1269 |
MSCDR 125/ 343 |
Conuzuda cousa seia conmo ante nos Iohan Lopez, monge de San Croyo, et Pedro Moogo de Vanga, juyzes aruidros ueo a contenda dentre don Iohan Arias, abade de San Croyo en nome dese moesteyro, et don Fernan Ordonez, oueençal de [] Martinz, en uoz do moesteyro de Togosoutos, da una parte, et da outra parte Tereyga Gomez con seus filos et os d ' Arias Caruallo; et contenderon por ante nos sobre una casa que fezo Arias Perez de Gomariz en lugar que dizen o Quinteyro, et deron fiadores para estaren a quanto nos mandasemos desta demanda: da parte de Tereyga Gomez et de seus fillos Afonso Perez de Gomariz; et da parte do abade et de don Fernan Ordonez, Pedro Martinz Sardina, su pena de La soldos; et nos, sabuda a verdade per juramento et, as partes presentes, aruidrando juygamos que aia o moesteyro de San Croyo et o de San Justo a mea de toda aquela casa cono esta marcada per pedra et per cruz, et Tereyga Gomez et seus filos a outra mea. |
[+] |
1274 |
PSVD 50/ 255 |
E do casal Dastrulfe tengo eu do prior II quintas, e una delas teno en prestamo e da outra quinta dou senpre cada ano ao prior II quinteyros de ceueyra e uno de milo, e dou a mia morte a esse moesteyro susodicto mea duna quinta que comprey de filo de Pedro Coraio e en tal guisa e o meo deste casal fou do moesteyro a mia morte; e assy lo outorgo eu ante o nosso comendador de Porto Marin frey Fernan Perez e ante os freyres frey Pedro Payz, balio de Meyngon Fria, e frey Martino, balio d ' Olueda, e Pedro Payz, balio d ' Asma e frey Areas Affonso e ante Areas Manchado. |
[+] |
1275 |
MSCDR 159/ 367 |
Eu Iohan Martinz, dito Caluo de Casardereyto, et mia muler Maria Eanes, por nos et por toda nosa uoz, a uos don Pedro Perez, abbade, et ao conuento de San Cloyo vendemus et outorgamus para por senpre vna leyra de cortina, que iaz no Quinteyro, entre a leyra de Domingo Galo et a de Lourenço Perez; et outra leyra de cortina a su a chousa de Sancha Perez de Meuma, entre a de Domingo Galo et a de Lourenço Perez et o souto de Sancha Pérez. |
[+] |
1280 |
CDMO 1148/ 1092 |
E por esto nos, don Pedro Fernandez abbade de Oseyra et o convento dese lugar damos a vos Aldara Perez en cambio por estos heredamentos que vos a nos destes uno casal de heredade que jaz en feligresia de sancta Maria de Arcos a qual chaman do Quinteyro en que ora mora Domingo Eanes cum sua poblança asi como esta, a monte et a fonte, con todas suas pertinzas; que vos Aldara Perez o tenades en vosos dias y a vosa morte ayano estes vosos fillos todos tres sobreditos et toda sua voz libre y desembargado para por siempre et facan del toda sua vountade, e o moesteyro ampararvos con el a dereito. |
[+] |
1299 |
MSCDR 261/ 432 |
Saban quantos este plazo viren conmo eu frey Iohan Perez, abbade de San Cloyo, con no conuento desse méésmo lugar, presente et outorgante, a uos Iohan Perez dito Sallon, filo de Pedro Sallon, que foy, et a muler uossa Maria Perez, en uossa uida, et a uosso passamento, a uossos filius, que ore auedes, conuen a saber, Lourenço Eanes, et Domingo Eanes, en sa uida delles et non mais, estes que ora son uiuos na era desta carta, damus a foro esse herdamento que foy de uosso padre sobredito, que iaz na uilla d ' Oseue et en seu termino, que est su cadea de san Migell de Louesende; conuen a saber, huna leyra que iaz ó ó canar de Veisquido et outro talo que iaz no chao de Beiriz, a tan ben da huna parte do regeyro conmo da outra; et as cortinas que chaman do Mioto, conuen a saber, de XII quinoos huun; et a vina que iaz nos carriis et na Pedreyra; et outra leyra que jaz o porto de fondo en tres logares; et outra que jaz no Caçopedo et na Fonteyna; et o que auia no canpo de don Pedro, et una en na Çernada et na Lama et no Moiedo con suas castanas; et no souto das quartas; et na cortina de Moiedo outro tallo de terreo; et na uilla outra leyra, que jaz na cortina dos caualleyros; et en Prezam outra leyrade terreo; et o sesego das cassas et do quinteyro donde morou dona Marina; et quanto perteçia o dito Pedro Vaasquez; et de todos los outros herdamentos que el auia d ' auer de parte de dona Marina, sua madre, en este termino sobredito. |
[+] |
1390 |
ROT 94/ 449 |
Item mando mays a dita iglesia de Santiago de parada dous quinteyros ontre pam e vinno ao dia do meu finamento. |
[+] |
1442 |
MSCDR 555/ 673 |
