1285 |
PSVD 58/ 264 |
Saban quantos esta carta biren como eu Sancha Rodrigues, filla de Mayor Abril e de Roy Garcia de Lestedo, que foron, e eu Fernan Garcia e eu Roy Garcia, yrmaos, e netos que fomos dos dictos Mayor e Roy Garcia, por nos e por toda nosa ous, a uos Lourenço Peres, fillo de Martin Eanes, e neto de Domingo Lanpano, que foron de Uillayoane, e a todos fillos e netos do dicto Domingo Lanpano e a toda uosa uos damos e outorgamos por jur derdade huna leyra derdade que e chamada do Synal de Bilayoane, que he sub sino de Sant Christouoo de Lestedo, asy como foron de jur da dicta Mayor Abril, e dante ende a sesta della que e de Bilar de Donas e o quinón que en ella a Johan Abril. |
[+] |
1327 |
CDMO 1466/ 79 |
Sabeam quantos esta carta virem commo nos Frey [Pedro abbade do moesteiro de Santa de Maria] d ' Osseyra et o convento [desse meesmo lugar], seendo en nosso cabidoo, damos libre et conprido poder et outoridade a vos, frey Pedro cellareyro d ' Osseyra nosso conpaneiro, que por nos et en nosso nome et do dito moesteiro possades faser enprasamento con Ares Peres d ' Ourense alcayde del Rey et con Catalina Eanes, sua moller, filla de Johan Martin et de Tereyia Lopes que foron, en esta maneira, que elles que nos dem para senpre todas quantas casas herdamentos lavrados et por lavrar, a monte et a fonte, et [. . . ] et foros et rendas et de[reytos et] dereyturas et vos et aauçon et toda propiadade et sennorio que elles han et lles perteeçen et perteeçer deve de dereito en a villa de Çea, que he friigrissia de Sam Christovoo, tam bem de seu patrimonio commo de conpra et ganança et en outra maneira qualquer [que o] elles y aian. |
[+] |
1331 |
VFD 51b/ 80 |
Sabean quantos esta carta de testamento viren como eu Afonso Gomes de Parada, fillo de Gomes Peres Caraza e dona Contança, que foron, temendo Deus e á hora da morte á que soo julgado, con todo meu entendemento, faço e outorgo meu testamento, que pera senpre seja valedeyro. |
[+] |
1331 |
VFD 52/ 81 |
Sabean quantos esta carta de testamento viren que eu Vaasco Gomes de Parada, fillo de Gomes Peres Caraça e de dona Constança, que foron, temendo Deus e á hora da morte, con todo meu entendemento, estando preso e julgado á morte por llos liçençiados Rodrigues da Rocha e Rodrigo Afonso, alcaldes del Rey en casa de don Pedro, endiantado por El Rey en Galicia, faço e outorgo meu testamento, que pera senpre seia valledeiro. |
[+] |
1335 |
FDUSC 146/ 138 |
Eu Maria Martinz, filla de Martin Martinz de Castro, da friigresia de santa Uaya de Layas, et de sua moller que foy Johanna Dominges, que foy filla de Domingo Layas et de sua moller Marina Nuniz, moradores que foron em friigresia de sam Thome d ' Oyames, faço et outorgo meu procurador çerto Martin Peres, dito scriuan, et doulle poder que possa vender por min et en meu nome por tamanno preço vir que bem he, et a quen el quiser, toda quanta herdade eu ey et min pertêêçe por parte da dita mina madre Johanna Dominges et Domingo de Layas et de Marina Nunis, meus auôôs, que foron, em todas las friigresias de sam Tthome d ' Oyames et de sam Christuoo de Pape, con todas suas perteenças et dereyturas, et a venta que o dito meu procurador dos ditos herdamentos fezer, et a quenquer que a fezer, eu a outorgo et ey por firme em todo et obligo min et meus bêês de anparar et fazer de paz a a qual ou a quales a que a el vender et non viinr contra a uenda, so a penna que se na carta da uenda conteuer. |
[+] |
1335 |
FDUSC 150/ 143 |
Conusçuda cousa seia a todos que eu Fernan Peres, dito de Seares, home de Johan Migelez, coengo de Santiago, por min et por meu fillo Domingo Fernandez, et por uoz de Domingo Perez de Pineyro, por los quaes me obligo anparar et deffender, et por mina uoz et delles vendo et firmemente outorgo a uos Lopo Payz, despenseyro do cabidóó de Santiago, et a uossa moller Tareyia Uââsquez et a uossa uoz quanta herdade Martin Domingez, fillo de Domingo Bello de Seares et de sua moller Dominga Martinz, que foron, auyan et lle pertêêsçia nas friigresias de san Thome d ' Oyames et enna friigresia de san Christouóó de Pape, de lo ryo do Portocarreyro contra Seares, conmo uay ferir ao Tamar; a qual o dito Martin Dominges vendeo ao dito meu fillo et Domingo Peres et a Aras Domingez, home de Nuno Fernandez en senllas terças; o qual Aras Domingez a min reuendeo a sua terça, et eu faço por las outras duas terças. |
