1349 |
VIM 47b/ 134 |
Et nos, o dito don Affonso, por la graçca de Deus, Obispo de Mendonnedo, por nos et por nossa Iglesia assy os reçebemos et outorgamos et prometemos a uos, o dito Conçello et alcaldes et juis et a todos los uossos vesinos et amos et caseyros que usedes connosco et con nossas justiças et moordomos et terreiros en estas nosas terras et ennas outras en que auemos [. . . ] assi commo mellor et mais conpridamente vsastes con los outros bispos que foron ante do bispo don Vaasco, a quen Deus perdone, et de cada hun deles, et que non paguen mays do que ante suyam pagar. |
[+] |
1377 |
FDUSC 244/ 250 |
Sabban quantos esta carta de doaçon viren conmo eu Garçia Prego de Montaos, escudeiro, con outorgamento de mia moller dona Mayor de Meira, que he presente et outorgante, et terreiros que somos en terra de Fragoso por noso sennor arçibispo de Santiago, et por por nos et em nome de nosos herdeiros, anbos juntamente en huun damos et outorgamos en firme doaçon asy et conmo mellor et mais conpridamente pode seer et de dereito mellor ualer ontre uiuos a Tareiga Aluares, filla de uos Fernan Gonçalues Falcon e de Costança Aluares, et afillada de min o dito Garçia Prego, * o dito Fernan Gonçalues, que presente sodes a dita doaçon por a dita uosa filla et por todos [seus] herdeiros que ela daqui endeante ouuer, conuen a saber que le damos et outorgamos aquel noso casal et lugar que disen da Fonte, que fui d ' Esteuo Mançadiño? et da dita sua moller, et o qual he enna filigrisia de san Pero de Sardoma, et enno qual dito casal nos os sobreditos Garçia Prego et a dita nosa moller avemos * por razon da dita terreiria da igleia de Santiago e arçobispo della huna colleita; et o dito casal, apos morte de Esteuo Mançadiño a nos ficou * damos et outorgamos des oje este dia endeante a a dita Tareiga Aluares e a todos seus herdeiros, segundo dito he, con todas suas herdaduras, casas, casares, con * que a este casal perteeçen et de dereito perteesçer deuen asi a montes et a fontes, huquer et dondequer que eu * o dito casal, asi que a dita Tareiga Aluares ou uos o dito Fernan Gonçalues en nome da dita uosa filla, posades fazer e façades daqui endeante para senpre enno dito casal e herdeiros del todas uosas liures uoontades sen noso enbargo e de nosa uoz. |
[+] |
1402 |
CDMACM 126b/ 214 |
Iten Johan Valam morador en Laurada quarta testemoya jurado et preguntado por lo primeiro arraconllo en rason da juridiçon diso que o terreiro que era do amestrador preguntado por o segundo et terceiro arraconllo en rason das loytosas diso que oyra deser que as do omme forreiro et muller et orrfoo forreiro que era do cabidoo et a loytosa do omme et muller et orrfoo fidalgos que era daquel sennor con que viuian en maneira que o forreiro et o fidalgo que non pagauan mays que hua loytosa cada hum. |
[+] |
1402 |
CDMACM 126b/ 215 |
Iten Afonso Lopes de Beestar morador en Laurada v testemoya jurado et preguntado por o primeiro arraconllo en raçon do senorio diso ue non sabia saluo que o terreiro et o moordomo que andaua polo amestrador que leuaua o touro et o enpraço et a fiadora et as boses et ho abantadiço et aquel que dese fiador por ante o juys de costas de montes do bispo que llo avia de rescebir o terreio et o que fose condenado que pagaria a fiadoria ao moordomo que eran trinta soldos et o mandamento ao juys que eran tres soldos et os que o juys non liurase que os avia de lançar por ante o bispo ou por ante seu vigario. |
[+] |
1423 |
CDMACM 144/ 253 |
Por ende nos o dito don abbade exsecutor sobredito querendo que o dito dean et personas et canoigos et clerezia da dita iglesia et cabidoo et obispado de Mondonedo gozem da sobredita graça apostolica a eles por lo dito noso sennor o papa en esta parte aquestas sobreditas letras apostolical et todas las cousas en elas contheudas et qualquer delas a vos todos et qualesquer de uos ensinuamos notificamos et intimamos et aa uosa notiçia et de quaesquer et qualquer de uos os sobreditos seeren tangidos queremos por aquestas presentes letras et de todo en todo a vos o dito sennor obispo et bosos bigarios et todos los outros juyses et justiças et alcaldes et terreiros et moordomos eclesiasticos et seglares et rendeiros et alcaualleiros et colledores et fiees das ditas alcauallas et sisas et tributos contheudos en as ditas letras et julgadores que ora sodes ou foren daqui endeante para senpre enna dita ciubdade de Bilamayor et en todas las outras villas et lugares et terminos da dita ciubdade et obispado de Mondonedo et todos los outros sobreditos et quaesquer de uos por la autoridade apostilica de que en esta parte husamos vos requerimos et amoestamos primo secundo terçio et perentorio a todos en comun et a cada hun de uos en singular et a uos todos et qualquer de uos en vertude de santa obediençia et sub penna d -escomoyon difinitiue precipiendo mandamos que do dia que estas nosas letras a vos et a qualquer ou qualesquer de uos foren monstradas ou presentadas ou traslado delas signado de notario publico con abtoridade de justiças ou que foredes requeridos ou requerido por parte dos ditos dean et personas et coengos et raçoeiros et benefiçiados et clerigos do dito obispado de Mondonedo ou por qualquer delles ata seys dias primeiros siguintes dos quaes seys dias os dous por la primeira moniçon et os dous por la segunda et os outros dous dias a vos todos et cada huns de uos por terçio prefigimento et perentorio termino ac monicione canonica asignamus vos todos et cada huns de uos vejades as ditas letras apostolical et este nuestro processo et as cunplades en todo et pior todo ben et conplidamente et non vaades contra elas en alguna maneira por vos nen por outro et vos os ditos alcavalleiros rendeiros recabdadores et colledores enno dito obispado et çibdade das ditas alcabalas et pasajees et portalgos et sissas et tributos çessedes de aqui endeante de todo en todo de molestar nen perturbar nen enquietar nen prendar por vos nen por outros nen trager en juyso directe uel indirecte sobre las ditas alcauallas et tributos sobreditos daqui endeante para senpre aos ditos sennores dean personas en canonicos et raçioneiros et benefiçiados et clerigos et cleresia de toda a dita iglesia et obispado de Mondonedo et qualquer delles por la dita rason ante se lles alguas prendas teedes tomadas ou fianças ou avinenças con eles ou algun delles teedes feitas por la dita rason que las entreguedes logo enno dito termino dos ditos seys dias as ditas prendas que asi deles teuerdes et lles liçençiedes os ditos fiadores et dedes por nenhuas as taes avinenças das ditas alcauallas. |
[+] |
1439 |
SHIG Sant. , 22/ 332 |
E eso mesmo mandamos a o noso pertegeiro mayor e a todos los outros pertegeiros terreiros, maordomos, e couteiros, sub a dita pena descomoion, que defendan e anparen a os ditos lavradores con esta esençon (que lles asy fasemos) e non consintan a nehuua nen alguua persona ou personas que lles façan mal nen enojo sobre la dita rason. |
[+] |