Sabean . . . nos don Aluaro Fernandes, abbade do moesteiro de San Cloyo do Ribeiro da Auia, et frey Iohan, prior, et frey Aluaro da Vistiaria et o convento . . . etc. , damos et outorgamos a foro a vos Iohan Gomes, o moço, morador en Barro, que he en na frigisia de santa Marina de Gomariz, por en tenpo de vosa vida et çinquo vozes apus voso finamento. . . etc. , conuen a saber esto que vos asy damos et outorgamos a foro en no dito tenpo et vozes: o noso casal a que chaman dos Quinteyros, que jaz en na dita frigisia de Gomariz, con todas suas et cortinas et erdades et con todas las erdades da Goigooça, que son de nos, o que ten Aluaro da Grizar, et segundo que as todas tragia a jur et a mãão por nos et por lo dito noso moesteyro Esteuão Fernandes Castelaao, morador que foy en no dito noso lugar do Quinteyro. |
[+] |
1449 |
PSVD 145/ 377 |
Afonso Ares de Lodoso, primera testimonya, jurado en forma deuida et preguntado se sabia ou se oyra diser que o dicto moesteiro de Bilar de Donas oubese apadroamento ou colleyta alguna enna dicta iglesia de Sancta Maria de Buguercos, diso esta dicta testemonya palo juramento que feito auia que se acordaua ben de setenta annos et que morando a par da dicta iglesia de Sancta Maria de Bugercos con seu padre, Ares Eanes, que era clerigo a a sazon da dicta iglesia et que bira leuar ao prior frey Afonso Gomes, prior que era do dicto moesteiro de Bilar de Donas, de casa do dicto seu padre, Ares Eanes, tres moyos de pan ferrados por razon de apadroamento que abia o dicto moesteiro enna dicta iglesia; os quaes dictos moyos eran dez et seys teegas de pan cada moyo por la teega quinteyra de çinquo en fanega; et que lle bira pagar asi o dicto pan ao dicto prior Afonso Gomes et leualo a seus moços et a suas bestas quando enbiaua por el; et que en quanto biuera o dicto Ares Eanes, seu padre, que senpre llo bira pagar ao dicto moesteiro et prior del en cada hun anno. |
[+] |
1457 |
LNAP 168/ 184 |
Jtem diso este testigo que teẽ seu fillo, Rroý Gomes, hũu formal feyta corte ẽno seu quinteyro, donde el bjue, que he a dita corte do dito moesteyro. |
[+] |
1457 |
MSCDR 577/ 690 |
Huna leyra que jaz en no Quinteyro, que parte . . . etc. ; et outra leyra que jaz a sobre la villa ferreira, que parte . . . etc. ; et outra leyra que jaz en no dito lugar do Barro, que parte . . . etc; et outra leyra que jaz en Carroçeyra, que parte . . . etc, et outra leyra que jaz a su u forno do dito lugar . . . etc. ; et outra leyra que jaz en no Quinteiro, que parte . . . etc. ; et huna cortina que jaz a su u dito lugar con os baçellos que esta a porta do dito lugar . . . etc. ; et outra leyra jaz en na ferreira que parte . . . etc. ; et outra leyra que jaz logo a sobre ela, que parte . . . etc. |
[+] |
1457 |
PSVD 158/ 399 |
Sayban quantos este estormento e carta de aforamento byren como nos Diego Afonso, prior do moesteiro de Bilar de Donas, sendo juntados en noso cabido por canpana tangida segun que abemos de husu e de custume, con outorgamento de frey Rodrigo e de frey Ares e de frey Afonso Lopez, aforamos e aberuamos a bos Afonso de Nespereyra e a outras duas personas apus boso finamento, huna qual bos nomeardes en bosa bida et aquela ou aquel que bos asy nomeardes que nome a postromeyra, et non sendo nomeada que seia persona aquela ou aquel que con dereito herdar a mayor parte de bosos benes, conben a saber, que bos aforamos e aberuamos, como dicto he, toda a nosa erdade e casas e cortinnas e aruores e formaes que o dicto noso mosteiro ha su signo de San Cybraano de Ynespereyra, que lle mandou Eluyra Rodrigues de Ligonde, que lle ficaron por morte e sudicion de seu fillo Afonso Ares, por uquer que baan, a montes e a fontes, con todas suas entradas e saydas, a tal pleyto e condicon que seiades seruentes basalos ao dicto moesteiro e priores, et nos dedes en foro e en renda cada hun anno quatro tegas de pan porla tega e quinteyra da terra en todo o mes dagosto ou de setenbro secas e linpas de poluo e da palla, et mays nos dares por dia de natal hun par de frangoos posto en saluo en dicto moesteiro; a tal pleyto e condicon que o non posades bender a dona nin a clerigo ni a escudeyro nin a caualeyro nin a persona que seia de maor estado que bos, saluo ata que non facades a saber ao dicto moesteiro cuiu he, et fazendo o contrario do que dicto he que o dicto foro non baila en sy nen seia en si de nihun balor. |
[+] |