e paguen a min ou a certo mandado en cada huun año settecenttoos maravedies destta moneda usante que aora corre doitto en esta cada maravedi en cada un año por estos ditos beens, et estos maravedis que mos den e paguen en cada un año en salvo, ben e compridamente a miña voonttade por llos ditos beens que lles dou. |
[+] |
1363 |
MB 40b/ 439 |
Et outrosi que as ditas priora e convento apus miña morte seian tiudas de dar e pagar e paguen en cada un año a Aldara Eans miña criada, frayra do ditto moestteiro, cen maravedis da dita moneda, vivendo ellana orden dos Frayres Preegadores, et estos maravedis que os haya en sua vida et apus sua morte et esttes cen maravedis que se tornen a estte moestteiro de Belvis. |
[+] |
1384 |
GHCD 78/ 350 |
Sabean todos que eu frey Pay Maryno fraire do moesteyro de santa Maria de Bonaval da ordee dos preegadores da cidade de Santiago por auctoridade que para esto teño de frey Nicolas provinçial da dita orde et con liçençia et outorgamento et consentimento outrosi de frey Pedro Garcia prior do convento do dito moesteyro que están presentes et outorgantes juntados en seu cabidoo enos balcoes do dito moesteyro por tanjemento de campaa, segun do que am de costume et como quer que eu non seia professo, et eu doña Sancha moller de vos o dicto frey Paayo veendo en como as fortalezas et casas fortes de Peñafiel et de Vimianço et de Broono et o castellar de myron et o lugar de olueyroa et auilla de finisterra co seu couto de duyo et as casas que nos avemos ena cidade de Santiago que nos compramos et foron de Rodrigo rodriguez coego que foy de Santiago et todos los outros bees raizes casas casares et chantados asy coutos como terras chaas como encomendas que nos os dictos frey paayo et doña Sancha suyamos teer et posoyr et nos perteeçian asy por heranza como por gaanza como por outra qualquier maneira et que Rui soga noso fillo de nos et por nos teuo en tempo de sua vida foron confiscados, obligados et deputados para a camara de noso señor el Rey Por razon de cento et seteenta et cinquo vezes mill moravedis que os contadores et recabdadores de noso señor el Rey alcançaron sobre los dictos bees por acasiom et por deueda que nos et o dicto Ruy soga noso fillo fezemos por quanto tomamos et despendemos et ocupamos tantos dos bees et renda do dicto señor Rey que somauan et montauan os dictos cento et seteenta et cinquo vezes mill moravedis et como o dicto señor Rey por fazer ben et mercee amin o dicto frey paayo me outorgou et dou por sua carta que eu ouuese et cobrase os ditos bees et me mandou apoderar asy eñas fortoleças como en todos los outros bees et terras chaas con entençon que ata çerto termiño le pagase as ditas quantias de moravedis et dou outra sua carta a pedro rruyz sarmento seu endeantado mayor en galliça que vendese todos los ditos bees non pagando en o dito frey paayo os ditos moravedis a o dito termiño para que se por eles pagase o dito senor rrey et odito pedro sarmento en seu nome. et por quanto nos os ditos frey paayo mariño et doña Sancha nen auemos nen podemos auer as ditas contias de moravedis para as pagar segundo que o dito señor rrey manda Porque outrosi entendemos que somos moy teudos et muy obligados por nos et por toda nosa linagee a yglesia de santiago por moytas mercedes que dela reçebemos et por moitas cousas que dela et de seus vasallos et terras tomamos como non deuiamos, por desencarregar a nos et anosas conçiençias non constrenidos por.... nen decebudos por engano de nosa propia et liure voontade libremente et firmemente por nos et por toda nosa voz para sempre vendemos auos o moyto onrrado padre et señor don iohan arçibispo de Santiago chanceller mayor del Rey para uos et para avosa mesa arçibispal et para uosos subcesores conprante con consentimento et ::::: de Pedro diaz et gonçaluo perez coegos de Santiago et procuradores do dayan e cabidoo da iglesia de santiago que estan presentes et outorgantes en nome do cabidoo da dita iglesia por poder speçial que para ello teen do dito cabidoo por hua procuraçon feyta por este notario de que