[+] |
1335 |
MSCDR 313/ 462 |
Sabbean quantos esta carta viren conmo eu Eluyra Perez de Leiro, dita Peia, filla de Lourenço Perez, dito Conuyte Paçõõ, et de Moor Lourença, que foron, moradores en Leiro, con meu marido Iohan Vidal d ' Osseue, que he presente et outorgante, por min et por toda miña uoz, vendo para senpre et outorgo a uos don Lourenço Perez, abbade do moesteiro de San Cloyo, et a toda a uos do dito moesteiro todollos herdamentos et casas et uiñas et soutos et aruores et cortyñas que eu ey en Leiro et en seus terminos, que he en a filigresia de san Migell de Leuosende et en seu termino, a montes et a fontes, con suas entradas et yxidas per hu quer que uããn et me a min pertẽẽce et pertẽẽçer deue de dereito por parte de meu padre et de miña madre et d ' outros quaesquer, que os eu y aya d ' auer de dereito, por preço nomeado que a min por ende destes, mille morauedis de dineiros brancos, dos quaes contan quarenta par de dineiros por tres libras, de que me eu outorgo por ben pagada sen nenhuuna contradita; et se elles mais vallen ca este preço, douollo en doaçon a uos et ao dito moesteiro polo amor de Deus et por myna alma et pollas d ' aquelles que mos leixaron et paasaron, et por outro amor moyto que de uos reçeby. |
[+] |
1338 |
CDMO 1595/ 166 |
Et estes seys soldos sobreditos avedes de dar cada anno por dia de kallendas janeyras et dardellos a o que tover a capella de Migel Ferrnandes et de Maria Oliveyra que foron, cuyas as ditas cassas foron. |
[+] |
1339 |
FDUSC 170/ 167 |
Conusçuda cousa seia a todos que eu Maria Eanes et Dominga Eanes, yrmââs, fillas de Johan Uidal de Sââmir et neptas de Johan Uidal do burgo d ' Archa, et de sua moller Sancha Eanes, que foron, presente et outorgante Johan Affonso marido de min Maria Eanes, et Fernan Eanes marido de min Dominga Eanes, et con nosco, vendemos por nos et por toda uossa uoz et outorgamos a uos Lopo Payz de Santiago, canbeador, et a toda uossa uoz para senpre, conuen a saber: huna quarta de quanta herdade con suas casas et chantados et formaes auyan et á áuer deuyan os sobreditos Johan Uidal et sua moller Sancha Eanes, que forom nosos auôôs enna vila de Vilachââ, per huquer que foren a montes et a fontes en frigresia de sam Migel de Pereyra, a qual quarta a nos pertêêçe por parte dos sobreditos nossos padres et auôôs; et vendemola a uos por libras seys pequenas desta moneda del rey dom Affonso, das quaes nos outorgamos por bem pagadas; et se mays ual que o dito preço, damosuolo en doaçon; et con esta uenda auemos uos et uoz uossa amparar et deffender per nos et per todas nossas bôâs; et daqui endeante fazede ende toda uossa uôôntade para senpre. |
[+] |
1345 |
PRMF 306/ 495 |
Era de mill e trezentos e oytenta e tres anos, XX dias de nouenbro, Sabbeam todos quantos esta carta viren conmo eu Tareiia Gill, filla de Gill Fernandes de Millmanda e de Maria Anes, que foron, de suu con Nuno Fernandes meu marido, anbos en senbra por nos e por nossa uoz, damus a foro a uos Gonçalo Peres de Freaes e a uossa moller Maria Anes e a toda uosa uoz pera senpre en a meatade, et a uos Martin Peres e a vossa moler Tareia Dominges et a toda uossa uoz pera senpre en a meatade, conuen a saber: sete leiras derdade de dizema a Deus, que eu Tareiia Gill ey, que jazen en a Ueiga de Freaes d ' Eires, freigisia de Santa Maria, conuem a saber: a huna delas chaman da Fonte do Pereiro; et outra jas yndo pera iglesia ia dita, que parte con leira dos de san Christouuo; outra parte con leira desta dita feligresia et uay ferir en o camiño que uay pera o porto d ' Eyres; et outra leira ias a çima da leira que e de foro da iglesia, que parte con leira de fillos de Maria Fernandes; et outra leira parte contra leyra de Francisco Monteyro, e doutro cabo con leira de foro deyla nay; et outra leira ias a çima da erdade do casal da pia et entesta con outra leyra de fillos de Jacome Eanes et ençima con leira que chaman da Fonte d ' arriba que he de Gonzalo Peres; et outra leira parte con leyra de Francisco Monteyro et da outra parte con leira de Goncaluo Peres. |
[+] |
1349 |
FDUSC 208/ 210 |
