1441 |
VFD 123/ 130 |
Ano sobre dito, XX VI días do mes de febreyro, en Ourense, eno cabídoo da iglesia de San Martiño, presentes ende meestre Fernando e Meendo de Seabra, juises, Loys Gonçalues, Alvaro Afonso, Gomes Peres, Afonso Yans, regedores, e Garçían de Cobreyros, procurador geeral do dito conçello, logo todos hordenaron, aalende das outras hordenanças, esto que se sigue: primeiramente, en rasón do ofiçio da çapataria, que hordenavan que os çapateyros que desen os çapatos a estes preçios que seguen: os çapatos sobre solados e tacoados pera omes grandes, por VIII mrs; dos çapatos sengelos, çinco mrs; das sobre solas con seus tacóos pera çapatos sengelos, tres mrs; dos çapatos tacoados e sobre solados, pera moços de XV anos ata XX anos, VII mrs; de çapatos sengelos pera os ditos moços, IIII mrs V diñeiros; çapatos de menor ydade de VIII anos ata XII dobrados e sobre solados, V mrs medio; dos moços de VIII anos abayxo, sengelos, III mrs, et dobrados, IIII mrs; de çapatos de mulleres, X mrs; çapatos de cordován, quer con fivelas ou sen elas et encabeçaduras de botas con prego ou sen él, VI mrs. |
[+] |
1452 |
VFD 139/ 146 |
Iten, que dían os çapatos sobre sollados et tacoados pera omes grandes e molleres, ben coseytos e apostados, dose mrs vellos, et os sengellos a oyto mrs, et eso se entenda tanbén á moços e moças grandes de viinte anos arriba, asy aos de fora como da çidade. |
[+] |