|
CDMACM 195b/ 381 |
Iten fallares que despoys de seer asy aprehendida la dicha posison por el dicho nuestro procurador de las dichas duas septimas que nos el dicho dean et cabildo de la iglesia de Mondonnedo paçificamente poseamos las ditas duas septimas por espaçio de dous et tres annos et masy tenpo et despues biolentemente Jacome de Lamas con outros conplices suyos et con fabor de Alonso de Lanços nos desbollo de la nuestra posison por força la qual dita posison despues recuperamos et contynuamos nuestra posison cogendo los frutos et rentas de las ditas duas septimas por Johan Fernandes Penna nuestro rendeyro que dellas foy por espaçio de quatro ou çinquo annos et mays tenpo. |
[+] |
1291 |
CDMACM 56c/ 75 |
Don Aluaro por la graça de Deus bispo de Mendonedo a todolos ommes de nostro bispado clerigos et leygos moordomos et rendeyros et a todos outros quaesquer que algo tenan de nos soude et bençon. |
[+] |
1291 |
CDMACM 56e/ 78 |
Et sobre isto disso que estes ommes de donna Teresa o enprasauan para ante el rey et o ficauan se lle logo non fosse dar as pinnoras polos vi mill mor. et entonçe que ueera a Vila de Viueiro et pinnorara de Martin Martinez canpesino rendeyro do bispo xviiii tonees de uino viiii uermellos et x blancos que foran uendidos os blancos a xxti na libra et mea et os uermellos a xxvi na libra que montan ccccxxxviiii libras et disso que pinnorara Laviii armentios et deste gaando eran xxxiii armentios mayores et x tenrreyros et xv anellos et ficaban xxxxvii armentios que foron uendidos pelo curador da vila por ccx libras et xv solidos et in outra parte disso que pinnorara tanto pan de Pedro Fernandez de Maelle que fora uendido por quinentos mor. et lle pinnorara tantas ouellas et tantas uacas que foran uendidas por xx libras et disso que teendo estas pinnoras feitas que lle chegara outra carta del rey moyto aficada que que enuiara frontar ao bispo por hun estromento feito en tal maneira: |
[+] |
1291 |
CDMACM 56/ 79 |
Et destes mor. disso que pagara ende a Rui Monos et a Johan Peres iiii mill mor. et os mill et cccxxxx mor. que filara ende quinentos de desimeyra et os viii çentos et xa mor. que os meteu en custas en esta maneyra diso que enuiara Fernan Eanes notario et Johan Martines de Asougue frontar ao bispo ao Castro d - Ouro La mor. et disso que quando fora Johan Gonzalez pinnorar o outro gaando con ommes a pe et a caualo que despenderan cxx mor. et disso que despenderan en tres ueces que fora a San Cibrao a pinnorar a balea et a entregala ccc mor. et disso que ennas pinnaças et no trager da balea metera c mor. et quandor foronon o maestreescola et don Pedro Dias a San Cibrao con quinentos ommes et con xxx a caualo por tomar esta balea aos ommes do infante a que a el tinna entraguada diso que fora allo con Lx ommes a caualo et con dous mill ommes a pe et despenderan ccl mor. et quanto a lo despendera o conçello que fora con el que fore ben ii mor. que non yan en esta conta et disso que no auia tomadas ao bispo mais pignoras destas sobreditas nin ouuera ende mais mor. destes que aqui desia et se achassen que el mais ouuera disso que queria logo pagar et disso mais que desenbargaua a este Pero Peres moordomo do bispo et a Martin Martines canpesino seus rendeyro a eglesia de Santiago et a vile de Viueiro et as outras cousas que ese Martin Martines tinna rendado assi na uila commo no termino. |
[+] |
1316 |
ROT 42/ 390 |
Sabam quantos esta carta viren e oyren que nos lo Conçello de Bayona de minnor en sembra con Stevano perez nosso juyz e con Domingo eanes e Pero migeles nossos justiçias Seendo aiuntados enna grannia do moesteiro doia en nossa villa commo e nosso custume vimos huna carta en que e contiuda una avinça e conposiçon e pusturas que foron postas e ffeytas ontre nos lo Conçello sobredito e o abade e Convento do moesteyro sobredito aqual vos don Pero abbade desse lugar mostrates o traslado della en huna carta del Rey don Sancho aquen deus perdone que y mostrates seellada con seello colgado dicendo vos dom abbade que os rrendeyros das pagias e dos collares e dos outros dereytos que son postos en nossa villa vos passavan contra as cousas contiudas ena dita carta fillandovos as pagias de vosso vinno e as collares de voso pan e as outras cousas das vossas bestas ssen noso mandado. |
[+] |
1316 |
ROT 42/ 390 |
Et que ningun rrendeyro nen colledor das cousas sobreditas non vos tome collares de vosso pan nen tastallage das vossas bestas nen pagias de vosso vinno e que en todo vos seia a dita carta aguardada commo en ella diz. |
[+] |
1348 |
CDMACM 96/ 145 |