Et os quaes casares todos sobreditos et herdamentos delles et os ditos pââços et uinna et orta a nos pertêêçe por razon de compra que eu Martin Affonso delles fige por min et por la dita mina moller Dominga Dominges de uos sobredito Loppo Pelas, que os vendestes en nome de uosso sobrino Vaasco, fillo de fuy de Fernan Pelas, tendeyro, et de sua moller Sancha Fernandes, que foron, per cartas feytas per este notario, as quaes cartas uos logo dou en presença deste notario et testemoyas. |
[+] |
1351 |
MSCDR 337/ 478 |
Sabean. . . nos don Iohan Esteues, abade do moesteiro de San Cloyo, et o conuento do dito moesteiro. . . damos et outorgamos a foro a uos Martino Eanes, natural d ' Ossamo, en vosa uida et de duas uoses. . . etc, conuen a saber, damos a foro as nosas herdades que nos auemos en Coynas, que he en freygisia de sam Lourenço da Pena, des a botega contra seara de Galegos, et casas, herdades que foron enprazados con Fernando Peres et con sua moller Maria Eanes, que foron, moradores en Coynas, et as ditas herdades son da oueença das nouersarias. |
[+] |
1354 |
FDUSC 232/ 237 |
Eu Gonçaluo Vasques, morador enna rua do Uillar, por min et por toda mina uoz dou et outorgo em doaçon para senpre, asy conmo doaçom mellor et mays firme et ualdeyra ( sic ) pode et deue sêêr ontre viuos a uos Loppo Pellas, morador na rua da Moeda uella et a uosa moller Costança Vaasques et a toda uosa uoz et sua todo dereyto, uoz et auçon, busca, demanda que eu ey et a auer deuo contra Affonso Eanes, fillo de Iohan Peres d ' Lêês et de sua moller Moor Peres, que foron, moradores na frigrisia de san Paayo d ' Lêês, et este Affonso Eanes he uosso home et mora no uosso casal et herdade de Fradega; et douuos todo o dito dereyto et uoz et auçon, busca et demanda que eu ey contra o dito Affonso Eanes por rason do praso de arrendamento que el a min fezo do dito casal et herdade de Seares de suso et de juso; o qual praso uos logo dou en presença deste notario et testemoyas, et todo jur, uoz, auçon et demanda que eu ey et poderia a auer contra o dito Afonso Eanes de min et de mina uoz o tiro et em uos et na dita uosa moller o ponno et remouo per esta presente carta de doaçon. |
[+] |
1358 |
FDUSC 234/ 239 |
Sabbean todos que eu Rodrigo Affonso, fillo que fuy de Affonso Loppes, canbeador, et de sua moller Tareiga Peres, moradores que foron enna çidade de Santiago, por min et por meu yrmâô Loppo Affonsso, que presente esta et outorga, et netos que somos de Pero Dominges, dito do Sacho, albergeyro, et de sua moller Maria Eanes, que foron, por min et por toda mina uoz, et por uoz do dito meu yrmâô, dou et outorgo em doaçon para senpre a uos Loppo Pellas, çidadao de Santiago, et a uossa moller Costança Uaasques et a uosas uozes por jur de herdade para senpre todos los herdamentos, cassas, casaes, chantados, jures, perteenças, dereyturas que eu et o dito mey yrmâô auemos et nos pertêêçe enna villa et herdadura de Villachââ, que he na fregisia de sam Migêêl de Pereyra, et em toda a dita fregisia de sam Migêêl huquer que vââ a montes et a fontes et allur huquer que vââ; os ques herdamentos a nos perteeçen por parte dos ditos Pero do Sancho et sua moller Maria Eanes, que foron; et todo jur, sennorio, uos, auçon et dereyto, possisson et propiadade que nos et cada huun de nos auemos et nos pertêêçe ennos ditos herdamentos, casas et chantados, de min et de mina uoz et do dito meu yrmâô et de sua uoz o tiro et tollo et em uos et em uosas uozes o ponno et traspasso per esta carta de doaçon; et daqui endeante uos et uossa moller et uossas uozes façades delles uossa uoontade para senpre, sem enbargo de nos et de nossas uozes, asy conmo de uossa cousa propia. |
[+] |
1360 |
MPR 104/ 206 |
Sabean quantos esta carta viren como eu Elvira Anes, moradeira en Loona do Monte, eno lugar hu chaman Requeixo, fila de Martin Anes e de María Pérez que foron, moradores eno dito lugar de Requeixo, freyguisía de San Salvador, por outorgamento de meu marido Johan Núnes de Ramoyn que presente está, aforo a vos Domingo Eanes, morador eno dito lugar de Requeixo, e a vosa moller María Martínez, et aa vosa voz, en toda mina vida, convén a saber, hua leira a que chaman da Ponte, que iaz en esta dita freyguisía de San Salvador, a qual eu teno aforada do mosteiro de San Pedro de Rocas, que perteesçe ao casal de Requeixo, que eu teno, a qual parte en çima con herdade . . . . . . . . . . . . . que oora ten Johan Vidal de Pousada, que soía a teer Fernando Martínez, et entesta doutro cabo ena seara da iglesia et doutra [parte ena] leira que ten María Anes de Requeixo aforada da dita iglesia, et en fondo eno rio da Cortina. |