o thenor aadeante se conten todas las ditas nosas casas fortes conuen asaber peñafiel, vimianzo, broono o lugar de myron et a nosa parte de olueyroa et as nosas casas que estan ena cidade de santiago que compramos do dayan et cabido de Santiago as quaes casas foron de Rodrigo rrodriguez coengo que foy de santiago et todos los outros bees et coutos et comendas et herdades et terras chaas et aforamentos et padroadgos de iglesias et de moesteyros et os ditos lugares de finisterra et do couto de duyo que nos auemos et nos perteescia de auer en qualquer maneira et por qualquer titulo que nos pesoyamos et pesoymos e por nos noso fillo Ruy soga peseyo Por contia de çento et seteenta et çinquo vezes mill morabedis desta moneda vsaull que ora corre que fazen de dez dineiros hun morabedi, que deuemos ao dito señor rrey et por çertas contias de moneda et manteença aadeante declarada et specificada que uos auedes de dar en cada hun año en tempo de nossas vidas et de cada hun de nos a cada hum en sua parte as quaes contias et moneda et manteenzas son esto que se sigue conuen asaber que uos o dito señor arçibispo auedes a dar a min o dito frey paayo quinze mill morabedis de dita moeda en cada hum ano por tempo de miña vida et depois de miña morte auedes de pagar por quatro años primeiros seguentes quinze mill morauedis en cada hun dos ditos anos a aquellas personas et ali hu eu ordenar et mandar en meu inuentario et postrimeyra voontade et asignar me ena vosa parte das rrendas do altar de santiago que eu aia os ditos moravedis polos ditos tenpos en paz et en saluo ben pago et ben parados aqui eño dito moesteyro ou en outro lugar do dito arcibispado hu miña voontade for et demays auedesme de leyxar ousse froyto en toda miña vida que a min et a dita miña moller nos perteescia aauer en estes lugares que se siguen conuen asaber de santiago de olueyroa et de s. saluador de colluns et de santiago darquos et de s. mamede de carnota et de san giao de beba, et de santa ougea de mazariquos et de santa marina de maroñas et de san cosmado dantes et de san mamede dar :::: et de santomé dos vaos et de san martiño de olueyra et de santo antonyo de baynas et de santa vaya donbria et de santa maria dospital de logrosa et de santa ougea de esere ::::: de ameneeda et de san johan de lousame et de santa maria de rroo et de santa maria de sarantes o qual uso frooyto he conuen asaber todas rrendas et dereyturas que nos suyamos auer nos ditos lugares et fiigresias por rrazon de patrimonio ou de compras, ou de gaanças et de señorio non prendo? pedido et ficando con vosa? ::::: todauia o señorio e propiedade et amin adita doña Sancha auedes de dar uos o dito señor arçibispo et uosos subcesores en toda miña bida cinquo mill morauedis en cada hun año et asignarme lugar eño mayordomadgo de noya onde os aja et depois de miña morte auedes de pagar por espaço de seis anos os ditos cinquo mill morauedis en cada hun dos ditos años aaquellas personas et aly hu eu ordenar en meu testamento et postrimeyra voontade et ajo de teer de uos et de uosos subcesores en toda miña vida ouso froyto de certos coutos et fygresias dos ditos bees et auer as rrendas et dereyturas que das ditas fygresias et coutos et lugares perteescen et a uos perteesçian de auer et tener por rrazon delles segundo que de suso he declarado eñas outras fiigresias de que dades ovso froyto a frey paayo et aio de teer en toda miña vida o lugar de fiinsterra con seu couto de duyo et con toda sua jurisdiçon et senorio et fazendo me enbargo o cabidoo dourees ou outro algun sobre lo vso froyto et posison del que vos odito senor arçibispo et vosos subçesores me defendades con o dito vso froyto et posison do dito lugar et teença et usso por vosa custa et vencendo o dito cabidoo et rremouendome da dita posison que uos traballedes por auer o dito lugar por concanbeo et cobrandoo por concambeo ou por outra qualquer maneyra que eu que o tena en mina bida segundo dito he et non no podendo uos cobrar ou uosos subçesores queme dedes et paguedes tres mill morauedis en cada hun año por