(Saban quantos esta carta virem que lues çinco dias de mayo Era de mill et ccclxxxvi annos que foy o terçeyro et derradeyro tratado et cabidoo para estas cousas que se adeante seguen seendo ja passados ante deste tratado o primeyro cabidoo et tratado que sobresto foy feyto des dias deste mes de março que agora passou da Era sobredita et o segundo que foy çeclebrado eyre diomingo que foron quatro dias deste mes de mayo sobredito et todo en presença de min Johan Deus raçoeyro et notario publico da iglesia de Mendonnedo et testemoyas subscriptas en Villamayor enno alpendre das casas do bispo aa sayda da prima seendo juntados en cabidoo por canpaa taniuda commo he de costume o honrrado padre et sennor don Afonso por la graça de Deus et da sancta iglesia de Roma bispo de Mendonnedo don Ruy Sanches deam et o cabidoo da dita iglesia o dito sennor bispo o deam et os que enno dito cabidoo con el eran presentes cada hun singularmente et logo todos en geeral requeridos por lo juramento que todos et cada hun deles he teudo de agardar para faser et procurar a prol et onrra da dita iglesia et esquiuar o seu danno considerando todos et catando a prol et seruiço de Deus et do bispo et da dita sua iglesia de Mendonnedo et concordantes en hun proposito todos et a huna voz entendendo que era prol et seruiço de Deus et do dito bispo et da dita sua iglesia fesseron enprasamento con Johan Fernandes de Bolanno et con donna Costança sua muller et deronlles o castello et terra de Miranda con los dereytos herdades jures et pertenenças que perteeçen et perteeçer deuen aa terreria de Miranda et o çeleyro de Santiago de Silua outrosy con los dereytos jures et pertenças que perteeçen et perteeçer deuen ao dito çeleyro conpridamente segundo se sol vsar por los rendeyros que y ata aqui andaron por lo bispo et iglesia de Mendonnedo saluo que fica ao bispo de poer y juyses et notarios quando queser et cada que queser et a sua vianda et os outros dereytos que non perteeçen aas ditas terrerias ennos ditos lugares que o teuesen da dita iglesia de Mendonnedo et por la dita iglesia por en todos seus dias et de hun seu neto fillo d -Ares Meendes de Grandas et de donna Sancha sua muller qual o dito Johan Fernandes nomear en seu testamento et que seia espeçialmente o que leyxar herdeyro en Bolanno enna mayor parte de seus bees et depoys da morte de todos tres que o dito castello et terra de Miranda et o dito çeleyro de Santiago de Silva con la herdade vinna paaço et lagar que os ditos Johan Fernandes et donna Costança sue muller conpraron de Fernan Sasido enna fygresia de San Pedro de Viueyro con todos seus dereytos entradas et saydas jures et pertenenças segundo que os eles conpraron et por las diuisoes et de pertenças et condiçoes que lles foron vendidas et con todos los boos paramentos que y esteueren feytos assi enno dito castello terra de Miranda et çeleyro de Santiago de Silua commo enna dita herdade vinna paaço et lagar fiquen liures quitos et desenbargados ao dito bispo et iglesia de Mendonnedo dos ditos Johan Fernandes et sua muller et do dito seu neto et de todas suas voses.) |
[+] |
1351 |
CDMACM 98/ 150 |
(Sabean quantos esta carta viren commo nos Ruy Dias coengo de Mendonnedo et clerigo de santa Maria de Uiueiro et Affonso Garcia clerigo et rettor da iglesia de Santiago dese lugar con outorgamento do dean et cabidoo da iglesia de Mendonnedo fasemos entre nos tal conpustura et avenença por nos et por nosos sucçessores que ualla para senpre conuen a saber que por rason de sepultura que agora non ha a dita iglesia de Santiago porque era da iglesia de santa Maria et por quanto noso sennor obispo outorgou agora sepultura aa dita iglesia de Santiago a pedimento de nos anbos et do dean et cabidoo da iglesia de Mendonnedo eu o dito Ruy Dias por min et por meus suçessores et o cabidoo de Mendonnedo ou seus rendeyros leuemos a meetade enteyramente de todo aquelo que os frigreses de Santiago que se sepultaren enna sepultura dese lugar leyxaren aa dita iglesia por sepultura et a meetade da offerta daquel dia que se sepultaren segundo que leuaua a meetade do quarto dos que se sepultauan ennos moesteyros.) |
[+] |
1351 |
VIM 48/ 137 |
Sabean quantos esta carta viren commo nos Ruy Dias, coengo de Mendonnedo et clerigo de Santa Maria de Uiueiro, et Affonso Garcia, clerigo et rettor da iglesia de Santiago dese lugar, con outorgamento do dean et Cabidoo da Iglesia de Mendonnedo, fasemos entre nos tal conpustura et avenença por nos et por nosos sucçessores, que ualla para senpre, conuen a saber que por rason da sepultura que agora no ha a dita iglesia de Santiago, a pedimento de nos anbos et do dean et Cabidoo da Iglesia de Mendonnedo, eu o dito Ruy Dias, por min et por meus sucçessores et o Cabidoo de Mendonnedo ou seus rendeyros leuemos a meetade enteyramente de todo aquelo que os frigreses de Santiago que se sepultaren enna sepultura dese lugar leyxaren aa dita iglesia por sepultura et a meetade da offerta daquel dia que se sepultaren, segundo que leuaua a meetade do quarto dos que se sepultauan ennos moesteyros. |
