1420 |
DMSBC 18/ 61 |
Sabean todos que eu, Tareija Gomes, moller de Bernal d ' Eanes do Camjno, cãbeador, que presente he e me dá liçençia e outorgamẽto pera o adeante contiúdo, por mj̃ e por toda mj̃a voz, outorgo e conosco, perla mellor maneyra que poso e deuo, que dou puramẽte en doaçón jnrreuocáuel, así como doaçõ mellor pode seer e de dereito máis valler, d ' oje este día endeante pera senpre, ẽno amor de Deus e porlas almas de meus padre e madre, Gomes Garçía e María Afonso, que Deus perdoe, e de aqueles a que sõo tiúdo, a vós, Johán Fernandes, capelán da capela de San Bieito desta çidade de Santiago, e aos outros capelãas vosos suçesores, que despois de vós forẽ da dita capela, hũu terço entregamẽte dos dous terços do sotõo de aquela casa en que vós, o dito capelã, agora morades, que están acerqua da dita capela, da qual casa os sobrados dela e o outro terço do dito sotõo son da dita capela, e os outros dous terços do dito sotõo son de Eluira Garçía, mj̃a yrmãa, filla dos ditos meus padre e madre, e de María Garçía, neta dos sobreditos meus padre e madre, o qual dito terço dos ditos dous terços do dito sotõo a mj̃ perteeçe por parte e herança dos ditos meus padre e madre, ou por outra qualquer rrazõ. |
[+] |
1420 |
DMSBC 18/ 62 |
E que o cardeal e cardeaes de Santiago que forẽ da dita capela posan costrenger aos taes capelãas que cunpran e agarden esto que dito he, pera o qual (os) lles dou meu poder conprido, sobre lo qual encargo súas conçiençias; e nõ querendo os ditos capelán e capelãas dizer e cãtar e fazer dizer e cantar a dita mjsa e rresponso de cada ano, como dito he, quando e cada que o çesarẽ de faser quero e outorgo que o dito terço dos ditos dous terços do dito sotõo que se torne pera senpre aa mjna tronquidade e a mjñas vozes que despois de mj̃ vieren e desçenderẽ, e todo jur e senorío, posisón, propiadade, voz, dereito e auçón que eu ey e podería auer ẽno dito terço dos ditos dous terços do dito sotõo da dita casa de mj̃ e de mjna vos o tiro e quito e en vós, o dito capelán e en vosos suçesores capelães que despois de vos soçederẽ ẽna dita capela, o pono e traspaso pera senpre per esta presente carta cõ as ditas condiçoes, con a qual dita doaçõ vos prometo de anparar e defender e fazer de paz a todo tenpo per mĩ e per meus bẽes, que pera elo obligo, e douvos poder que posades entrar e rreçeber o jur e posisón delo per vosa autoridade pera que d ' aquí endeante vós e vosos suçesores façades delo e de parte delo toda vosa livre voontade sen meu enbargo e de mjña voz e doutro algũu e per esta carta e con ela vos dou a dita posisón e vos apodero en ela, e prometo e outorgo de teer e conprir tódaslas cousas en esta carta contiúdas e de nõ rreuocar esta doaçón per algũa maneyra per mj̃ nẽ per outro en juízo nẽ fóra del, nẽ procurẽ que se rreuoque, e de nõ yr contra elo per juramẽto que ende faço sobre signal de crus en lugar de Santos Avangeos, e so pena de mjll morauidís de moeda vella, que pague eu ou mjña voz a vós ou a vosos suçesores, se contra elo veer, e a pena pagada ou nõ pagada [toda]vía, esta doaçón e as cousas en ela contiúdas fiquen firmes e vallan pera senpre. |
[+] |
1420 |
DMSBC 18/ 63 |
Despois desto, vijnte días do mes de janeyro do ano do naçemento de noso señor Ihesu Cristo de mjll e quatroçẽtos e vijnte e hũu anos, o sobredito Johán Ferrnandes, capelán, per ante mj̃, notario infraescripto, per vertude desta carta entrou e rreçebeu o jur e posisón da dita parte do dito sotõo, a qual posisón entrou paçificamẽte e sen enbargo algũo. |
[+] |
1425 |
DMSBC 19/ 64 |
