1455 |
VFD 291/ 311 |
Et despois desto, en este dito día, a ora de médeo día, por quanto o dito prouisor non quiso çesar de lauor eno dito caramandho e parede que fasía, o dito conçello se entrometeo de tirar os ditos pedreiros da dita obra, et acabando de se tirar, se puxaron setas de hun cabo ao outro et deytaron moytas pedras de çima da iglesia enas casas de moytos vesiños da dita çidade, et disendo os que estauan ena dita iglesia eno curral "fogo, fogo con os tejeedores e deytemos fogo con elles ena çidade", et eso diseron por veses et outras moytas maas palabras. |
[+] |
1455 |
VFD 299/ 319 |
Ano Domini M.o CCCCLV, XV dias do mes de setenbro, ena çibdade d ' Ourense, enas casas de morada de Johán Gonçalues de Deça, arçedia de Baroncelle ena igllesia d ' Ourense, estando hy presentes o dito arçediano, Afonso Yans da Lagea, Luys Gonçalues, Martín do Cabo, Johán Cortido, regedores, Diego Dias, procurador do dito conçello, Nuno d ' Ousende, Gomes de Mugares, Diego de Valboa, Diego de Paaços e parte de outros vesiños e moradores ena dita çibdade, outrosy estando hy presente Pero Lopes da Barreira, veziño e morador ena dita çibdade, logo o dito Diego Diaz presentou ao dito Pero Lopes en nome do dito conçello, juis e regedores, hun escripto e capítolos e pleito e menagen que o dito Pero Lopes fezera a Gonçaluo Télez de Vega, prouisor do señor obispo d ' Ourense, e Vaasco Gomes e Afonso Yans da Lagea, enos quaes capítolos se contiña que o dito Pero Lopes tebese o curral e paaços do dito señor obispo e todos los que hy esteuesen esteuesen á sua ordenança e que ningua persona dos que hy están e estebesen non errasen en ninhua maneira que fose aos veziños da dita çibdade de dito nen de feito, e errando ou pasando contra os ditos capítolos, que o dito Pero Lopes á todo seu poderío entregase o dito mal feytor aos juizes da dita çibdade pera que fezesen dél justiça, et eso mesmo o dito Vaasco Gomes e Afonso Yans fezeron pleito e menageen que o dito Pero Lopes non reçebese mal nen dano, nen morte nen ligón nen outra sinrrasón algua dos vesiños da dita çibdade nen outro desegesado alguún contra a dita fortoleza do dito curral, e eso meesmo o dito prouisor fezo outro tal pleito e menageen que das fortolezas de igllesia d ' Ourense e do castelo Ramiro non veese perda nen dano nen mal aos vesiños da dita çibdade, segundo que se mays conpridamente contiña enos ditos capítolos, e sobre elo feseron mays conpridamente pleito e menageen, os quaes liudos e prouicados ao dito Pero Lopes diso que por quanto o dito prouisor avía quebrantados e agora dos ditos paaços e torres do dito curral o dia donte puxaran pedras e apedrearon aos vesiños da dita çibdade e feriran a alguas personas e puxaran seetas e fora sobre elo sacado peresquisa, por la qual era púbrico e notorio que deytaran as ditas pedras e figeran o dito malefiçio Ruy de Caldellas e Gonçaluo de Ceboliño, por ende que lle requerían que conprise e agardase o dito pleito e menageen que avía feito e conprise os ditos capítolos, senón que protestaua que fose caydo e encorrido eno dito pleito e menageen que avía feito e enas penas en tal caso estableçidas e fose tiudo e obrigado a todo mal e dano e perda e mortes e ligoes que sobre elo recreçese, e que o pedía asy signado. |
[+] |
1455 |
VFD 301/ 322 |
Ano de LV, sábado á noyte, que eran viinte dias do dito mes de setenbro, aas noue horas da noyte, foy conbatido por força de armas os paaços et curral do bispo d ' Ourense et a hua ora, sobre médea noyte, foy entrado a poder de armas et non foy ende nehuún ome morto, saluo foron feridos dos do conçello ata noue ou des personas et dos do curral tres o quatro de seetadas, et en outro dia, o domingo, combateron a torre bella con Roy de Caldellas et con Johán de Canba et outro omee et puxaron de çima da torre hun canto e deu en hua perna Afonso da Proua et morreu dela. |
[+] |
1458 |
VFD 320/ 337 |
Logo o dito Ares do Olmo dyso que daua e deu querella ao dito procurador de tres omens que vyvan con Gonçaluo da Ueiga, prouysor, que estauan con él eno castelo Ramyro, que auyan nome ---, que andando él ena sua vyña de Pedras Estradas, oje, este dia, por la mañán, e tragendo hua sua besta a pacer ena dita vyña, que seyron do dito castello os ditos tres omens e aderençaran a él por lo matar, dentro na dita vyña, e hun deles le puxara hua seta por lo matar, e quando vyra a balesta armada, que fogira por la vyña e foron pus él por llo matar, et de feyto o mataran con a dita seeta, senón Deus que o quyso gardar, e como le remesaran a dita seta, que le remesaran hua pedra e que le deran con ela ena caueça, a qual firyda logo él mostrou ó dito procurador, e como le puxaran a dita seta, e le deran a dita pedrada, que aderençaran a él por lo matar e le deran soyto firydas na capa por le dar por lo corpo e que le deran outra firyda por lo onbro e que le cortaron a saya e o gibón e a camysa e chegaran fasta o coyro, as quaes coyteladas ende mostrou en hua capa cortada das ditas firydas e a dita firyda do dito onbro, e, se non fora por Deus, que o quyseran gardar, e se defendera e les fogira, que o mataran, e que o daua asy por queyxa e por querela a dito procurador e ao dito conçello e rejedores, que seendo trégoa posta ontre eles e o dito provysor, afalsamente o quyseran asy matar, protestando etc. |
[+] |