[+] |
1359 |
VIM 51/ 141 |
Rui Dias, coengo de Mendonnedo et clerigo et rector da iglesia de Santa Maria de Viueyro, que presente estaua, disso que o dito sennor Obispo et os hommes boos do dito Cabidoo ben sabian en commo quando aa iglesia de Santiago de Viueiro fora dada et outorgada sepultura et çimiterio, que ante non auia, que este Ruy Dias et Affonso Garcia, rector et clerigo de Santiago de Viueyro, que presente estaua, por liçençia et mandado et autoridade do Bispo et dean et Cabidoo de Mendonnedo, por rason que a dita sepultura et cimiterio fosse dada et outorgada na dita iglesia de Santiago de Viueyro, conueeran entre sy et en cabidoo et feseran avinença et conpustura et paramento que de todas las cousas que perteesçerem et perteesçen aa dita iglesia de Santiago de Viueyro por rason da dita sepultura et demandas que lle mandasen que partissen de promeo con lo dito Ruy Dias et con os outros rendeiros et clerigos et capelaes que fossen polo tenpo enna dita iglesia de Santa Maria de Viueyro et con os colledores do Cabidoo; et que este Affonso Garcia nen seus capelaes et colledores que non dauan a este dito Ruy Dias nen aos rendeyros et colledores por el enna sua parte et do dito Cabidoo a dita meatade das cousas et mandas que lle asy fora outorgada et pediu ao dito sennor Obispo que constrengese ao dito Affonso Garcia et aos outros que a dita iglesia de Santiago collesen et acadasen que asy desen a este Ruy Dias et a seus sucesores et aos que polo dito Cabidoo, ouuesen de coller et d -auer et recadar as ditas cousas sobreditas daqui endeante ben et conpridamente polo que dito he; et o dito sennor Obispo feso pregunta ao dito Affonso Garcia que desia que el ben sabia que fora et pasara asy et o dito Affonso Garcia, clerigo et rector de Santiago de Viueyro diso que fora asy feita a dita conpustura et avinença ao dito Ruy Dias, rector clerigo de Santa Maria de Viueyro et disia et decraraua que prestes para a abreger en todo, segundo dito he; et o dito sennor Obispo mandou, con outorgamento do Cabidoo, que o dito Affonso Garcia et seus sucesores que desen ben et conpridamente ao dito Ruy Dias et a seus sucesores a meatade, para senpre, de todas las cousas que aa dita iglesia de Santiago perteescesen por rason de sepultura, cimiterio et mandas; et o dito Affonso Garcia asy outorgou todo segundo entre eles fora et era determinado et de esto o dito Ruy Dias, rector da dita iglesia de Santa Maria de Viueyro pediu ende un publico estromento, dous ou mais, se le conprire, et para garda sua et da dita iglesia de Santa Maria de Viueyro. |
[+] |
1360 |
VIM 52/ 143 |
Et os ditos don Ruy Sanches, arcidiago, et Ruy Dias obligaronse a dar et pagar ben et complidamente depoys deste anno pasado toda a renda que eles deueren ao Cabidoo das ditas iglesias de Santiago et Santa Maria de Viueyro, segundo o arrendamento que eles teen feito et que se non chamen nunca des aqui endeante sobre las ditas rendas a engano alende a meatade do justo preço nen a tenpestade nen a geada nen a pedraço nen a esterilidade nen a outra perda algua que aynda que a y aia que ha sofran en sy et non leixen por ende de pagar a dita renda, saluo se lla tornase ou mandase tomar el Rey; et demays todos en concordia estabelesçeron por maneyra de constituyçon que todos los rendeyros que ora teen rendas do Cabidoo ou quaesquer outros que arrendaren des aqui endeante rendas do Cabidoo que nenhum non se posa chamar nen chame a enganno alende a meatade do justo preço nen a outra perda algua de tempestade d -agoa nen de geada nen de pedraço nen d -esterilidade algua mays que todos sofran en sy et aian as ditas rendas que ora son et as que foren daqui endeante quaes rendas que arrendaren do dito Cabidoo et non peçan quitamento alguns deles ao dito Cabido et que o dito Cabidoo non seia tehudo dello faser nenllo fasa. |
[+] |
1368 |
MSPT 24/ 259 |
Et esto prometo de lo fazer pagar de todos los clérigos rendeyros et colledores das Iglesias da min na terra et senorío, nen consinto que algún de que conmigo biven, ou biveren d -aquí endeante, que defendan nen anparen algús clérigos nen leygos que vos os ditos pedidos et taixas et dézemos non quiseren pagar. |
[+] |
1384 |
GHCD 78/ 350 |