[+] |
1361 |
VFD 57/ 89 |
Sabam quantos esta carta de testamento viren como eu Johán Gomes, fillo de Gomes Lourenço d ' Aueón et de Tereija Affonso, que foron, visiños de Ribadauia, auendo grave door et teméndome de morte que he coussa natural, pero con todo meu siso et con todo meu entendemento compridamente, qual Deus teuo por bem de me dar, faço et hordino meu testamento á soude de miña alma e á honrra do meu corpo, em tal maneira que pus meu pasamento os meus bees permeescam hordinados. |
[+] |
1362 |
FDUSC 241/ 247 |
Sabean todos que eu frey Iohan Peres de Mileyrôôs, frayre do moesteiro de santa Maria de Bonaual, da ordêê dos preegadores, de liçençia et poder que para esto ey de frey Pero Garçia, prior do dito moesteiro, per procuraçon feita per este notario, por min et todos meus suçesores, vendo et firmemente et outorgo para senpre a uos Aras Gonçalues Xarpa, çidadao de Santiago, et a uosa moller Meçia Loppes et a toda uossa uoz et sua, o meu cassal do Eio, con toda quanta erdade, casas, chantados, perteenças et dereyturas eu ey et me pertêêçen enno dito lugar do Eio, que he na frigesia de san Symon d ' Oês, et o qual casal et herdades a min perteesçen por parte de meus padre et madre Iohan Peres de Mileyrôôs, scudeyro, et sua moller Tareiga Peres, que foron, et por herança de meus yrmâôs Pero Goterres et Garçia Goterres, que foron. |
[+] |
1362 |
MERS 82/ 315 |
Sabeam quantos esta carta viren como eu Marina Lourença, moradeira en Loonna do Monte no lugar que chaman Pousada con outorgamento de meu marido Pedro Eanes dito Bugueiro que he presente et outorgante, et eu Domingo de Deus fillo de Johan de Pesqueira et de María Pérez sua moller que foron, nos os sobreditos por nos et por todas nosas vozes para senpre, vendemos et logo por esta presente carta entergamos a vos Pedro Fernández, fillo de Domingo Pérez dOrcaaes et de Marina Santiago sua moller que foron do dito lugar dOrcaaes, et a todas vossas voses para senpre, todas quantas herdades lavradas et por lavrar et casas e árvores con suas perteenças a montes e a fontes hu quer que vaan que nos avemos ena friiguesía de Santo Estevo dAnllo e en seus térmios, a qual chaman a herdade do Çerdedo, a qual tevo aforada Pedro Fernández et Marina Velásquez da Agroneyra, que he a terça parte do dito lugar de Cerdedo ... foron de María Dominguez de Caschaldora segundo que nos perteesçen de parte de dita María Dommguez, que así a aiades vos e todas vosas voses para senpre ca outorgamos et conosçemos que reçebemos por ello de vos em presença deste notario et ts. sub escriptas çento e çinquoenta mrs de dineiros brancos desta moeda husavil contados trynta pares de dineiros brancos por tres mrs; et obrigamos todos nosos bees gaanados et por gaanar para vos anparar con esto que dito he a todo tempo a dereito de quen vollo enbargar quiser. |
[+] |
1364 |
MB 42/ 441 |
Sabbean todos que eu Ruy Fernandes morador en Pisso da frigresia de San Vereixemo d ' Arcos de Furcos por min et en nome da mia moller Maria Peres que presente non esta por que me eu obrigo et faço pleito et praso firme contado en cen morabetinos desta moneta brancos que ora corre a vos Ruy Fernandes dito Salgado de Loureiro en nome de Tareyia Alvares frayra de Belvis, filla de Sueyro Gomes et de domna Ines que foron, asy que eu et a dita mia moller seiamos serviçaes et vasallos bonos et fiees sen outro senorio nenhun deste San Martino de novenbre que ora foy ata nove annos conpridos primeiros segintes en aquel cassal et herdamentos et chantados da dita Tareyia Alvares que he na villa de Pisso da frigresia de San Bereixemo d ' Arcos de Furcos segundo que eu et a dita mina moller por la dita Tareyia Alvares tevemos et husamos enno tenpo passado enna qual seviçeya metemos en pobrança entre nos et a dita Tareyia Alvares des armentios, dos quaes son ende quatro boys, dous bravos et dous massos, et dose raxellos d ' ovelias et de cabras que deben d ' andar cabos en criança de pro medio. |