Sabean todos que eu, Eluira Garçía, moller que foy de Rroý Fernandes Mõtesiño, filla legítima e herdeira que sõo de Gomes Garçía do Campo, aparrellador, e de súa moller María Afonso, que forõ, morador que sõo ẽna rrúa do Vilar da çidade de Santiago, por quanto eu sõo persona liure e quita e posso fazer de mĩ e de meus bẽes o que quiser e me Deus der de graça, por ende, por mj̃ e por todas mj̃as uozes e herdeyros, nõ constronguda per força nẽ decebuda per engano, mais de mj̃a propia e livre voontade, sem outra prenea e constrengemento algũu, dou e outorgo em pura e perpetua doaçõ pera todo senpre, así como doaçõ mellor pode e deue seer feita de dereito e máis valer ontre uiuos, a uós, Johán Fernandes, capellã da capella de Sã Bieito da dita çidade, que presente sodes, e a tódoslos outros capellanes, vossos sucçessores que despois de uos forẽ rrectores e capelãas da dita capela de San Bieito pera sempre, a terça parte entregamente da meatade de todo o sotõo das casas que están ẽna rúa [do Vilar] da dita çidade, ẽnas quaes casas e sotoo delas vós o dito capelã morades, ẽno sobrado delas, e a qual outra meatade do dito sotoo he vossa e dos capelãas da dita capella, e os quaes outros dous terços da dita meatade do dito sotõo perteecẽ e sõ de mj̃a irmãa Thareiga Gomes, moller de Bernal d ' Eanes do Camjño, e de mjña sobrina María Garçía, moller de Gonçalvo Abril, filla que foy de mj̃a irmãa Costãça Gomes, cõ todas súas perteẽças e dereituras, e entradas e portas e seídas, que uos todo vsades e morades, teendes e pesuydes, que perteeçẽ e perteeçam, devẽ ao dito terço da dita meatade do dito sotõo, así de dentro como do fóra e en alto como en baixo e en ancho como en longo, e o qual dito terço da dita meatade do dito sotõo me a mj̃ perteeça e perteeçer deue porla lij́dima herãça e successõ os ditos meus padre e madre, Gomes Garçía do Campo e María Affonso, a que Deus dé santo peraíso, e por cada hũu deles, e por outra qualquer rrazón; e o qual dito terço da dita meatade do dito sotõo dou a uos, o dito capelã, e a tódoslos outros capellãas vosos succesores que depois de uós veerem aa dita capella, pera que o ajã e leuẽ e pesuýã per si ou per outros. |
[+] |
1425 |
DMSBC 19/ 65 |
E esta dita doaçõ uos faço a uós e aos ditos capelãas, vosos sucçesores, porlo amor de Deus e porque me praz e he mj̃a uoontade e por tal que uos e os outros capellãas que ueerẽ depois de uos que rroguẽ e seiã tiúdos e obliguados do rrogar a Deus porla mj̃a alma e dos sobreditos meus padre e madre e dos que gaanarõ o dito sotõo e de aquelles a que eu e eles eramos e somos tiúdos do rrogar a Deus por eles. |
[+] |
1425 |
DMSBC 19/ 65 |
E prometo e outorgo de nõ rreuocar nẽ variar esta dita doaçõ nẽ dar a outra persona algũa per mãda nẽ per codiçillo nẽ per testamẽto nẽ em mj̃a vida e soúde nẽ ao tempo de meu finamẽto, nẽ a rreuocar nẽ procurar em nẽgũa maneyra que se rreuoque nũca en algũu tenpo nẽ por algũa maneyra, e todo jur e senorío e dominio utile e direito, posisõ, propiadade, uoz auçõ e dereito e demãda que eu ey e me perteesçe e poderíã auer ẽna dita terça parte da dita meatade do dito sotõo, que uos así dou, segundo dito he, de mj̃ e de toda mj̃a voz o tiro, quito e perco e en vos, o dito capellã, e en vossos sucçesores capellãas que forẽ da dita capella, o rremouo e traspaso per esta presente carta do doaçom pera sempre, e prometo e outorgo de uos fazer são e de paz a todo tenpo a dita parte do dito sotõo sub obligaçõ de meus bẽes, que pera elo obligo; e d ' aquj́ endeante façades uós e tódoslos outros capellãas que veereẽ despois toda vosa liure voõtade da dita parte do dito sotõo, así como de uossa cousa propia. |
[+] |
1425 |
DMSBC 19/ 66 |
E douuos poder que per vós ou per quẽ uós quiserdes posades entrar, rreçeber o jur e possissõ da dita parte da dita meatade do dito sotõo sem pera elo auer carta e mãdado de alcalde ou do juíz, e se aconteçer que eu d ' aquí endeante teuer e pessuir per mj̃ ou per outro a dita parte do dito sotõo e possissón del, que uos así dou ẽna dita doaçom, conosco e outorgo que a teño e teerey e pesuirey por uós, o dito capellã, en nome da dita capella e de uossa mão e possissõ, que me outorgo e constituyo seer pesuidora per uós e en vosso nome, e que uos leixarey e desembargarey a dita parte do dito sotõo e posisõ del quando e cada que uos e os outros capelãas, uossos sucçesores, quiserdes e por