Sabean todos que eu frey Pay Maryno fraire do moesteyro de santa Maria de Bonaval da ordee dos preegadores da cidade de Santiago por auctoridade que para esto teño de frey Nicolas provinçial da dita orde et con liçençia et outorgamento et consentimento outrosi de frey Pedro Garcia prior do convento do dito moesteyro que están presentes et outorgantes juntados en seu cabidoo enos balcoes do dito moesteyro por tanjemento de campaa, segun do que am de costume et como quer que eu non seia professo, et eu doña Sancha moller de vos o dicto frey Paayo veendo en como as fortalezas et casas fortes de Peñafiel et de Vimianço et de Broono et o castellar de myron et o lugar de olueyroa et auilla de finisterra co seu couto de duyo et as casas que nos avemos ena cidade de Santiago que nos compramos et foron de Rodrigo rodriguez coego que foy de Santiago et todos los outros bees raizes casas casares et chantados asy coutos como terras chaas como encomendas que nos os dictos frey paayo et doña Sancha suyamos teer et posoyr et nos perteeçian asy por heranza como por gaanza como por outra qualquier maneira et que Rui soga noso fillo de nos et por nos teuo en tempo de sua vida foron confiscados, obligados et deputados para a camara de noso señor el Rey Por razon de cento et seteenta et cinquo vezes mill moravedis que os contadores et recabdadores de noso señor el Rey alcançaron sobre los dictos bees por acasiom et por deueda que nos et o dicto Ruy soga noso fillo fezemos por quanto tomamos et despendemos et ocupamos tantos dos bees et renda do dicto señor Rey que somauan et montauan os dictos cento et seteenta et cinquo vezes mill moravedis et como o dicto señor Rey por fazer ben et mercee amin o dicto frey paayo me outorgou et dou por sua carta que eu ouuese et cobrase os ditos bees et me mandou apoderar asy eñas fortoleças como en todos los outros bees et terras chaas con entençon que ata çerto termiño le pagase as ditas quantias de moravedis et dou outra sua carta a pedro rruyz sarmento seu endeantado mayor en galliça que vendese todos los ditos bees non pagando en o dito frey paayo os ditos moravedis a o dito termiño para que se por eles pagase o dito senor rrey et odito pedro sarmento en seu nome. et por quanto nos os ditos frey paayo mariño et doña Sancha nen auemos nen podemos auer as ditas contias de moravedis para as pagar segundo que o dito señor rrey manda Porque outrosi entendemos que somos moy teudos et muy obligados por nos et por toda nosa linagee a yglesia de santiago por moytas mercedes que dela reçebemos et por moitas cousas que dela et de seus vasallos et terras tomamos como non deuiamos, por desencarregar a nos et anosas conçiençias non constrenidos por.... nen decebudos por engano de nosa propia et liure voontade libremente et firmemente por nos et por toda nosa voz para sempre vendemos auos o moyto onrrado padre et señor don iohan arçibispo de Santiago chanceller mayor del Rey para uos et para avosa mesa arçibispal et para uosos subcesores conprante con consentimento et ::::: de Pedro diaz et gonçaluo perez coegos de Santiago et procuradores do dayan e cabidoo da iglesia de santiago que estan presentes et outorgantes en nome do cabidoo da dita iglesia por poder speçial que para ello teen do dito cabidoo por hua procuraçon feyta por este notario de que o thenor aadeante se conten todas las ditas nosas casas fortes conuen asaber peñafiel, vimianzo, broono o lugar de myron et a nosa parte de olueyroa et as nosas casas que estan ena cidade de santiago que compramos do dayan et cabido de Santiago as quaes casas foron de Rodrigo rrodriguez coengo que foy de santiago et todos los outros bees et coutos et comendas et herdades et terras chaas et aforamentos et padroadgos de iglesias et de moesteyros et os ditos lugares de finisterra et do couto de duyo que nos auemos et nos perteescia de auer en qualquer maneira et por qualquer titulo que nos pesoyamos et pesoymos e por nos noso fillo Ruy soga peseyo Por contia de çento et seteenta et çinquo vezes mill morabedis desta moneda vsaull que ora corre que fazen de dez dineiros hun morabedi, que deuemos ao dito señor rrey et por çertas contias de moneda et manteença aadeante declarada et specificada que uos auedes de dar en cada hun año en tempo de nossas vidas et de cada hun de nos a cada hum en sua parte as quaes contias et moneda et manteenzas son esto que se sigue conuen asaber que uos o dito señor arçibispo auedes a dar a min o dito frey paayo quinze mill morabedis de dita moeda en cada hum ano por tempo de miña vida et depois de miña morte auedes de pagar por quatro años primeiros seguentes quinze mill morauedis en cada hun dos ditos anos a aquellas personas et ali hu eu ordenar et mandar en meu inuentario et postrimeyra voontade et asignar me ena vosa parte das rrendas do altar de santiago que eu