logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no Corpus Xelmírez poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Se desexa consultar a referencia e o contexto dun exemplo, calque no símbolo [+] na cela da dereita. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no Corpus Xelmírez, pode calcar aquí.
Está a procurar contextos do uso de suçi nos textos notariais do Corpus Xelmírez.

Número de contextos atopados: 7

1407 MERS 108/ 339 Sabean quantos esta carta viren como nos dom Gonçalvo Péres, abbade do moesteiro de Santo Estevo de Riba de Sil, con outorgamento do convento dese lugar, fazemos carta e damos a foro a vos Johan Vásques e a vosa moller María Fernándes, por en toda vosa vida de vos anbos e dous, e a finamento do pustrimeiro de vos a duas pesoas hua de pus outra suçivilmente que sejan fillos ou fillas, e non avendo fillos ou fillas que seja quen herdar os vosos bees de dereito, convén a saber, que vos aforamos o noso casar de San Romao, o qual tevo Pedro Martínes, e aynda vos ý aforamos mays a vos e as ditas persoaas e meatade das herdades de Lajeoso, con suas entradas e seydas e con todas suas perteenças segundo as ha e deve aver de dereito, que he todo su signo de San Romao de Sobradelo de Limia, a tal pleito e condiçón que o moredes e lavredes e paredes ben en tal maneira que non desfalescan por míngoa de lavor et de boo paramento, e nos deades ende de cada hun anno quarta de toda graa que Deus ý der e quinta do que britardes de monte, todo por noso moordomo ao qual avedes a dar de comer e de beber sen maliçia quando for coller os ditos novos, e por orto e por lino e por nabal e por todas las outras cousas que Deus ý der dardes de cada hun anno de renda e por dereitura hun boo touçino sen maliça e quatro mrs desta moeda usoal que ora corre que fazen des dineiros brancos o moravedi por dia de Natal, e dardes por loytosa e por partiçón quatro mrs da dita moeda de cada persoa. [+]
1407 MERS 111/ 341 Sabbean quantos esta carta viren como nos dom Gonçalvo Péres, abbade do moesteiro de Santo Estevo de Riba de Syl, con outorgamento do convento desse meesmo lugar, fazemos carta e damos a foro a vos Johan Domíngues alfayate de Sobradelo, fillo de Fernando Anes que foy, por en toda vosa vida e depoys de vossa morte a çinquo pessoas hua de pus outra suçivillmente que sejan vossos fillos ou fillas et non avendo fillos ou fillas que sejan [quen] herdar os vossos bees de dereito, convén a saber, que vos aforamos as cortinas de Lamelas, que non perteeçen a os outros casares de San Romao, e a leyra dAvelaayra, que jas açima da outra que aforou Lopo Péres e a Pedreyra da Caal e o leyro de Pereira que jas cabo outro de Gonçalvo Branco de Vilar, con as leyras do Carryll que jasen açima do camino como van et entestan ena cortina da Edreyra e con o cortello de Cortelas, e outro terreo que jas açima do vale de Lagoela, con a leyra de Bouçafría que jas açima do camino que vay para Vilar. [+]
1416 SVP 83/ 143 Saban quantos esta carta viren conmo eu Afonso Gonçales, prior do moesteiro de san Viçenço de Poonbeiro, con outorgamento do conuento dese meesmo lugar fasemos carta et damos a foro a vos Gonçaluo d ' Outeyro e a uos Afonso Gomes o moço et a tres pesoas, a cada hun de vos apus vosa morte, que seja senpre huna pesoa do dito foro suçiuilles que...etc., conuen a saber que vos aforamos hun pedaço da Seara, segundo que uos la eu marquey, a tal pleito...etc., que ponades de vina de boa chanter et dedes della cada anno que seia de vino en vosa vida de cada huun de vos, et as pesoas que veeren apus vos, que dian a terça do que Deus der. [+]
