1455 |
VFD 287/ 308 |
Ano Domini M.o CCCCLV, a IX dias do mes de juyo, en Ourense, enas casas de Johán Gonçalues de Deça, arçediano de Baroncelle ena iglesia d ' Ourense, estando y presente o dito arçediano, logo o dito arçediano tomou testemuyo que por quanto agora este dito dia e a esta ora, que eran oras de nónoa, de çima da iglesia de San Martiño lle tiraran con tres seetas, de çima da iglesia, sen él faser mal nen dano a persona algua; que estimaua a dita desonrra a quiñentas dobras, das quaes saetas logo mostrou hua que sía chantada eno taboado do balcón das ditas casas, et duas, que quebraran, que deran enos portás das pedras das ditas casas etc, et que o pedía asy sinado. |
[+] |
1455 |
VFD 299/ 319 |
Ano Domini M.o CCCCLV, XV dias do mes de setenbro, ena çibdade d ' Ourense, enas casas de morada de Johán Gonçalues de Deça, arçedia de Baroncelle ena igllesia d ' Ourense, estando hy presentes o dito arçediano, Afonso Yans da Lagea, Luys Gonçalues, Martín do Cabo, Johán Cortido, regedores, Diego Dias, procurador do dito conçello, Nuno d ' Ousende, Gomes de Mugares, Diego de Valboa, Diego de Paaços e parte de outros vesiños e moradores ena dita çibdade, outrosy estando hy presente Pero Lopes da Barreira, veziño e morador ena dita çibdade, logo o dito Diego Diaz presentou ao dito Pero Lopes en nome do dito conçello, juis e regedores, hun escripto e capítolos e pleito e menagen que o dito Pero Lopes fezera a Gonçaluo Télez de Vega, prouisor do señor obispo d ' Ourense, e Vaasco Gomes e Afonso Yans da Lagea, enos quaes capítolos se contiña que o dito Pero Lopes tebese o curral e paaços do dito señor obispo e todos los que hy esteuesen esteuesen á sua ordenança e que ningua persona dos que hy están e estebesen non errasen en ninhua maneira que fose aos veziños da dita çibdade de dito nen de feito, e errando ou pasando contra os ditos capítolos, que o dito Pero Lopes á todo seu poderío entregase o dito mal feytor aos juizes da dita çibdade pera que fezesen dél justiça, et eso mesmo o dito Vaasco Gomes e Afonso Yans fezeron pleito e menageen que o dito Pero Lopes non reçebese mal nen dano, nen morte nen ligón nen outra sinrrasón algua dos vesiños da dita çibdade nen outro desegesado alguún contra a dita fortoleza do dito curral, e eso meesmo o dito prouisor fezo outro tal pleito e menageen que das fortolezas de igllesia d ' Ourense e do castelo Ramiro non veese perda nen dano nen mal aos vesiños da dita çibdade, segundo que se mays conpridamente contiña enos ditos capítolos, e sobre elo feseron mays conpridamente pleito e menageen, os quaes liudos e prouicados ao dito Pero Lopes diso que por quanto o dito prouisor avía quebrantados e agora dos ditos paaços e torres do dito curral o dia donte puxaran pedras e apedrearon aos vesiños da dita çibdade e feriran a alguas personas e puxaran seetas e fora sobre elo sacado peresquisa, por la qual era púbrico e notorio que deytaran as ditas pedras e figeran o dito malefiçio Ruy de Caldellas e Gonçaluo de Ceboliño, por ende que lle requerían que conprise e agardase o dito pleito e menageen que avía feito e conprise os ditos capítolos, senón que protestaua que fose caydo e encorrido eno dito pleito e menageen que avía feito e enas penas en tal caso estableçidas e fose tiudo e obrigado a todo mal e dano e perda e mortes e ligoes que sobre elo recreçese, e que o pedía asy signado. |
[+] |
1455 |
VFD 301/ 322 |