aia os ditos moravedis polos ditos tenpos en paz et en saluo ben pago et ben parados aqui eño dito moesteyro ou en outro lugar do dito arcibispado hu miña voontade for et demays auedesme de leyxar ousse froyto en toda miña vida que a min et a dita miña moller nos perteescia aauer en estes lugares que se siguen conuen asaber de santiago de olueyroa et de s. saluador de colluns et de santiago darquos et de s. mamede de carnota et de san giao de beba, et de santa ougea de mazariquos et de santa marina de maroñas et de san cosmado dantes et de san mamede dar :::: et de santomé dos vaos et de san martiño de olueyra et de santo antonyo de baynas et de santa vaya donbria et de santa maria dospital de logrosa et de santa ougea de esere ::::: de ameneeda et de san johan de lousame et de santa maria de rroo et de santa maria de sarantes o qual uso frooyto he conuen asaber todas rrendas et dereyturas que nos suyamos auer nos ditos lugares et fiigresias por rrazon de patrimonio ou de compras, ou de gaanças et de señorio non prendo? pedido et ficando con vosa? ::::: todauia o señorio e propiedade et amin adita doña Sancha auedes de dar uos o dito señor arçibispo et uosos subcesores en toda miña bida cinquo mill morauedis en cada hun año et asignarme lugar eño mayordomadgo de noya onde os aja et depois de miña morte auedes de pagar por espaço de seis anos os ditos cinquo mill morauedis en cada hun dos ditos años aaquellas personas et aly hu eu ordenar en meu testamento et postrimeyra voontade et ajo de teer de uos et de uosos subcesores en toda miña vida ouso froyto de certos coutos et fygresias dos ditos bees et auer as rrendas et dereyturas que das ditas fygresias et coutos et lugares perteescen et a uos perteesçian de auer et tener por rrazon delles segundo que de suso he declarado eñas outras fiigresias de que dades ovso froyto a frey paayo et aio de teer en toda miña vida o lugar de fiinsterra con seu couto de duyo et con toda sua jurisdiçon et senorio et fazendo me enbargo o cabidoo dourees ou outro algun sobre lo vso froyto et posison del que vos odito senor arçibispo et vosos subçesores me defendades con o dito vso froyto et posison do dito lugar et teença et usso por vosa custa et vencendo o dito cabidoo et rremouendome da dita posison que uos traballedes por auer o dito lugar por concanbeo et cobrandoo por concambeo ou por outra qualquer maneyra que eu que o tena en mina bida segundo dito he et non no podendo uos cobrar ou uosos subçesores queme dedes et paguedes tres mill morauedis en cada hun año por en toda miña bida por rrazon dos ditos lugares et couto des aquel dia que eu da teença for remouuda et auedes de pagar os ditos cento. et seteenta et cinquo veces mill morauedis ao dito señor rrey ou ao dito endeantado ou aaquel que os ouuer dauer por el Por los quaes morauedis sobreditos uos o dito señor arçibispo auedes de obligar auos et avosos bees et da uossa messa para os pagar ena maneyra sobredita et de nos quitar a saluo et sen perda et sen dapño do dito sehor rrey et do dito pero rryz sarmento et doutras quaes quer demandas ou demanda en quanto tange aa vosa iglesia et aa vosa justiça et aos moesteyros et villas et lugares do voso arçibispado et fazendo nos uos adita obligaçon nos uos outorgamos por entregos et ben pagos dos ditos morauedis et demays uos o dito señor arçibispo ou uosos subçesores auedes nos de dar deste dia ata huun año conprido primeyro seguente confirmaçon de noso señor opapa clemente ou de seu sucesor por que confirma et ha por firme este dito contrauto et as obligaçoes que nos fazedes et auedes de fazer por las ditas contias de morauedis que nos auedes de pagar en cada huun año et por los ditos vso froyto et manteemento et por que pon sentença descomoyon en todos aquelles que contra este coutrauto veeren et demais auedes de fazer que se obligue o dito cabidoo. et sua messa asy como fiadores et principaes pagadores por las ditas contias de morauedis que nos auedes de pagar en cada huun año et por los ditos vso froyto et manteemento et nos non seian contraditos nen enbargados enos ditos tenpos et auedes uos et os procuradores dos ditos dayan et cabidoo jurar aos santos auangeos de nunca yrdes contra este contrauto por uos nen por outros. et que o gardedes uos et vosos subçesores segundo se en el conten et se os bees et cousas sobreditas mays valen que esta contia sobredita Nos de bon coraçon et de boa voontade fazemos pura doaçon inter biuos daquello que mais uallen ou poderian ualler auos o dito señor arçibispo et aa mesa arçibispal et rrenunciamos a toda excepçon et allegaçon ley et dereyto canonico ou ceuil que por uos podesemos alegar para en contrario