bem teuerdes; e prometo e outorgo de teer, conprir e aguardar tódaslas cousas en esta carta contiúdas e de nõ yr nẽ vijr contra esto que dito he, nẽ contra as cousas aquí contiúdas, nẽ contra parte delas, per mj̃ nẽ per o outro por mj̃ nẽ en meu nome en juízo nẽ fóra del, per juramento que ende faço aos Santos Auãgeos corporalmente cõ mjñas mãas tanguidas, em presença do notario e testemoyas de iuso scriptas, e sub pena de quinẽtos morauidís de moeda uella, que uos peite por pena a uós e aos outros capellãas, se eu ou mj̃a voz contra elo ueer en parte ou en todo, e a pena pagada ou nõ pagada todavía este jnstromento de doaçõ e as cousas en el contiúdas fique firme e valla pera sempre. |
[+] |
1425 |
DMSBC 19/ 66 |
E eu, o dito Johã Fernandes, capellã de Sam Bjeito, por mj̃ e em nome dos outros capelãas, que veerẽ depois de mj̃ aa dita capella, pera mĩ e pera eles así rreçebo a dita doaçõ segundo dito he, e quito e outorgo que eu e os outros capellãas que veerẽ aa dita capella seiamos tiúdos de rogar a Deus porla alma de uós, a dita Eluira Garçía, e dos ditos vossos padre e madre e de cada hũu deles, por razom da dita doaçõ que así fagades da dita parte do dito sotõo, como dito he. |
[+] |
1429 |
DMSBC 20/ 68 |
Sabean todos que eu, Gonçaluo Abril, mercador, veziño e morador ẽna çidade de Santiago, outorgo e conosco que por rrazõ que María Garçía, mj̃a moller que foy, filla legítima e herdeyra de Martín Fagũdes, mercador, e de súa moller, Costança Gomes, e neta de Gomes Garçía do Canpo, aparellador, e de súa moller, María Afonso, que forõ, porlo amor de Deus e porla súa alma, e dos ditos seus padre e madre e avós, dou en doaçõ a vós, Johán Ferrnandes, capelã da capela de San Bieyto da çidade de Santiago, que presente sodes, e aos outros capelãas que despoys de vós vierem e soçederem ẽna dita capela pera todo senpre, a terça parte entregamẽte dos dous terços do sotõo das casas que están ẽna rrúa de San Bieyto da dita çidade, en que vós morades, que lle pertesçíã por parte dos ditos seus padre e madre e avoós, cõ tal condiçõ que uós, o dito capellã, e vosos subçesores, diseredes en cada hũu ano, porla súa alma e dos ditos seus padre e madre e avoós, tres misas de rrequiem rrezadas. |
[+] |
1429 |
DMSBC 20/ 68 |
Por ende eu, por conprir o bõo propósito e desejo que a dita mj̃a moller ouuo a dita capela e obra de piedade que en elo fezo, por mj̃ e por todas mj̃as vozes e da dita mj̃a moller desenbargo a vós, o dito Johán Ferrnandes, capellã, e a todos vosos subçesores, que despoys de vós subçederẽ ẽna dita capela, a dita terça parte entregamẽte dos ditos dous terços do dito sotõo, pera que d ' aquí endeante, sen meu ẽbargo e das ditas mj̃as vozes e da dita mĩa moller, o ajades e pesuýades e leuedes as rrendas e alugeyros del e façades del vós e os ditos vosos subçesores toda vosa voontade, como fazedes das outras posisões que forõ e son dadas aa dita capela e a vós en seu nome, e pera que per el e perlas rrendas del digades en cada hũu ano, porlas ditas almas da dita mj̃a moller e dos ditos seus padre e madre e avoós, vós e os ditos vosos subçesores, pera todo senpre, as ditas tres misas de rrequiem; e todo jur, señorío, propiedade, vos, dereito e abçõ, que eu e as ditas mj̃as vozes e da dita mj̃a moller avemos e nos pertesçe en esto que uos ela dou de mj̃ e delas, o tiro e tollo e en vós e vosos subçesores o traspaso e poño per esta presente carta pera senpre; e prometo que eu e as ditas mj̃as vozes e da dita mj̃a moller nõ venamos cõtra elo nẽ contra parte delo, so obligaçõ de meus bẽes que pera elo obligo, e so pena de mjll morauidís que uos peytemos por pena, se contra elo viéremos ou pasáremos, en parte ou en todo, e a pena pagada ou nõ pagada todavía este contrabto de desenbargo fique firme e valla como dito he. |
[+] |
1433 |
MNP 26/ 41 |
