1457 |
VFD 51/ 68 |
Ena çibdade de Ourense, ena Orta do Conçello da dita çibdade, des dyas do mes de juyo, ano do nasçemento do noso Señor Ihu Xpo de mill e quatroçentos e çinquenta e sete anos, estando y presentes en conçello por pregón deytado por la dita çibdade, segundo que ho han de uso e de costume, Vasco Gomes, Afonso Enrriques, alcalldes da dita çibdade, Martiño do Cabo, Johán Cortido, Gonçaluo Peres de Requeixo, regidores da dita çibdade, Gomes de Mugares, procurador geeral do dito conçello, Nuno de Ousende, Diego de Paços, Rodrigo Gonçalues de Baçeiredo, Fernand Vasques, Gonçaluo Rodrigues, Gomes de Remoyn, Afonso Fernandes, Johán de Meijonfrío, Gomes Afonso, Johán de Aluán, Rodrigo Ares, Ares de Prado, Aluaro de San Pedro, maestre Afonso, Aluaro Syndrán, mercadores, Gonçaluo Vasques, Rodrigo Broollo, Diego das Cortes, Johán Fernandes, Roy, barbeiro, Garçía Rodrigues, Gomes Picas, Diego de Cameyja, Afonso Peres, mestre Fernando, Fernando Mantena, Roy Besteyro, Johán Francés, Afonso Fageben, Gomes Fernandes, Afonso Fol, barbeiros, Johán de Soajo, Fernando Lopes, Aluaro, carniçeiro, Johán de Caldellas, Johán d ' Estar, Gonçaluo de Sárrea, Afonso Ares, aparellador, Diego Fernandes, maestre Afonso, Johán d ' Aluán, Afonso de Barral, Afonso, barbeiro, Estebo de Quintelle, mestre Johán, Gonçaluo de Monterroso, Rodrigo Lopes do Rigueiro, Ares de Monterroso o moço, Payo Macho, Johán de San Johán, Rodrigo da Proua, vesiños e moradores ena dita çidade, e parte de outros moytos vesiños et moradores ena dita çidade, en presença de min o notario e testigos de juso escriptos, logo os ditos alcalldes, rejedores et procurador et omes boos da dita çidade diseron que por rasón que o señor obispo d ' Ourense non quería vyr con elles á pas e concordia at amorío, nen quisera outorgar enas capytollos que por parte do dito conçello lle foran envyados por parte do señor Pero Aluares, et dera por resposta que non quería outorgar en elles saluo enos segurar dos autos e agráueos et errores pasados, et que eso lles quería dar seguridade e outros non, e que lle desen suas fortalesas et donde esto non quisesen que os quería demandar por justiçia, por ende, que elles todos en huun acordo que prometían et outorgauan de se ajudar e de segyr seus dereitos contra o dito señor obispo e asy ende que o dito señor obispo contra eles quisese demandar como en outros quaes quer que o dito conçello quisese demandar ao dito señor obispo, asy por ante noso señor El Rey, como seus alcalldes, juises e oydores, como por antre outras quaes quer justiças e trautar e procurar sobre todos e quaer quer pleytos por suas costas e mynsoes et defender sobre elo seu juiso et seren todos en elo. |
[+] |
1458 |
VFD 424/ 435 |
Ano de LVIII, a XXI dias de agosto, en Ourense, Afonso de Melide et Fernán Garçía, carpenteiros, se obrigaron non reuocando os fiadores et obrigaçón que tiñan feita por la barqua, ante avendo por firme de dar feita et acabada a barqua á que estauan obrigados, segundo que por carta estaua, e de a dar feita ata dia de Sant Oufémea primeira que ven, posta e apostada de todo ponto, boa e merchante a vista de mesteráas, so as penas de dosentos frollíins, a que estauan obrigados, pera o qual o dito Afonso de Melide deu por fiador a Roy Broollo et o dito Fernán Garçía poso preso en cadea á seu fillo Afonso, fasta que dese fiadores da çidade de o conprir asy etc. |
[+] |