desto que dito he que o non aleguemos et alegandoo que nos non ualla nen uos posamos delo aproveytar en alguun tenpo que seia por nos nen por outro Et todo dereyto et auçon et señorio et posison et propiedade que nos auemos et poderiamos auer enos ditos bees de nos et de nosa voz o tiramos et partimos et en uos et en vosos subçesores opoemos et traspasamos por esta presente carta que façades delles et en elles toda uosa voontade asy como de uossa cousa propia et mandamos aos castelleyros de peña fiel et de broono et de bimianço que tenan as ditas fortelezas por uos et por vosos subçesores asy como cousa propria as quaes eu odito frey paayo ia outra vegada et por outros rrecados mandey entregar auos odito señor arçibispo Et Nos odito señor arçibispo por nos et en nome da dita nosa iglesia et de nosos subçesores con consintimento dos ditos procuradores do dito cabidoo que son presentes et outorgantes asy consentimos ena dita venda que nos fazedes et outorgades a dita conpra que nos fazemos dos ditos bees et de cada huus deles et obligamos anos et atodos nosos bees et da mesa de pagar por uos os ditos frey paayo mariño et doña sancha os ditos çento et seteenta et cinquo vezes mill morauedis a o dito señor rrey ou ao dito pero sarmento ou a outro qualquer que os aia de auer et deuos quitar a todo tenpo ssen perda et sen dapño da dita deueda et da obligaçon dos ditos morauedis et rreleuamos auos et a toda vosa voz de todo dapño et peligro que uos rrequeceria ou rrequecer poderia por rrazon da dita deueda et sobre nos et sobre nosos bees et da nosa mesa os tomamos et obligamos o dito frey paayo para pagar uos os ditos quinçe mill morauedis sobreditos en cada huun año eno dito tenpo segundo dito he as rrendas que nos auemos et auer deuemos porlo altar de santiago A qual rrenda agora de nos ten arrendada johan rrodriguez dandamo afonso sanchez e johan miguellez seus parceyros ena dita rrenda Et queremos et outorgamos que uos seiades prouidamente pago dos ditos quinze mill morauedis en cada ano de todo aquello que aanosa parte veer ante que nos nen outro seia Et que uos paguen en cada huun ano os ditos rrendeyros ou outros que por nos colleren as rrendas do dito altar os dez mill morauedis por san iohan et os cinquo mill morauedis por nauidade et esa meesma paga outorgamos et queremos que se faça por nos et por nosos subcesores depois de vosa morte en cada huun dos ditos quatro anos segundo que de suso he declarado aaquelles que uos leixardes ordenado en uoso inuentario et postromeyra voontade et non avondando as rrendas do dito altar para pagar os ditos quinze mill morauedis en cada huun dos ditos anos et obligamos nos et os bees da nosa mesa para comprimento de todo aquelo que falescer da dita paga Et demais queremos et outorgamos por nos et por nosos subcesores que tenades et aiades en toda vosa bida o vso froyto et as rrendas et dereituras dos ditos dez e noue lugares et fiigrisias de suso declaradas et nomeadas. |
[+] |
1385 |
VIM 60/ 155 |
Et eu, Affonso Deus, coengo et notario publico da Iglesia de Mendonnedo, dado por la actoridade ordinaria, a todo esto que dito he, con las ditas testemoyas, presente fuy et este testimoyo, por outro na minna presença, fis escripuir et en el puge meu nome et meu signal, que tal he, en testimoyo de uerdade, a pedimento do dito Ruy Lopes, coengo rendeyro sobredito. |
[+] |
1404 |
CDMACM 132/ 224 |
Sabam quantos esta carta de sentença virem commo ante min Ruy Lopes arçidiago d -Asumara et vigario geeral do bispo de Mondonedo por lo moyto horrado padre et sennor don Aluaro por la graça de Deus et de santa Iglesia de Roma bispo de Mondonedo oydor enna audiençia de nosso sennor el rey visto hun pleito et contenda que ante mi foy tratado entre Diego Peres thesoureiro da iglesia de Mondonedo et Afonso Fernandes de Villaoalle coengo da dita iglesia et rendeyros do prestamo d -Oyram por lo cabidoo da iglesia de Mondonedo et Pedro Alonso et Juan Eanes et Afonso Lopes et Diego Eanes et Juan d -Outeiro et Juan Lopes Caluo et Juan Peres de Traslorrio et Afonso Eanes d -Outeiro et Juan Eanes fillo de Juan de Çerdido por lo dito seu padre moradores et prouadores enno dito prestamo da outra parte dizendo os ditos Diego Peres et Afonso Fernandes rendeiros do dito prestamo que os ditos moradores do dito lugar que lles non querian pagar nen pagauan as rendas et foros et loytosas et ousios et uozes et sennorio et outras cousas que deuian en cada hun anno ao prestameiro do dito lugar nen vsar con eles commo vsaran senpre con os outros prestameiros que foran ante deles enno dito prestamo ata aqui et que me pedian que lles (fesese) de les dar et pagar et os contregese para elo por juyso de santa iglesia. |