[+] |
1367 |
MSCDR 362/ 498 |
Pella qual procuraçon. . . etc, eu o dito abbade per ella et por min et en nome et en uoz dos ditos prior et conuento et moesteiro de San Cloyo, dou et outorgo a foro a vos Esteuoo Fernandes, reytor da igleia de san Martino de Cameyga, fillo de Fernando Pellaes de Caldellas et de Fernanda Peres, que foron, en uosa vida et de duas vozes apus tenpo de uosa morte. . . etc. , todo o foro et senorio et foros et dereitos et dereituras que o dito moesteiro agora ha et lle de dereito perteçe d ' auer et que vos poderdes alcançar para o dito moesteiro que fore en . . . . , ao tenpo de agora en na villa de Cabanellas et en toda a frigesia de santa Olalla de Vanga; o qual foro, senorio et foros et dereitos et dereituras vos agora ia teedes de jur et de mãão, et que teueron os ditos voso padre et madre polo dito moesteiro de San Cloyo. |
[+] |
1371 |
CDMO 1803/ 319 |
Sabean quantos esta carta de testamento viren commo eu Johan Fernandez de Soutomayor fillo de Fernan Yanes de Soutomayor et de dona Maria que foron, seendo saao en o meu corpo pero con todo meu siso et con todo meu entendemento conplido qual Deus tevo por ben de me dar et temendome de morte que he cousa natural para todos los pecadores a qual ningun deles non pode scapar, et porque eu non soo çerto de mina vida quanta ha de seer nen en qual dia, et porque despois de mina parte non vena contenda ninhuna entre meus herees sobre meus bees apus meu pasamento con mingoa de meu testamento, et outrosi porque os juyzes et meirinos et sentenças do meu Sennor Ihesu Christo son moitas et de moitas guisas et de moitas razoes a que ninhun omme nen muller en este mundo terreal non pode fugir. |
[+] |
1372 |
MB 48/ 448 |
Conusida cousa seia a todos que eu Rodrigo Afonso dito Pedreiro, tendeiro morador na villa da Crunna, por min et en nome da mina moller Sancha Peres a qual me obligo dar outorgamento desto adiante contiudo a todo tenpo por min et por todos meus benes et so a penna adiante contiuda et por toda mina vos et sua quitome et parto et desenbargo den este dia endeante para todo senpre a vos Ines Peres frayra do moesteiro de Santa Maria de Belvys da cidade de Santiago, filla de Andreu Vicenti et de sua moller Dominga Martines dita Folla que foron, et a toda vosa vos de todos los herdamentos, casas, casais, chantados et vynas et muyno et benes et froytos et rendas dellos que vos con outorgamento de donna Ignes Fernandes, priora que fuy do dito moesteiro, vendestes a dita mina moller que conprou de vos por sy et en meu nome nas frigresias de San Viçenco d ' Olvyna et de San Cristouvo de Faro et de San Pedro de Visma et de San Tirso de Seyro et de Santiago d ' Arteixo que son no coto da Crunna, por contia de des et oito marquos de prata fin et des varas de panno branco en tiros d ' oyto palmos en ancho, por carta de venda feyta por Pedro Dangroes notario que foy de Santiago. |
[+] |
1373 |
MSCDR 369/ 502 |
Sabbean . . . conmo nos don frey Garçia, abade do moesteiro de San Cloyo, que he no Ribeiro da Auia, et Iohan Fernandes, prior, et conuento. . . etc, sacado Iohan Afonso et Iohan Peres de Parada, monges do dito moesteiro, por nos et en nomne et en voz do dito nosso moesteiro, damos et outorgamos a foro a uos Gonçaluo Guterres de Uillarino, escudeiro, en vosa vida, et a vossa moller Costança Fernandes, et de huna vos apus o pustromeiro de vos. . . etc, conuen a saber, que vos damos a foro todos los herdamentos et cassas et viñas et erdades et foros et bẽẽs que Lourenço Yanes d ' Ourantes et sua moller Tereiga Fernandes, vosos avoos que foron, tiinan do dito moesteiro a tenpo de suas mortes, et depois Eynes Lourença, sua filla et vossa madre, que foy, en as fregesias de Santiago et de santa Marina d ' Esposende et en seus terminos. |
[+] |
1375 |
PRMF 364/ 529 |
Sabbeam quantos esta carta virem commo eu Affonso Ares, fillo de Ares Dias da Regeenga e de Constança Affonso, meu padre e miña madre que foron, uendo por min et por toda miña uoz pera senpre a uos Leonor Gonzalez, Ona do moesteiro de Ramiraas pera o dito uosso moesteiro, pera senpre, conuen a saber, a miña eréénça et naturesa que eu ey a auer de dereito no dito moesteiro de parte dos ditos meus padre et madre ou doutra parte qualquer que seia, por preço nomeado que de uos reçeby, de que me dou et outorgo por ben pagado, conuen a saber, doszentos marauedis de brancos de des dineiros o marauedi. |