Sabean todos que eu Juan Fernandes Agulla, besiñó da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas voses, non costrengudo por força nen por enganno resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, vendo et firmemente outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Fernan Cerviño, mercador, visiño da dita villa, que sodes presente et a vosa moller Ynes Cervina, et a todas vosas vozes toda aquela mĩa casa, sotõo et sobrado, desimo a Deus, que esta ẽna Rua do Frumigeiro, fiigrisia de Santa Maria a Grande, a qual se ten por parede con outra bosa casa que de min conprastes, da hũa parte, et da outra parte se ten por parede con aa orta de ynes Alvares, moller de Pero Ares d ' Aldãa, et vay topar en outro meu eixido et sal con portas aa dita Rua, et a qual a min perteesçe por meus padre et madre et avoos et por outra qualquer rason que me perteesça de aver et herdar de dereito. |
[+] |
1433 |
MNP 28/ 43 |
Sabean todos que eu Juan Fernandes Agulla, visiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas vozes non costrengudo por força nen por enganno resçebido, mais de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Rui Gonçalves, mariñeiro, visiño da dita villa, que sodes presente et a bosa moller Tareija Lourença et a todas vosas vozes a mĩa casa, sotõo et sobrado, disimo a Deus, con sua orta et eixido que esta ẽna Rua do Frumigeiro da dita villa, figresia de Santa Maria a Grande. |
[+] |
1433 |
MNP 28/ 44 |
Os quaes ditos mill maravedis da dita moeda, eu de vos resçeby en presença deste notario et ts., et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade, et renunçio a toda exenxon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et se o diser que me non valla, et se mais val a dita casa con seu eixido et orta, que vos asi vendo, que esto que dito he, que me asi por ela dades, toda esa mayosia que mas bal vos dou et outorgo en pura, justa et sãa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mais valer ontre bivos, et todo jur, senorio, posison, propiadade, voz, dereiro et auçon et question que eu et aver devo ẽna dita casa sotõo et sobrado con sua orta et eixido, de min et de todas mĩas vozes o tiro et tollo et en vos o dito Ruy Gonçalves et vosa moller et vosas voses o ponno et traspaso et removo por esta presente carta de venda que vos ende delo dou et outorgo en lugar de senorio et posison corporal, et quero et outorgo que desde oje este dia endeante posades entrar et resçebir por bosa propia abtoridade esto que dito he que vos asi vendo, et faser delo et en elo vos et a dita bosa moller et vosas vozes toda a vosa livre voontade como de vosa cousa propia sen meu enbargo et de todas mĩas vozes, et prometo et outorgo de bos defender et anparar con esto que dito he que vos vendo de todo embargo por min et por todos meus bẽes que vos a elo obligo et so pena do doblo de dita contia,que outorgo que vos peite por pena se o asi no tever, conprir et contra elo vier. |
[+] |
1433 |
MNP 33/ 50 |
Sabean todos que eu Pero Cruu, o vello, jurado da villa de Pontevedra, heree et conpridor que soo das mandas de Juan Esteves, notario que foi, et de sua moller Tareija Crua cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas voses, non costringido por força nen por enganno resçebido, mas de mia livre et propia voontade et para conprir as ditas mandas dos ditos Juan Esteves et Tareija Crua, sua moller que foi, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade por todo senpre, a vos Juan de Viveiro, mariñeiro, visiño da dita villa de Pontebedra, que sodes presente, et a vosa moller Johana de Viveiro et todas bosas vozes et suas toda aquela casa, sotõo et sobrado, que foi dos ditos Juan Esteves et de sua moller, que esta ẽna Rua Grande, figresia de Santa Maria a Grande da dita villa, a qual casa se ten por cume con outra casa do mosteiro de San Salvador de Leres que del ten aforada Ares Garçia de Rajoo, et da outra parte se teen por parede con outras casas que foron de Gonçalvo Cruu, o moço, que agora ten et usa Tareija Nunes, sua moller que foi, et vay entestar o outon da dita casa ao forno que foi do conçello,que agora