[+] |
1404 |
CDMACM 132/ 224 |
Et eu fige pregunta aos sobreditos moradores et prouadores de dito prestamo que dizian et eles diseron que por quanto o dito Afonso Fernandes era rendeyro agora nouamente auia seis ou sete annos que el fora clerigo et rector cureiro do dito lugar d -Oyram et era pasado avia espaço de quarenta annos et mays que o poynan en sua uerdade et juramento aos santos Euangeos que disese e declarase a quales cousas et cada huna delas que senpre vira pagar aos moradores de dito lugar aos prestameiros que teueran o dito prestamo en cada hun anno por rendas et foros et uozes et ousios et sennorio et commo os con eles viran vsar et que eles asy estauan prestes para o pagar et vsar con eles daqui endeante et que pedian a mi o dito bigario que asy julgase et mandase por minna sentença. |
[+] |
1412 |
GBIM 2/ 238 |
Sabam cantos esta carta viren como nos Don Gil por la gracia de Deus et da Santa Iglesia de Roma obispo de Mondoñedo, veendo as petiçoes e querellas que nos foron dadas por parte dos lavradores, vesiños desta nosa cibdade de Vilamayor et eso mismo dos lavradores das feigresias desta nosa iglesia cathedral de Vilamayor en como as primenças que elles pagavan a nos e ao noso moordomo do noso orro creceran en tanto as medidas que montavan moito mays que o que soyan montar por culpa e malicia dos rrendeyros asy de nossos antecessores como nosos do qual somos certificados por omees dignos de fe en como asi cresceron as ditas medidas e veendo nos en como a terra desta dita freguesia desta dita nosa Iglesia se desprovaba e yan morar e provar algun dos ditos lavradores ao señorio do abade de Vilanova e a outras freigresias cercanas desta dita nosa iglesia e outrosy que alguns dos ditos lavradores que por lo grande cargo das ditas primenças non querian lavrar para non teer boys para non seren obrigados a pagar as ditas primenças. |
[+] |
1414 |
HGPg 42/ 103 |
Item dos annos de que foy rendeyro da meſſa obiſpal de Lugo teño carta de pago en caſa do archidiago de Sarrea en Valladolid. |
[+] |
1414 |
HGPg 42/ 103 |
Et ſon pagos os amjſtradores et rendeyros et outras perſõnas do dito cabidoo et ficaron a deuer çertas quantias de mrs. ſegundo que eſtá enno meu libro eſcripto per Ares Pereσ, notario, que ficaron por pagar ao chantre de Santiago et a outros dous ou tres benefiçiados çertas quantias de mrs. |
[+] |
1414 |
HGPg 42/ 103 |
Et deſte anno demãden aos rrendeyros et aaqueles que deuen çertas quantias de moneda, ſegundo que acharan perlo dito libro, et ſatiſfaçan aaqueles que nõ ſon pagos. |
[+] |
1434 |
CDMACM 151/ 260 |
Nos don Pedro por la graça de Deus et da santa Iglesia de Roma obispo de Mondonnedo attento et çircunspecto en commo o noso dean et cabildo et mesa capitular da nosa iglesia catedral da çibdade de Vilamayor he pobre et que ben de leue as personas et benefiçiados dela segundo sua deçençia et estado se non poden sustentar por o defecto das rendas dela segun(?) see catedral et por quanto agora nouamente pura et sinplemente Juan Ramos canonigo enna dita nosa iglesia et prestameyro que foy dos prestamos coonzibles vulgarmente chamados a meatade sen cura de toda a iglesia de San Pedro d -Argomoso et o padroadego de toda a iglesia de Santa Maria de Bian sitos enno dito noso obispado ha en nosas maos renunçiado et renunçiou os ditos seus prestamos con todos seus anexos et connexos froytos et rendas et outras quaesquer eclesiasticas dereituras a eles et a qualquer deles perteesçentes en fauor dos ditos noso dean et cabildo et mesa capitular et non alias por ende nos considerando o de suso relatado et desejando que afectuosamente nos seja aumentado et acreçentado o cultu diuinal ofiçio et a dita nosa iglesia seja uberius acresçentada et seruida por la presente anexamos et in perpetuum vnimos aos ditos dean et cabildo et mesa capitular da dita nosa iglesia os ditos prestamos con todos seus anexos et connexos et jurdiçon spiritual et tenporal ad jure patronatus et outras queaesquer eclesiasticas dereituras a eles et a qualquer deles perteesçentes et mandamos que os leuen et possuyan et ajan perpetuamente daqui adeante eles et seus subçessores et aos clerigos et fligueses et tributarios deles et de qualquer deles que lles recudan ben et conplidamente a eles ou a seu çerto rendeyro con todos seus anexos et connexos et juridiçon tenporal et sipiritual et outras quaesquer eclesiasticas dereituras a eles et a qual quer deles parteesçentes de aqui endeante et a sus subçessores et guardar et tennan suas sentençias et mandamentos et coutos juridiços licitos et honestos por eles postos segundo que millor et mays conplidamente recodiron et os gardaron ao dito Juan Ramos et aos outros prestameiros que deles foron o qual todo lles mandarmos conplir guardar sub pena d -escomoyon amoestandoos para ello en estes presentes escriptos trina canonica monicione premissa. Et porque seja çerto et valedeyro para senpre mandamos delo dar este instromento segundo suso vay relatado firmado de noso nomme et signado do signo et subscripçon de Pedro de Horozco canonigo et notario que foy feyto et outorgado dentro ennos nosos paaços da dita nosa çibdade de Vilamayor viinte et tres dias do mes de febreyro anno do naçemento de noso Sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et triinta et quatro annos. |