Ano de LV, sábado á noyte, que eran viinte dias do dito mes de setenbro, aas noue horas da noyte, foy conbatido por força de armas os paaços et curral do bispo d ' Ourense et a hua ora, sobre médea noyte, foy entrado a poder de armas et non foy ende nehuún ome morto, saluo foron feridos dos do conçello ata noue ou des personas et dos do curral tres o quatro de seetadas, et en outro dia, o domingo, combateron a torre bella con Roy de Caldellas et con Johán de Canba et outro omee et puxaron de çima da torre hun canto e deu en hua perna Afonso da Proua et morreu dela. |
[+] |
1458 |
VFD 320/ 337 |
Logo o dito Ares do Olmo dyso que daua e deu querella ao dito procurador de tres omens que vyvan con Gonçaluo da Ueiga, prouysor, que estauan con él eno castelo Ramyro, que auyan nome ---, que andando él ena sua vyña de Pedras Estradas, oje, este dia, por la mañán, e tragendo hua sua besta a pacer ena dita vyña, que seyron do dito castello os ditos tres omens e aderençaran a él por lo matar, dentro na dita vyña, e hun deles le puxara hua seta por lo matar, e quando vyra a balesta armada, que fogira por la vyña e foron pus él por llo matar, et de feyto o mataran con a dita seeta, senón Deus que o quyso gardar, e como le remesaran a dita seta, que le remesaran hua pedra e que le deran con ela ena caueça, a qual firyda logo él mostrou ó dito procurador, e como le puxaran a dita seta, e le deran a dita pedrada, que aderençaran a él por lo matar e le deran soyto firydas na capa por le dar por lo corpo e que le deran outra firyda por lo onbro e que le cortaron a saya e o gibón e a camysa e chegaran fasta o coyro, as quaes coyteladas ende mostrou en hua capa cortada das ditas firydas e a dita firyda do dito onbro, e, se non fora por Deus, que o quyseran gardar, e se defendera e les fogira, que o mataran, e que o daua asy por queyxa e por querela a dito procurador e ao dito conçello e rejedores, que seendo trégoa posta ontre eles e o dito provysor, afalsamente o quyseran asy matar, protestando etc. |
[+] |
1458 |
VFD 322/ 339 |
Ena cidade d ' Ourense, viinte e dous días do mes de mayo do dito ano, ena çidade d ' Ourense, ena praça do Canpo, estando y presente Nuno d ' Ousende, procurador do conçello da dita çidade, logo o dito Nuno d ' Ousende presentou por min o dito notario esta carta de seguro firmada de nome de Gonçaluo da Beiga, prouisor do obispado d ' Ourense, por la qual paresçía que daua liçencia a todos las personas, vesiños da dita çidade, que quisesen yr a boda de Johán Bollueiro, a San Cibrao, et que non caesen por elo en pena algua, et eso meesmo aseguraua a todas las personas vesiños da dita çidade, que quisesen yr á dita boda do dito Johán Bolueiro, que fora o dia donte, et que os asegura de yda e viinda et estada et tornada,gardando elles a trégoa que estaua posta, et a qual dita carta eu o dito notario teño, a qual presentada et liuda, diso que por rasón que Johán Patiño et outros moytos vesiños da dita çidade e Pero Lopes da Barreira et Diego de Codeiro et Lopo Sanches foran á dita boda, a San Cibraao, et estando en ela mansos et seguros et non fasendo nen disendo mal a pesona algua, por que mal deuesen reçeber, que omes dos coutos do bispo et de Barbadáas aderançaran a elles con suas armas e balestas e lanças et escudos et espadas por los matar et lles lançaran moytas saetas, et de feito mataran ou feriran moytos delles, se non fora por que Deus que os quiso gardar et por moytas boas donas et escudeiros et boas personas que os defenderon et partiron e estreeçeron que os non matasen, saluo que feriran Aluaro Gomes de Çebolliño de hua seetada, et que o daua todo por queixa et querella et que protestaua de o queixar et querellar a noso señor El Rey et ao señor Conde de Lemos et donde seu dereito fose et de mays que se sobre elo recreçese outros malles et danos, por rasón da seguridade que dela et a non teuera, que él et seus bees fosen a ello tiundos etc., et que o pedía asy sinado etc. |
[+] |