he de Alvares Lopes, et sal con portas et fiestras aa dita Rua Grande, et ẽna qual casa o mosteiro de Santa Clara da par da dita villa ha quinse maravedis de moeda vella contando a branqua en tres dineiros cada un ano para senpre, et vendo a dita casa con seu tarreo et pedra, tella, ferro, madeira, et de ancho et de longo et de baixo et de alto et con todas seus jures, agoas vertentes, entradas et seydas et perteenças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, por contia de mill et seysçentos maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros et con mas o dito cargo dos ditos quinse maravedis que, en cada vn ano para todo senpre, avedes de pagar o dito mosteiro de Santa Clara, que asi ha de penson et foro ẽna dita casa, os quaes ditos mill et seisçentos maravedis da dita moeda, eu de vos resçeby en presença deste notario et ts., et de que me outorgo por entrego et pago et renunçio etc. |
[+] |
1433 |
MNP 47/ 66 |
Sabean todos que eu Juan Fernandes de Bertola, escudeiro de Fernando Yanes de Soutomaior, que soo presente et que faço por min et por todas mias vozes, non costregudo por força nen por engaño resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, quero et outorgo que por quanto mĩa yrmãa Ynes Afonso, moller que foy de Fernando Gil, cuja alma Deus aja, bendo firmemente et outorgo por jur de herdade, para todo senpre, a vos Pero Gonçalves, prateiro, besiño da villa de Pontebedra, que sodes presente, et a vosa moller Tareija Lopes, et todas bosas boses, as casas, sotõo et sobrado que estan et son sitas ẽna Rua do Rego, friguesia de San Bertolameu da dita billa, as quaes estan ontre las casas vosas et de Martin Diego Curugeira, por çerta contia de maravedis que de vos resçebeo, et eu embargara et tiiña embargadas as ditas casas disendo que me eran obligadas, et eso mesmo todoslos bẽes de Ynes Afonso, mĩa yrmãa et do dito Fernando Gil, por quanto foran et eran meus tutores et me non abian dado conta de meus bẽes nen tiiña de min nuçon et outros que me pertesçeian de aver de dereito, por lo qual outorgamosvos et eu aa tal aviinça et conperaçon, que vos que me ovestes a dar viinte frolins d ' ouro do cuño de Aragon et eu que vos desenbargase as ditas casas que ratificase et consentise a dita benda asi a vos feita et demas que me obligase a vos quitar do dito Fernan Gil que ainda que el ou outro por el viese a demandar as ditas casas que eu que touvese a vos et auçon por vos, en maneira que vos quitase et librase a vos et a bosas bozes et bẽes del a pas et a salvo para senpre, ou vos tornase os ditos biinte frolins, et outrosi que remitise en vos et ẽna dita bosa moller todos dereito, vos et auçon que asi avia aas ditas casas en qualquer maneira; por ende, eu o dito Juan Fernandes, que asi faço por min et por mias vozes, por la mellor maneira et forma que poso et devo con dereito me demito das ditas casas et de todo jur, dereito, vos et auçon que a elas aja et podera et poso aver en qualquer maneira por qualquer razon et o poño et traspaso en vos, o dito Pero Gonçalves et ẽna dita bosa moller et vosas vozes para senpre, et consinto et outorgo et ey por firme, rato, grato, a dita benda que vos asi delas et de parte delas fezo et outorgo a dita mia yrmãa, por quanto me vos destes et pagastes et eu de vos resçebi os ditos viinte frorins d ' ouro dos quaes me eu outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade, por quanto pasaron et son ja en meu jur et poder ben et conplidamente, et renunçio toda eixençon que nunca ende diga o contraio et se o diser que me non valla en juiço nen fora del, et demas quero et outorgo que, viindo o dito Fernan Gil et demandandovos ou enbargando por si ou por outro por el as ditas casas, que eu que tome a bos et auçon por vos por librar delo sen perda et dano ou que vos torne os ditos viinte froliins douro que asi agora de bos resçebo, et que eu nen mias vozes nen outro por vos que vos non molestemos nen enquietemos por rason da dita conpra das ditas casas, ante que o tenamos et conprimos et que o ajamos por senpre, como dito he, para o qual todo asi teer et conprir et aguardar obligo a elo a min mesmo et a todos meus bẽes movles et raises, et so pena de dous mill maravedis de boa moeda que outorgo de vos pagar de pena por nome de interese, eu ou mĩas bozes, se o asi non toveremos etc. et a pena etc. todavia etc. |
[+] |
1433 |
MNP 48/ 68 |
Sabean todos que eu, Juan de Pascoa, mareante, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas bozes, non costrengudo por força nen por engano resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, et por desenvargar mĩa conçiençia, quero et outorgo, que por quanto vos Sancha Nunes, mĩa moller, despois que vos et eu fumos casados reparamos et fezemos et levantamos çertas casas et herdades que a min perteesçen por meus avoos, as quaes asi levantamos et fesemos de dineiros propios de vos a dita Sancha Nunes, que a vos ficaron de voso padre et madre et avoos, por ende, eu, o dito Juan de Pascoa, quero et outorgo que vos, a dita Sancha Nunes et bosas vozes que ajades et posades aver et herdar por jur de herdade para senpre en satisfaçon do sobredito, a metade entregamente da casa sotõo et sobrado, dizimo a Deus, que esta ẽna Rua do Verron en medio das casas de Juan Domingues, o bello et de Juan Domingues, o moço, seu yrmão, con todas suas perteensças et dereituras; a qual dita metade de cada nos asi dou en doaçon ou en dote ou por outra qualquer via que bos de dereito poso et devo dar, para que o asi ajades et posades aver et herdar, en satisfaçon do dito reparamento que asi comigo fezestes ẽnas ditas mĩas casas et herdades que a min perteesçen et son mĩas de parte de meus avoos, et quero et outorgo que des oje este dito dia endeante façades ẽna dita metade de casas toda vosa livre voontade como de vosa causa propia, sen meu enbargo et de mĩas vozes, et prometo et outorgo que eu nen mĩas vozes despos min non bos benamos nen pasemos contra esto que dito he en ninhũu tenpo que seja, aa boa fe de Deus et sen maao engano, et por min et por meus bẽes et seus que vos a elo obligo, so pena de dous mill maravedis de boa moeda que outorgo que eu et mĩas mozes vos pagemos por pena et en nome de interese, se o asi non tovermos, conpriemos et contra elo viermos. |
[+] |
1433 |
MNP 50/ 70 |
Sabean todos que eu, Juan de Pascoa, mareante, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et en nome de Pero Oleiro, mercador, besiño da villa de Bayona de Miñor, do qual dito Pero Oleiro eu ey poder sufiçiente para fazer et outorgar esto aqui adeante contiudo por carta de poder feita et outorgada por el por ante este notario ajuso scripto, et por mĩas bozes et suas, bendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Gonçalvo Fernandes, mercador, besiño da dita villa, que sodes presente, et a vosa moller Maria Afonso et a todas vosas vozes, a quarta parte entregamente das casas, sotõo et sobrado, que estan ẽna Rua do Barral, figresia de Santa Maria a Grande da dita villa, as quaes casas van de longo por parede da hũa parte con casas de Vicente Ribeira, mariñeiro, et eso mismo van de longo da outra parte por parede con casas que foron de Maria de Mena et de Domingo Ramos, seu marido, que agora son de Pero de Santo Anton, et vay entestar o outon delas aa Rua do Frumigueiro da dita villa, et saaen con portas et fiestras aa dita Rua do Barral, et das quaes casas Juan de Sevimal ha hũu quarto, et Mayor Afonso, sua yrmãa, outro quarto, et Iohan Peres hũu oytavo et Juan Oleiro et Afonso Oleiro outro oytavo, o qual dito quarto de casas perteesçe ao dito Pero Oleiro, de que eu asi ey poder, por seus padre et madre et aboos et por outra qualquer rason que lle pertesca. |
[+] |
1446 |
DMSBC 26/ 83 |
