1296 |
HGPg 111b/ 205 |
Conoſcam todos quantos eſta carta virẽ que eu Eluira Eanes, enſenbra cõ meu marido Pedro Martins, dito Feo, de Bayona, el preſente τ outorgante, cõ toda mjña uoσ a uos, Viçẽte Peres de Tuy, τ a uoſſa moller, Eluira Martins, τ a toda uoſſa uoσ vendo τ para ſenpre outorgo aquel meu logar de Ffafiáés τ caſas τ quintáás τ vinas, herdades τ herdamẽtos τ chãtados τ deueſas τ aieytos τ rriſíj́os τ muyños τ ſſeſſegas de muyños τ cõ todas ſuas pertééças que eu ey τ deuo auer de dereyto τ a mj̃ ficou de parte de meu padre Johan da Veyga, clerigo que foy de Santa Vaya, enna flíj́giſia de Santa Maria de Tebra τ enna flíj́giſia de San Saluador dj de Tebra a monte τ a ffonte u quer que y via uos for τ quanto eu τ eſſe meu marido y auemos aſſy de conpra commo de gáánadio en eſſas flíj́giſias τ en Ffafiães; damos a uos todo iſto que a uos uẽdemos por preço que a nos τ a uos aplougue, cõuẽ a ſſaber, oyto çẽtas libras de dinejrus alffonſiis da guerra de que nos outorgamos que ſſomos moy bẽ pagados; aiades uos τ uoſſa uoσ eſtas couſas ſobreditas que a uos uẽdemos τ puſſuadellas des aqui en deante de iur τ de poder ata que o mũdo ſeia eſtauil; mays, ſſe alguẽ uéér aſſy da noſſa parte commo da eſtrayña que contra eſto quiſſer uíj́r a cõronper ſeia maldito τ quanto demãdar tanto a uos dubre τ ao ſſeñor da terra por pea peyte mill mor. τ ſua demãda nõ ualla τ a carta fique firme τ eſtauil τ en ſua rreuor τ deuemos uos anparar uos cõ eſto que uos uendemos ſenpre de toda cóóma τ de todo enbargo per quanto auemos τ deuemos a auer aſy moble commo rayσ. |
[+] |
1310 |
HGPg 34/ 86 |
Et eu Clemẽte Yanes, ſobredito dou a uoſ don abbade τ conuento τ a uoſſo moeſteyro por ſempre iur herdeyro en cõcambia por eſte herdamento que me dades, conuẽ a ſſaber, toda a uiña do Outeyro cõ ſeu lagar τ cõ ſua caſa τ ſeſſego que iaz en Çeleyro de Muriñãos que foy de miña madre τ de meuſ auóós, a qual uiña eſſa miña madre a mj̃ mandou en ſeu teſtamento τ que he miña ſen outro yrmao τ yrmáá que aia commo ſe departe da herdade do moeſteyro en çima τ ſe departe d ' outro terreo meu τ de meus yrmaos τ perlo camiño que uay para a ponte de Muriñãos τ commo uem ferir ena herdade que ten Pedro Rodriguez de Çeleyro τ ſua yrmaydade aſſy commo eſtá ſarrada cõllo lagar, heyra τ caſa τ cõ ſua ſayda τ entrada. |
[+] |
1317 |
ROT 43/ 391 |
Sabban todos quantos esta carta viren que eu Lorenço perez cavaleyro de Cerveyra con mina moller Tareyga Ffernandez esa presente e outorgante por nos e por toda nossa voz vendemos logo e para todo sempre outorgamos Avos dom Pero abbade do moesteyro de Santa Maria doya e ao convento desse logar e a toda avoz do dito moesteyro aquella herdade que ha iazença en casal de ffafia commo esta circundada commo parte pello caminho publico que ven du morou Iohan Bourro pera cernadello e commo parte pella vinha de Domingo esquilla e sseus yrmanos e ven ffirir ao portal du morou Affonso Bourro e parte pella ffonte per huse van ao aral de Pero garcia e parte do outro lado cum ffillos de Ffernan eanes de casal de Ffafia cun todas entradas e ssaydas e cun todas suas pertenças e a ssessega da casa que y dentro esta en ella cun toda a pedra que y iaz aqual herdade e ssessega don Iohan ffernandez de Limya e ssua moller dona Maria conpraron de Pero da passareyra e de sua moller Mayor Ffernandez a a qual herdade e ssesega cun a pedra que y iaz cun suas pertenças a min dito Lourenço perez deron a dita donna Maria e herees conpridores do dito Iohan ffernandez en preço de dous mill moravedis e dozentos que me deviam de minha soldada do Castello de Tebra que delles tive aqual nos avos vendemos como dito he por preço que nos cunvusco aveemos conven assaber dozentas libras devos reçebemos e avemos en nosos jur e en nosso poder. |
[+] |
1323 |
CDMO 1440/ 58 |
