1455 |
VFD 293/ 314 |
En este día e por estas testemuyas, o dito prouisor deu querella ao dito juis de Gonçalluo Rodrigues, disendo que o señor don frey Pedro de Silua avía feito moyto mal e dano a moytos vesiños e moradores desta dita çidade, et tomado moi do seu et lleuado grandes requezas dos vesiños da dita çidade, eno qual diso que avía mal dito do señor obispo, disendo que o dito señor obispo sendo seu señor e señor da çidade, que meresçía de pagar a enjuria ao dito señor obispo, a qual diso que non era verdade, que o dito señor obispo tal fesese nen avya feyto, que o daua todo por querella et que o prendese et que protestaua de lle seer demandada a dita ynjuria, a qual diso que estaua a duas mill dobras, que protestaua de lle ser demandadas en seu tenpo et lugar etc, et que o daría por escripto etc. |
[+] |