1493 MSMDFP 210/ 268 Sepan quantos esta carta de foro viren commo nos donna, María Lopeσ, abadesa do mosteiro de San Salvador de Ferrera, con outorgamento da priora et monjas et conbento do dito noso mosteiro, sendo todas juntas en noso cabydo per son de canpaa tangida segundo que o abemos de uso et de costume, aforamos a vos, Eynés Gonçalveσ, moradora en Manente, e a tres personas depús de vos suçisyblemente, convén a saber que bos aforo como dito he a seara do dito noso mosteiro que está ante a porta da iglesia de Manente; e amays vos aforamos a nosa leyra da Ponte Lygeyra, que jaσ en vraço con outra de Alvaro de Lovelle et vay topar na ponte, con súas entradas e saydas sub syno de San Mamede de Manente, a tal pleyto e condiçión que tenades todo ven labrado e reparado commo se non perga con mingua de favor e de boo paramento. [+]
1495 MSMDFP 212/ 270 Sepan quantos esta carta de foro vyren commo nos, dona María López, abbadesa do mosteiro de San Salbador de Ferreira, con houtorgamento da priora e monjas e convento do dito noso mosteiro, sendo todas juntas enoso cabyldo chamadas per son de canpãã tangyda, segund avemos de uso e de custume, aforamos a vos, Alonso López, criado de Vasco de Masyde, e a outras tres personas depús de vos que mays con dereito herdaren vosos vẽẽs suçisyvelemente, conbén a saver que bos aforamos commo dito he ho noso tarreo, que he do dito noso mosteiro, que jaz na cortiña de Masyde, que jaz sobre lo camiño que bay pera Deade, que jaz en vraço con otro de Vasco de Masyde e con outro de Pero da Vila do Mato, segund que nos lo demetió Fernando Gordo, asy vos lo aforamos con súas entradas e saydas por onde quer que ban e de dereito devan de yr sub syno de San Viçenço de Deade, a tal pleyto e condiçión que ho ponades de vyña noba en estes primeiros tres annos, e o reparades ven commo se non perca con mingua de labor e de võõ paramento, e que nos rendades en cada hun anno de renta e çenso e pensyón a nos e a nosas suçesoras quatro acunvres de võõ vyño puro sen agua, linpio de maãõ sabor, pago por San Martino de novenvro. [+]
1499 PSVD 199/ 492 Sepan quantos esta carta de aforamento biren como nos don Aluaro Basquez de Palaço, prior do mosterio conbentual de San Saluador de Bilar de Donas, que he da horden de Santiago de la Espada da horden da cabalaria, con outorgamento de Simon Rodrigues et de Fernand Afonso de Lamas et dos outros freyres et canonigos que connosco son iuntados en nosos cabido segun que abemos de custume, aforamos a bos Juan Basques de Maçeeda et a outras tres personas desde bos, huna qual bos nomeardes en bosa bida ou ao tenpo de boso finamento et a primeyra nomee a segunda et a segunda que nomee a terceyra et asy suçisibemente, huna en pos de outra, et non sendo por bos nomeadas como dicto he que seia bos et persona deste dicto foro aquel ou aquela que de dereyto herdar bosos benes ou a mayor parte deles, conben a saber, que bos aforamos et arrendamos como dicto he o noso lugar et casar de Sobre Riba, que o dicto noso mosteiro ha enna fregresia et sub signo de San Miguel de Maçeda, o qual todo bos aforamos et arrendamos como dicto he con suas entradas et saydas, a montes et a fontes, con tal pleyto et condiçon que tenays las casas do dicto lugar feytas et reparadas et moradas et as herdades ben labradas et todo en boon paramento et nos dedes de foro et renda cada un anno bos et as dictas bosas boses a nos et a nosos suçesores des çeramis de pan linpo de poo et da palla, midydos por lo çeramin dereito de Milide, pagos enno dicto lugar enno mes de agosto ou de setenbre; et as dictas bosas boses nos an de dar a nos et a nosos suçesores por cada dia de Trasfiguraçion un boon carneiro bello con un barril de bon byno posto enno dicto noso mosteyro; et do al que seiays basalos serbentes et obedientes bos et as dictas bosas boses a nos et a nosos suçesores; et non bendereys nen deytareys este dicto foro sen nosa liçençia et de nosos suçesores; et non pagando este dicto foro et renda en dous annos que seia baco, querendo nos; et cada persona como suçeder en este dicto foro que se benna presentar por bos deste dicto foro en termio de trinta dias, et non se presentando que en nos seia desenbargado ao dicto mosteyro. [+]
1528 SHIG Tui, 6/ 401 El quinto articulo es que al terçero dia resuçito. [+]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL