1457 |
SVP 182/ 257 |
Todo dereito, boz e abçon e senorio que eu teño e ajo a biña do Outeiro con seys castineiros en o Val d ' Amande, e con o terreo que jaz en o Val d ' Amande, todo con suas entradas e seydas, con condiçon que vos a dita Eynes de San Pedro e vosas bozes paguedes de cada anno ao moesteiro de san Viçenço de Poonbeiro, cuyos os ditos bẽẽs son todos, seus foros e dereitos segundo eu soo obrigado, e labredes e reparedes ben en maneira que eu por elo non sea acusado, e des aqui enbante vos dou poderio para que posades entrar e tomar todos los ditos bẽẽs e façer deles e en eles toda vosa voontade, asy como de vosa cousa propia, con as ditas condiçoos; e outorgo que por yra nen por saña nen merencoria que de uos aja, nen por outra razon alguna aynda que vos a dita Eynes de San Pedro, miña sobriña, sejades contra min jurguita e desconoscida en alguno daqueles casos contuydo en dereyto, por que se as donaçõẽs poden reuocar e dar por ninguas; as quaes dereitos e leys eu logo reboco expresamente e renunçoas e douas por nengunas; e a todas las outras leys e dereitos escriptos e non escriptos, canonicos e çebiis, que eu nen outro por min non posa poer, nen alegar, nen me ajudar deles en alguno tenpo nen por alguna maneira; e se o feser ou outro por min quero e outorgo que me non valla, nen seja sobre elo oydo, nen reçebido en juiso nen fora del, e que vos perca e pague por nome de pena çen marauedis de moneda vella e a vos del Rey outros tantos; a qual dita pena pagada ou non esta carta seja firme e valla en seu revor. |
[+] |