E por ende, cõsiderando o dito prol da dita capela e lume e obra dela, outorgamos e conosçemos por nós e porlo lume e obra da dita capela e flijgeses dela que aforamos e damos em aforamento a vós, o dito Juã Ares, que sodes presente, que aforades por vós e en nome de vosa moller, Mayor Garçía, d ' oje endiante perlo tenpo de vosa vida e da dita vosa moller e de cada hũu de vos, e por máys tenpo aalén de o finamento do postromeyro de vos en súa vida ou ao tenpo de seu finamento, e máys aalén de a dita vos por tenpo de vijnte e noue anos primeyros segintes, conuẽ a saber, que vos aforamos outra quarta parte entregamẽte das ditas casas, cõ seus sotõos e sobrados e súas cámaras e entradas, perteesças e dereituras, ẽno alto e baixo e d ' ancho e de longo, e cõ seu portal, en tal maneyra que cõ esta quarta parte que vos agora aforamos e cõ outra quarta parte que em vós he traspasada, segundo que dito he e que vos rretificamos, seja a meatade entregamente das ditas casas cõ súas dereituras. |
[+] |
1450 |
DMSBC 27/ 86 |
Sabeã quantos este público jnstromento viren commo eu, Juã Ferrnandes Durán, canbeador, vesino e morador ẽna çidade de Santiago, de mjna propia e libre voontade, sen outra premja e costrengemẽto algũu, tácite e expresamẽte rrenũçio en maos de vós, Gonçaluo Ferrnandes, capelã da capela de San Vieyto desta çidade de Santiago, que presente sodes, conuén aa saber a hũu jnstromẽto de aforamẽto que vós, o dito Gonçaluo Ferrnandes, perante o notario jnfraescripto a mj̃ e a mjña moller, Sancha Rrodriges, cuja alma Deus aja, fesestes e avedes e feito de aquelas casas, sotõos e sobrados cõ súas bodegas e entradas e saýdas que son sitas ẽna rrúa do Canpo, cõ a meadade do sotõo das ditas casas que están ẽna dita rrúa, as quaes ditas casas perteesçen aa rreuctoría da dita capela de San Bieyto, e as quaes ditas casas se teen per parede, da hũa parte cõ as casas en que agora mora Vasco Rrodriges de Vea, e da outra parte se tẽen per parede cõ outra casa que foy de Gonçaluo Torto, mercador, e de súa moller Tareia Gonçalves, pera que d ' oje este dito día endeante vós, o dito Gonçaluo Ferrnandes, capelán, en nome da dita vosa capelanj́a, façades das ditas casas toda vosa libre e conprida voõtade sen meu enbargo e do tal aforamẽto, ou as aforedes a quen vós quiserdes e por ben teuerdes. |
[+] |
1455 |
DMSBC 30/ 99 |
E logo abreu a porta da dita casa e poso dentro ao dito lumjnario, a qual casa con seu sotõo e sobrado entesta de hũa parte cõ casa que foy de Juã Garçía, onrrado canbeador, e da outra parte cõ casa do lume da capela de Santa Marj́a do Camj̃o. |
[+] |
1457 |
DMSBC 35/ 112 |
E eu, a dita Ynés Fernandes, con a dita liçençia, outorgo e conosco que por mjn e por meus herdeyros e soçesores e de mjña propia e libre voontade e sen premja e sen costrengemento algũo, acatando en como o dito Juã de Vilazide, meu týo, despoys que foy ẽna vida presente fasta o día de seu pasamento senpre foy morador ẽna colaçón e frijgés da capela de San Bieito, do qual dito Juã de Vilazide ficou hũa casa, sotõo e sobrado, que está ẽna rrúa de don Abril Ares, ẽna qual casa morou Goterre Gomes do Pẽe, en que agora mora Pero Sarela, pedreiro, da qual casa o dito Juã de Vilazide mandou a meatade aos clérigos do coro da iglleia de Santiago e a outra meatade ficou aos seus herdeyros, da qual meatade a mj̃ perteesçe porla dita herança vn terço, que faz vn sesto entregamente de toda a dita casa, dou e outorgo en pura e justa doaçón pera senpre, como doaçõ mellor pode seer dada e de dereito mellor pode valer ontre vjuos, ao lume e obra da dita capela de San Bieyto, cõuén a saber o dito sesto entregamente de tódaslas ditas casas de juso limjtadas, cõ seus sotõos e sobrados, cámaras e portaas, de alto e baixo e de longo e ancho, e con tódaslas outras súas dereituras que han e lles perteesçe de dereito e de feito e de vso e de costume. |
[+] |
1457 |
DMSBC 36/ 114 |