[+] |
1378 |
CDMO 1851/ 358 |
Et demays eu o dito Johan Velles por min et por la dita minna moller et por las ditas nossas vozes commo dito he et por toda minna voz para senpre por este amor et graçia que reçebemos de vos os ditos dom abbade et convento quero et outorgo que a a morte do postremeiro que finar de min et da dita myna moller que fiquen a o dito nosso moesteiro por jur de herdade para senpre o meu lugar de Podente que he en o couto de Sam Thome de Freixeo con todas suas perteenças, o qual a min ficou de parte de meu padre et de myna madre que foron, livre et quite et desenbargado de min et de toda myna vos. |
[+] |
1385 |
OMOM 68/ 191 |
Sabean quantos esta carta viren commo eu, Maria Martin, morador en Steello, filla que foy de Martin Franco que foy, por min et por meus herdeyros et por toda minna vos, seendo en mina vida et soude et con todo meu siso et entendemento qual Deus teuo por ben de me enprestar et non endusida por engano nen por força nen por outro error algun, mays de meu praser et de mina propria, pura, liure et boa vootade, por amor de Deus et por soude de mina alma et das almas de meu padre et de meus fillos et fillas finados que me ficaron de meus maridos, Pero Martin et Domingo Martin que foron, dou et outorgo en dadiua et en smonlla et en pura doaçon, que valla para senpre jamays o mellor et mays conpridamente que a eu poso dar et faser et doaçon et smonlla mellor pode et deue ualler de dereito, aos fraires da Terçeira Hordeen que ora estan et steueren de aqui adeante en no moesteiro de San Martinno de Villa Lourente, que he en no bispado de Mendonedo, todollos herdamentos llaurados et por llaurar, igrijareos et leigareos que eu ey et me perteeçen de auer en toda a frigisia de Santa Maria de Auelleendo et en no villar de Goaa, por hu quer que van de montes a fontes; o qual frigia et villar sobre ditos son en no dito bispado, asy por erança de meus fillos Johan Martin et Fernando, que me ficaron de meu marido Pero Martin que foy, dos quaes o dito Fernando finou minor de ydade, et o dito Johan Martin se finou sen sent, et ao tenpo de seu finamento el en seu testamento et ultima voontade feso a min sua herdeira, commo por conpras et gaanças, commo por erança de Gonçaluo et Martinno et Maria Andre, outrosy meus fillos que me ficaron do dito Domingo Martin, meu marido, depoys de seu finamento; os quaes me finaron menores de ydade, tirando ende o quinnon que ha Martinno et a Maria, fillos de meu yrmao Pero Martin perteeçe de auer por vos do dito seu padre. |
[+] |
1391 |
MERS 99/ 332 |
Sabbean quantos esta carta viren como eu Fernán Yánes, clérigo de San Romao, por min e por toda mina voz, vendo e entrego logo por esta presente carta por juro de herdade para senpre jamais a vos Gonçalvo Yánes de Argemir et a toda vosa voz para senpre, convén a saber, hua vina que ias ao Chaao, cavo de outra vina de Diego Lópes de Lemos et cabo de outra de Ares Fernández de Sanbadín, a qual vina foy de Johan de Pereyra e que eu conpley a seus genrros Ares Fernándes e Domingo Fernándes de Vilamelle que foron, et ias e está a su o signo de Sant Martino de Sioes, por preço nomeado que de vos reçebí, conbén a saber, çento e çincoenta e sete mrs de que me outorgo por ben pagado en presença deste notario e ts. adeante escriptas, os quaes dineiros e mrs son pasados a nina maao a des dieniros por maravedi, et renunçio a ley de mal enganno et a ley e eyxciçón de nomerata pecunia en que dis que o notario nen as ts. non viron contar os ditos dineiros nen fazer a dita paga et todas las outras boas raçoes et eyxençoes que contra esta bençón e contra parte della podese diser e alegar. |
[+] |
1391 |
OMOM 83/ 205 |
Saban quantos esta carta viren commo eu, Aluar Rodrigues, fillo que foy de Rodrigo Eanes, notario de Villa Mayor, et de Eluira Ferrandes que foron, por min, de min et de minna uos, vendo para senpre a uos, Pero Migelles, clerigo de Santa Maria de Villamor et a toda uosa uos jur herdeiro para senpre o quarto daquella leyra que ias en Villamor, en na qual leyra esta a casa de Ruy Fernandes de Villamor; commo departe: do caminno, et de outra parte da herdade de [. . ] et dos Caualleiros; et de outra parte de leyra das Vellas, et da outra parte doutra herdade de Ferrando Lopes do Regueiro. |