Item mando o meu quinon da casa de Castrelo et o sessego que y ey et o meu quinon da seara a moesteyro d ' Osseyra por tal condiçon que non possan aliear o moesteyro con [. . . ] nen seus fillos, nen con seus netos et se o fezerem que o percam. |
[+] |
1343 |
CDMACM 94/ 142 |
(Et as ditas procuraçoes leudas nos los sobreditos Fernan Fernandes et Aras Peres coengos et procuradores sobreditos por nos et en nomme et en uos dos ditos sennor obispo et deam et cabidoo da dita iglesia de Mendonnedo et por lo poder das ditas procuraçoes da huna parte et nos o conçello do Burgo de Ribadeu seendo juntados por pregon con nosso juys et con nossos alcaydes et procurador segundo que o auemos de huso et de costume por nos et por nossos vesinnos da outra parte sobre rason de vinnas casas foros et plaças et chantados et possessoes et esquilmos et rendas deles que jasen enna dita villa do Burgo de Ribadeu et en seu termino que Johan Rodrigues de Medina vendeu por cartas de nosso sennor el Rey a hommes boos da dita villa de Ribadeu por quatro mill et oytocentos mor. por rason dos regaengos que o dito sennor Rey demandou ao bispo que era a sason et ao dito deam et cabidoo da dita iglesia et do entredito que sobresta rason foy posto et da custa et danpno que sobresta rason recreçeu nos os sobreditos fasemos entre nos tal auenença et conpostura et paramento para en senpre de nossa boa vontade sin outra premia alguna por nos et por los sobreditos et por nosas uoses et daquelles en cuio lugar o fasemos et por lo dito poder conuen a saber que nos o dito conçello de Ribadeu et Garcia Aluares Afonso Peres de Nauia et Garcia Peres Marnoto et fillos et herdeyros de Martin Fernandes et de Fernan Peres Marnoto et de Ruy Peres d -Oue conpradores dos ditos herdamentos et bees sobreditos por partirmos contenda et escandalo et custas et por amor de auer pas et amor et concordia et asessego con los ditos sennor obispo et deam et cabidoo et iglesia de Mendonnedo et seguyr con eles o boo deuedo que senpre ouuemos et auemos et a rogo do dito sennor bispo dimitimos et desenbargamos doy dia que esta carta he feyta endeante todas las vinnas et casas et chantados et foros et possessoes et esquilmos et rendas deles que a nos os sobreditos Garcia Aluares et Afonso Peres de Nauia et Garcia Peres Marnoto et a fillos et herdeyros dos ditos Fernan Peres Marnoto et Martin Fernandes et Ruy Peres foron vendidos por lo dito Johan Rodrigues et por cartas do dito sennor el Rey por dita rason segunt dito he saluo a plaça sobredita do canpo con seu herdamento que ias entre a porta da dita villa de Ribadeu et o moesteyro de Sant Francisco deste lugar.) |
[+] |
1420 |
SVP 98/ 156 |
Conven a saber que vos aforamos todas las heredades e propriedades que [ ] do dito noso moesteiro de patrimonio de seu padre e de sua nana e de seus anteçesores [...en] san Tome do Freixo e en todos seus terminos, todas con suas entradas e seydas, jures e per[teenças a montes e] a fontes per uquer que vaan sub o signo da dita freyguesia, a tal pleito e condiçon que as lauredes [e paredes ben en tal] maneira que se non percan ende os nobos e proes delas per mingoa de labor e de võõ paramento; e se [per venture en as] ditas herdades esta algun sessego de casas que vos que as façades e reparedes ben e que as labredes, e diades por todo esto que sobredito he en paz e en saluo seys libras de dineiros que façan cada huna liura [... sol]dos ou a contia deles en a moneda que correr chããmente en no regno de Galiza, os quaes seran pagos cada hun anno en paz e en saluo dentro en no dito noso moesteiro por dia de san Viçenço de janeyro, e seredes senpre en ben e en onrra do dito noso mosteiro e prior e conuento del; e non venderedes nen doaredes nen supinoraredes o dito foro nen parte del sem liçença do dito mosteiro; e seredes vasalos...etc. |
[+] |