Por virtude do qual dito poder nós, os sobreditos quatro procuradores em hũu acordo, avendo nosa deliberaçõ e enformaçõ e sãao consello proueytoso aa dita capelanj́a, e veendo e consyderando en como o dito Fernã Afonso e súa moller erã criados do dito Johán de Vjlasjde, testador, e en como o dito Johán de Vjlasjde en seus días senpre foy en onrra e ajuda desta dita capela, e por ende avendo de se faser aforamẽto da dita meatade de casas, está en rrasõ que se faça a seu sangre e criados, segundo que son os ditos Fernã Afonso e súa moller, e por virtude do dito poder a nós dado, outorgamos e cõnosçemos que aforamos e damos en aforamẽto a bós, o dito Fernã Afonso, çapateiro, que sodes presente, e aa dita vossa moller, Ynés Fernandes, d ' oje endeante por todo tenpo de vosas vjdas d ' anbos e de cada ũu de vós, asj́ que finãdose hũu que soçeda ẽno outro, e por máys tenpo aalén de dúas voses, hũa após a outra, e máis bijnte e noue anos, as quaes voses o postromeyro de vós deue nomear en súa vida ou ao tenpo de pasamẽto a primeyra vos, e esa primeyra vos deue nomear a segunda vos, e esa segunda vos que nomẽe a persona ou personas que soçedã ẽnos ditos vjinte e noue anos, conuén a saber a sobredita meatade de casas de suso declaradas e marcadas e deuysadas cõ todas súas dereituras, entradas e saýdas, de longo e ancho e baixo e alto, sotõos e sobrados e agoas correntes, andameos e serujdunbres que han e lles pertẽesçen de feito e de dereito, porlas quaes deuedes e auedes de dar e pagar aa dita capelanj́a de Santa María por pensõ e foro en cada hũu ano çen morauidís de mõeda vella branqua en tres dineyros, e de des dineyros por morauidí, que deuedes pagar en pas e en saluo por cada día de Nadal da naçẽça de Deus de cada ano, per vós e per vosos bẽes, e sen desconto deuedes susubyr quaesquer cargos que aja ẽna dita meatade de casas á dita capela de San Beeyto e outras quaesqer personas asý eccl[es]iásticas como seglares. |
[+] |
1457 |
DMSBC 38/ 119 |
Sabean quantos este contrabto vyrẽ que eu, Áluaro de San Giãao, mercador, vesjño e morador ẽna çibdade de Santiago, nõ costrangido per força nẽ endusjdo per engano, ante de mjña propia e libre voontade, dou e outorgo en pura e justa doaçón pera todo tenpo de senpre, según mellor poso e devo dar e pera todo tenpo de senpre pode valer ontre vyuos, aa capela de San Bieyto e ao lume e obra dela, conuén a saber a terça parte entregamente da meadade entregamente das casas que son ẽna rrúa que dizen de Abril Ares, ẽna qual casa morou Goterre Gomes, escripuano, e agora mora en elas Pedro de Sarela, pedreyro, con súas entradas e vistas, sotõos e sobrados, d ' [a]lto e baixo e ancho e longo, agoas correntes e vertentes e outras dereituras que as ditas casas han de dereito e de feyto, de vso e de custume. |
[+] |
1473 |
DMSBC 46/ 138 |
Sabean todos como nós, Álvaro de San Giãao, mercador, e Afonso Sanches, e Pero Barbeiro, procuradores da capela de San Bieyto da cibdade de Santiago e feligreses dela, por nós e en nome da dita capela e feligreses dela, veendo e entendẽdo que esto adeante contiúdo he feyto en prol e proueyto dos bẽes e posisõos da dita capela e avido çerca delo noso acordo e plenaria deliberaçõ cõ os feligreses da dita capela, e por seu mãdado e en nome dela, outorgamos e conosçemos que damos en çenso perpetuo d ' oje este día endeante pera todo senpre a vós, Rroý Garçía, pedreyro, que presente sodes, vezino e morador ẽna dita çibdade, e a vosa moller, Tareija Fernandes, absente ben asý e tan cũplidamente como se fose presente, e a todas vosas vozes e herdeiros in perpetuũ a casa que esta ẽna rrúa de Vilarente, trasla dita capela de Sant Bieito, en que agora mora María Bernaldes, filla de Vernaldo do Camjño, que se parte da hũa parte cõ casas en que mora Áluaro Froes e súa moller, que son da capela de Santa María do Camjño e que vós, o dito Rruý Garçía, e vosa moller tẽendes en çenso da dita María Bernaldes, e da outra parte cõ casas que forõ de Juã Gutérrez, honrrado canbiador, e sal con portas ẽna dita rrúa que ven da fonte de Baldomar e vay dereita pera a dita capela de San Bieyto, e cõ todos seus sotõos e sobrados e entradas e seýdas, segundo que as tẽ, mora e pesuye a dita María Bernaldes e as dou en doaçõ aa dita capela. |
[+] |