[+] |
1396 |
THCS 142/ 123 |
Sábean todos que eu Sancha Ffernandes, moller de Fernán Garçía de San Lourenço e ffilla de Vaasco Fernandes Montesino, que foron, faço e estabelesco meu çerto e lij́dimo e sufiçiente procurador a Aras Gonçalues, canbeador morador ẽna Rúa do Villar da çidade de Santiago, para que por min e en meu nome venda e possa vender tódaslas herdades e casas e chantados que eu ey e me perteeçen por qualquer rasón e en qualquer maneira ẽno lugar d ' Angroes e en seus termos e herdaduras da fregleja de Santa María de Sar hu quer etcétera, nas quaes casas e herdades agora moran e teen e lauran por min Affonso Eanes e Johán Gago, lauradores. |
[+] |
1396 |
THCS 143/ 124 |
Sábean todos que eu Aras Gonçalues, canbeador morador ẽna Rúa do Villar da çidade de Santiago, por poder que para esto adeante conteúdo ey de Sancha Fernandes, moller de Fernán Garçía de San Lourenço e filla de Vaasco Montesino que foron, por procuraçón feita por este notario adeante scripto da qual o thenor a tal hé, vendo e firmemente outorgo a uós don Gonçaluo Sanches de Bendana, dayán, e ao cabídoo da iglleia de Santiago tódaslas herdades, casas, casães e chantados que a dita Sancha Fernandes há e lle perteeçen por qualquer rasón e en qualquer maneira ẽno lugar d ' Angrões e en seus términos e herdaduras da freglleia de Santa María de Sar, hu quer etcétera, e ẽnas quaes herdades, casas e chantados agora moran e teen e lauran, porla dita Sancha Fernandes, Affonso Eanes e Johán Gago, lauradores. |
[+] |
1402 |
GHCD 35/ 169 |
Sabean todos quantos esta carta de testamento como eu Gonçalo Oçores fillo de Basco Lopez de Ulloa e de Isabel Gonzales sua muller, que foron, jacendo doente de dolor muy agrauado empero auendo toda miña memoria e meu seso e entendemento, qual Deus tobo por ben de me dar, e temendome da morte que todos habemos de pasar según naturaleza e porque despois de miña morte non recrezca contenda sobre meus bees, fago e hordeno deles miña manda e testamento en esta maneira que se sigue: |
[+] |
1407 |
SDV 29b/ 64 |
Saban quantos esta carta viren commo eu Dominga Yannes, moller de Fernand de Cobiça e con otorgamento do dito meu marido que a esto he presente e otorgante, vesinos e moradores que somos en Viveiro, vendo pera sempre por jur de heredade a vos Maior Yannes, moller de Juan Furtado, que foy, vesina desta villa e a vosa vos e herdeiros reçebentes, pera vos e pera eles, a quarta parte entregamente de toda esta casa que eu tenno en Togas, frigelia de Sant Giao de Landrove con seus curraes, entradas e seydas e vinnas e herdades e sesego da par dela e foro que delas ajo; a qual casa e herdade ora ten a foro pera sempre por jur de herdade Fernand Martines de Barbeyto, et a qual ouvo a foro de Juan Martines de Galdo e de Maior Yannes sua moller, que foron, en a qual dita casa e herdades vos ja avedes outro quarto, e segundo que o eu ora usava e poseya; salvo que vos non vendo y que torardes o vinno destas vinnas que vos asy vendo, nen o foro del enno meu lugar que eu y tenno. |
[+] |
1408 |
OMOM 131/ 252 |
Saban quantos esta carta viren commo eu, Diego Lopes, fillo de Lopo Ferrandes et de Maria Rodrigues, filla que foy de Lopo da Fonte Arae que foron, vendo a uos, Afonso Ferrandes, dito Narao de Roas et a uosa muller Maria Garçia toda quanta herdade et jur et vos et dereito eu aio et me de dereito perteesçe auer por lla dita mina nana et por outra rason qual queer oye este dia da era desta carta, sub signo de Santa Christina de Goaa a montes et fontes, tirando o que ey vendido a Vasco Rodrigues de Riba da Insoa et a sua muller Maria Rodrigues de Sant Esteuoo, et resçebo de uos por lla dita vençon çento et quareenta morabetinos de moneda vella, a tres brancas et hun dineiro cada morabetino, dos quaes me outorgo por entrego et ben pago, et outorgo de uos faser a dita vençon de pas por meus bees, os quaes lle foron pagos en dineiros feitos contados das maos do dito Afonso Ferrandes aas suas en presença de min, notario, et testemoyas desta carta. |