en toda miña bida por rrazon dos ditos lugares et couto des aquel dia que eu da teença for remouuda et auedes de pagar os ditos cento. et seteenta et cinquo veces mill morauedis ao dito señor rrey ou ao dito endeantado ou aaquel que os ouuer dauer por el Por los quaes morauedis sobreditos uos o dito señor arçibispo auedes de obligar auos et avosos bees et da uossa messa para os pagar ena maneyra sobredita et de nos quitar a saluo et sen perda et sen dapño do dito sehor rrey et do dito pero rryz sarmento et doutras quaes quer demandas ou demanda en quanto tange aa vosa iglesia et aa vosa justiça et aos moesteyros et villas et lugares do voso arçibispado et fazendo nos uos adita obligaçon nos uos outorgamos por entregos et ben pagos dos ditos morauedis et demays uos o dito señor arçibispo ou uosos subçesores auedes nos de dar deste dia ata huun año conprido primeyro seguente confirmaçon de noso señor opapa clemente ou de seu sucesor por que confirma et ha por firme este dito contrauto et as obligaçoes que nos fazedes et auedes de fazer por las ditas contias de morauedis que nos auedes de pagar en cada huun año et por los ditos vso froyto et manteemento et por que pon sentença descomoyon en todos aquelles que contra este coutrauto veeren et demais auedes de fazer que se obligue o dito cabidoo. et sua messa asy como fiadores et principaes pagadores por las ditas contias de morauedis que nos auedes de pagar en cada huun año et por los ditos vso froyto et manteemento et nos non seian contraditos nen enbargados enos ditos tenpos et auedes uos et os procuradores dos ditos dayan et cabidoo jurar aos santos auangeos de nunca yrdes contra este contrauto por uos nen por outros. et que o gardedes uos et vosos subçesores segundo se en el conten et se os bees et cousas sobreditas mays valen que esta contia sobredita Nos de bon coraçon et de boa voontade fazemos pura doaçon inter biuos daquello que mais uallen ou poderian ualler auos o dito señor arçibispo et aa mesa arçibispal et rrenunciamos a toda excepçon et allegaçon ley et dereyto canonico ou ceuil que por uos podesemos alegar para en contrario desto que dito he que o non aleguemos et alegandoo que nos non ualla nen uos posamos delo aproveytar en alguun tenpo que seia por nos nen por outro Et todo dereyto et auçon et señorio et posison et propiedade que nos auemos et poderiamos auer enos ditos bees de nos et de nosa voz o tiramos et partimos et en uos et en vosos subçesores opoemos et traspasamos por esta presente carta que façades delles et en elles toda uosa voontade asy como de uossa cousa propia et mandamos aos castelleyros de peña fiel et de broono et de bimianço que tenan as ditas fortelezas por uos et por vosos subçesores asy como cousa propria as quaes eu odito frey paayo ia outra vegada et por outros rrecados mandey entregar auos odito señor arçibispo Et Nos odito señor arçibispo por nos et en nome da dita nosa iglesia et de nosos subçesores con consintimento dos ditos procuradores do dito cabidoo que son presentes et outorgantes asy consentimos ena dita venda que nos fazedes et outorgades a dita conpra que nos fazemos dos ditos bees et de cada huus deles et obligamos anos et atodos nosos bees et da mesa de pagar por uos os ditos frey paayo mariño et doña sancha os ditos çento et seteenta et cinquo vezes mill morauedis a o dito señor rrey ou ao dito pero sarmento ou a outro qualquer que os aia de auer et deuos quitar a todo tenpo ssen perda et sen dapño da dita deueda et da obligaçon dos ditos morauedis et rreleuamos auos et a toda vosa voz de todo dapño et peligro que uos rrequeceria ou rrequecer poderia por rrazon da dita deueda et sobre nos et sobre nosos bees et da nosa mesa os tomamos et obligamos o dito frey paayo para pagar uos os ditos quinçe mill morauedis sobreditos en cada huun año eno dito tenpo segundo dito he as rrendas que nos auemos et auer deuemos porlo altar de santiago A qual rrenda agora de nos ten arrendada johan rrodriguez dandamo afonso sanchez e johan miguellez seus parceyros ena dita rrenda Et queremos et outorgamos