[+] |
1437 |
CDMACM 182c/ 342 |
Anno do nasçemento del nuestro sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et trinta et sete annos dies et nove dias do mes de agosto dentro enna iglesia catredal da çibdad de Villamayor por mi notario et tistigos juso escriptos ho sennor don Pedro obispo de Mondonedo çelebrando signado con toda su clerysia et presentes Pedro Marinno dean et Nunno Rodrigues arçediano de Trasancos et Diego Aluares et Gonçaluo Peres Alfonso Gonçales Juan Enrriques et Roy Gonçales et outros canonigos benefiçiados da dita iglesia et cabildo et don Pedro abade de Vilanoba et Ferrnand Dourado prior de San Martinno et ho prior de Pedroso et os outros priores et cleresia do dito obispado con seu conçello et acordo ordenou por constituyçion valedeyra para senpre et mandou que se tena et guarde de aqui adelante entendendo que era serbiçio de Deus et augmento do culto debino e vtilidade dos rectores de todas las iglesias de todo seu obispado que todos los clerigos rebtores de suas iglesias ajan et leben para senpre toda ha oferta das outras partes dos benefiçios et iglesias de que eles son ou foren rebtores et que asy vnya et aneixaba a dita oferta toda a qualquer rebtor et cura de sua iglesia de aqui adiante et as ditas curas et rebtorias et que mandaba et logo mando ao dito dean et arçedianos et personas de su iglesia et a quaesquer outros que poderio ouberen de colar venefiçios et iglesias enno dito obispado con cura que quando os taes tytolos et colaçioes feseren de aqui adelante que ponnan em ela et fagan poer que os cureiros rebtores das ditas iglesias que leven et ajan para sy toda ha oferta que vier a cada vna iglesia ou benefiçio mandando aos feigreses que lle recudan con ela et a quaesquer outros colledores et rendeyros so pena d -escomoyon. |
[+] |
1440 |
OMOM 256/ 395 |
Por ende, eu dou ao dito foro por isento da dita alcauala et dou por liure et quito dela ao dito frey Gonçaluo et aos ditos Lopo de Valinno et Juan Fremoso da dita alcauala do dito foro et da dos ditos triinta rios; et por mina sença defenitiua apromiçio todo asy et mando ao dito Afonso Yannes que de aqui en deante et a qual quer outro rendeyro que for do dito valle de Vilamor, sub couto de triinta soldos, que lles non demande mays a dita tal acaualla. |
[+] |
1473 |
GBIM 7/ 252 |
Eu Alfonso Vasques de Cabarcos merino ena dita cibdade de Vilamayor por meu senor Pero Pardo et seu lugarthenente, visto e examinado un proceso de pleito que ante miin pende por virtud de hua comision dada porlo dito Senor Pero Pardo entre partes conven a saber de la hua parte autores demandantes Alvaro García de Luarca Bachiller en decretos e Diego de Mondoñedo por sy e como arrendadores o dito Diego de Mondoñedo da renda de thesoreria e el dicho Bachiller por sy da rrenda Dembroa e de la outra parte defendente Pero Martines Alfayate como rrendeyro de la renda de los montes por el señor obispo de Mondoñedo. |
[+] |
1473 |
LTP [1]/ 4 |
Et asy escriviremos en el as forças dos foros et cartas que agora a o presente os foreyros et rendeyros teen con o dito mosteyro et conosco; et outrosy escriviremos en el o treslado do Rotello Vello en que se contem a soma dos casares et herdades et iglesias que a este mosteyro perteeçen et en aquel tenpo perteçian et do que rendian; et outrosy encorporaremos o traslado de un Tonbo en que reconta os casares deste mosteyro e iglesias et dos dineyros das directuras et serviços que a o tenpo en eles avia et rendian a o dito mosteyro, et mays algunnas cousas que en o dito thesouro do dito mosteyro acharemos que virimos seer necessario et prol et onra et bem desta casa da Virgeen Maria, porque quede por memoria a os que depoys de nosos dias dieren reger et governar a dita casa, et saber o que lles pode render et a donde et en quaes lugares o am de recadar. |
[+] |
1473 |
VFD 88/ 149 |
Et asy escripuiremos en él as forças dos foros et cartas que agora ao presente os foreyros et rendeyros teen con dito mosteyro et conosco. |
[+] |