[+] |
1409 |
SDV 71b/ 102 |
A vos Afonso Veloso, meu sobrinno e do dito Afonso Yannes fillo de Juan de Vilaude, alfayate, e de Mayor Peres, sua muller, filla de Juan Veioso, yrmaa do dito Afonso Yannes Veloso, que foron, e neto do dito Juan Veloso, que sodes presente e reçebente a elo e con a minna beyçon, en pura doaçon e dadiva o mellor e mays complidamente que dadiva e doaçon pode ser dada entre vivos para sempre para vos e para vosa vos e herdeiros e subçesores, toda esa casa e vinna e barras e saydas que estan enna friiguelia de Santo Estevoo de Valcarria, que departe da vinna de Juan de Cerna, que fuy, e fere en fondo enno comaro, e da vinna de Afonso de Valcarria, que fuy, e da vinna de Tareja Martines, muller que fuy de Afonso Peres Dovedo, et da outra parte da vinna e casa de Afonso Peres da Costa. |
[+] |
1416 |
MSMDFP 127/ 154 |
Así que damos nos, a dita abadesa, en cambeo a vos, a dita María Ferrnandeσ, o lugar do dito mosteiro, que jaz en Vilamelle, hu chaman Souto, segundo que o trouxo Johán do Pumar a jur e a mãão, o qual mandou ao dito mosteiro Gil Rodaguei e María Rodrigueσ, que foron, por la vosa casa da par da outra de Afonso Pereo da Vila do Río e por todas las árvores castaneiras e çerdeyras que o dito Johán da Carreira pẽẽgou e marcou a Fernán Vasqueσ de Deade, clérigo, e a Ares, noso moordomo, e a Afonso Eanes de Cas dos Ferreiros, que andaron a elo por nosa parte, as quaes árvores son dez e nove e a meatade de outras quatro, e os quatro leyrõẽs de viña do Castro, segundo que os trouxo Pero Ferrnandeσ, padre de vos a dita María Ferrnandeσ, e hun terreo de togal aa vila do Río e çinque terreos des Cucaña ata a Lama de Ferreira, segundo todo foy pẽẽgado e marcado per los sobreditos. |
[+] |
1418 |
LCS [143]/ 111 |
Iten que destes vos o dito Gil Peres a Rui Martines por lo traslado do repartimento que noso señor o arçobispo feso aos conçellos de Pontevedra et Noya et Muro et Padron et dous maravedis et quatro dineiros et por hũa carta descomoyo porque pagasen et por outra carta de peñora para que os peñorasen dose moravedis, et que destes ao que tirou as custas que nos fesemos en este pleito que estavan escritas enno noso livro que feseron Juan Garcia et Ares Chantreiro nosos procuradores que foron, trese dineiros que monta todo quinse moravedis et septe dineiros. |
[+] |
1419 |
SMCP 3/ 61 |
Sabean todos que eu Elvira Yanes filla de Juan Fernandes Mancia notario de Pontevedra e de sua moller Tareisa Peres que foron, jazendo doente de doença qual Deus tevo por bem de me dar por graçias a Deus avendo todo meu siso e entendemento comprido qual me Deus dou faço e outorgo mina manda e testamento e mina postrimeira vontade em tal guisa e por tal maneira que se de min veer a morte meus beens e mina fazenda fiquen ordeadamente a serviçio de Deus e per la saude da mina alma primeiramente mando a mia alma ao meu Señor Ihesu Cristo que a comprou e remiiu por lo seu Sangre Iusto preçioso e rogo e peço por merced aa bemdita Virgem Santa Maria sua madre que queira por min seer mina avogada ena ora de mina morte e ao dia do Iuezo con todos los santos e santas de corte do Çeeo Celestial e queiran seer rogadores a Deus por min e creo e teño a Santa Fe Catoliqua que todo fiel y paano deve de teer et creer. |
[+] |
1451 |
PSVD 148/ 384 |
Et por quanto eu, o dicto Fernan Afonso, andei con bos, o dicto prior, a preyto por uos defender as dictas dezemarias et bos, o dicto prior, me mostrastes publicos estormentos et scripturas que foran feytas sobre dicta rason antigoamente entre outros priores, bosos anteçessores que foron, et achey que uos, o dicto prior, demandauaas dereyto et justiçia, por ende bos leixo et desenbargo os dictos dezimos, segund dicto he, et faço juramento en minas ordenes quanta bos daqui endeante pona a juyço nen a contenda sobre la dicta rason a bos nen a bosos sucessores, por mi nen por outro; et se o feser ou tentar faser, que non balla et que fique fe pejuro et de que peyte a bos ou a aquel que suceder en boso lugar et a Santa Sede Apostolica Romana dous mill marauedis de boa moneda, de por medeo; et a pena pagada ou non este estormento et carta de conosçemento seia firme yrreuocable et balla para senpre jamays sen contradizimento algun. |
[+] |