que uos seiades prouidamente pago dos ditos quinze mill morauedis en cada ano de todo aquello que aanosa parte veer ante que nos nen outro seia Et que uos paguen en cada huun ano os ditos rrendeyros ou outros que por nos colleren as rrendas do dito altar os dez mill morauedis por san iohan et os cinquo mill morauedis por nauidade et esa meesma paga outorgamos et queremos que se faça por nos et por nosos subcesores depois de vosa morte en cada huun dos ditos quatro anos segundo que de suso he declarado aaquelles que uos leixardes ordenado en uoso inuentario et postromeyra voontade et non avondando as rrendas do dito altar para pagar os ditos quinze mill morauedis en cada huun dos ditos anos et obligamos nos et os bees da nosa mesa para comprimento de todo aquelo que falescer da dita paga Et demais queremos et outorgamos por nos et por nosos subcesores que tenades et aiades en toda vosa bida o vso froyto et as rrendas et dereituras dos ditos dez e noue lugares et fiigrisias de suso declaradas et nomeadas. |
[+] |
1409 |
HGPg 44b/ 110 |
Saban quantos eſta carta viren commo eu frey Martjn que ſe fez frayre da Orden dos preegadores τ doctor τ cõuentual do moeſteyro de Sant Domj̃go de Vjueyro por conplir a voontade τ teſtamento de meu padre Santo Domingo τ nõ encorrer enna maldiçon ſua nẽ dos padres ſãtos et por guardar a coſtituyçõ da profiſſon τ per autoridade de dereyto que diz que aquelo que o frayre gaañar por rra zon de ſſy meſmo que o poſſa dar τ deſtribuyr; et outroſy per liçençia τ poder que ajo dos frayres do dito moeſteyro de Sant Domjngo de Vjueyro per carta publica eſcripta en papel τ ſignada con ſigno de Diego Pereσ, notario de Vjueyro, que ende teño τ ajo τ logo moſtro ante o notario τ teſtemoyas adeante eſcriptas da qual o thenor he eſte que ſe sigue: |
[+] |
1488 |
BMSEH A45/ 353 |
Anno domini mcccclxxxviii a seys dias do mes de oytobre, dentro enna cidade de Tuy ennas casas de morada de mi notario, estando y Vasco Caminna, iuz enna dita cidade, e estando con el G(ome)s A(lvar)es, alfayate oveensal do ospital da dita cidade, e estando con eles Juan do Caminno o vello e Juan de Cheelo seu yrmaao, en presença de mi notario e dos testes iuso scriptos Entonçe o dito iuz a pedimento do dito oveençal deu iuramento em hua signal de cruz a os ditos Juan do Caminno e Juan de Cheelo em lugar do santos evangeos en forma de dereito que elles por lo dito iuramento que feito avyan disesen e declarasen e preegase as herdades que dito ospital de Tuy tinna e avya enno lugar de Paredes feligresia de san Bartolomeu Et eles por lo dito iuramento asi o iuraron e prometeron de decir e declarar todo o que de ello soubesen en tenpo quelles viron fazer o dito iuramento Juan Calsado e G(om)es A(lvar)es sarraleyro e Pero Fernandes espadeyro vesinnos da dita cidade os ditos Juan do Caminno e o dito seu yrmaao Juan de Cheelo ambos iuntamente por lo iuramento que feito avyan diseron e declararon estas herdades que perteesian ao dito ospital Iten primeiramente a herdade do rial prabayxo como ven con sua devesa enno fegyredo e parte contra cima con os escudeyros Iten diseron e declararon mays que a herdade dascavadinna que parte con Est(eveo) R(odrigu)es e da outra parte topa enna congostra que vay pra Paredes Iten mays diseron e declararon que a herdade das Paredas con sua devesa do fogo vello como ven topar onde tomavan a agoa e topan as costas do forno he do dito ospital Iiten mays a herdade dos Cotellos como ben topar ao pradinneiro dos escudeyros Iten mays otra herdade que foy vinna de Pero Martinez da Canicouva con seus pardinneyros segun que estan iunto con a dita herdade Iten mays enno agro do Agrello hua grande peça de herdade do dito ospital Iten mays outra herdade sobre lo dito agro da grellon once chaman casa de novaas e ven topar ao pardinno da casa de novaas Et diseron e declararon por llo dito iuramento que estas herdades e pardinneiros por eles declarados eran do dito ospital e que o sabian ben asy como por sy meesmos como porllos seus anteçesores ia defuntos seus padres e avoos. |
[+] |