logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no Corpus Xelmírez poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Se desexa consultar a referencia e o contexto dun exemplo, calque no símbolo [+] na cela da dereita. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no Corpus Xelmírez, pode calcar aquí.
Está a procurar contextos do uso de traado nos textos notariais do Corpus Xelmírez.

Número de contextos atopados: 5

1275 MSCDR 152/ 362 Conuzuda cousa sega a quantos esta carta viren como eu Martin Fernandez, cayalleyro, dito Traado, et meu fillo Esteuõõ Martinz, presente et outorgante, por min et por toda a mia voz a uos don Pedro Perez, abade de San Croyo, et ao conuento desse meysmo lugar, en nomne desse moesteyro ia dyto, vendo et firmemente outorgo por mina alma et de meus yrmaos, Nuno Fernandez et Esteuoo Fernandez, a quarta da seara que eu ey en Esposende, a qual jaz ontre a torre et a leyra de viña d ' Eluira Nunez do Burgo, enteyramente, como departe pello [. . . ] pela carreyra que ven da torre para cassa do Mato. [+]
1277 MSCDR 180/ 381 Conoçuda cousa seya a quantos esta carta uirem conmo eu Martin Fernandez de Traado, cauallero, por min et por toda mia voz, a vos don Pedro Perez, abade de San Cloyo, et a o couento desse lugar, vendo et outorgo para por senpre todo o figueyredo de Esposende, con sua cortina et con seu erdamento, conuen a saber, aquell que esta chousso de balo, o qual esta ontre a Torre et o erdamento de Casar de Mato et o de Trauesselas; et partese pelo erdamento de Fernan Moninz et de seus yrmaõõs, saluo o quinon que Nuno Perez a en duas figueyras que estan en esse figueyredo. [+]
1289 MSCDR 222/ 407 Sabean quantos esta carta uiren conmo eu Esteuõõ Martinz, escudeiro, fillo de Martin Fernandez de Traado, que foy, et de domna Marina Martinz, por todá á mia uoz, outorgo et reconoscome por ben desenganado et por ben pagado de uos Martin Perez, abad de San Croyo et do conuento desse miismo lugar, de todos los herdamentos que eu et estes sobreditos a vos uenderamos per outras cartas en Esposende et allur, u quer que os eu ou eles a uos uenderamos per outras cartas de que me eu chamaba enganado, diçendo que non foran ben compradas, et agora destes a min por [desengano] destas conpras, para seeren ben conpradas et ben preçadas LXa soldos, de que me outorgo por ben desenganado et por ben conprado; et outorgo uos a anparar con nas cartas das uendas primeiras et con esta do [. . . ] min et por todas mias bõãs. [+]
1448 VFD 276/ 295 A XXVII dias de mayo, declarou Afonso Bernaldes, pedreiro, vesiño da dita çidade, por seu juramento, que lle tomara Ares de Samoos et Afonso Suares, que está eno curral, e con elles Gonçaluo Deán, que lle tomaran hun ferro de monte et quatro traados et hua segur et hua aixola montisca et hun machado et hun escoupre et duas serras de mao. [+]
1485 GHCD 68/ 286 Enna çibdad de santiago vinte e dous dias do mes de nouenbro do anno do nasçemento de noso señor ihesu cristo de mill e quatro çentos e oyteenta e çinco annos: sabean todos que este dito dia antel honrrado señor Juan de monte mayor bachiller en decretos canonigo enna santa iglesia de santiago e juis enna abdiençia do Reverendisymo señor don alfonso de fonseca arçobispo da dita santa iglesia çibdad e arçobispado de santiago, e en presençia de mino notario e testigos de juso escriptos paresçeu ende presente lopo gonçalues pedreyro vesyño e morador enna dita çibdad; e dixo que por quanto lionor Rodrigues sua moller era falesçida desta presente vida e a tenpo de seu falesçemento quedaran çertos bees mobles, ouro, plata e diñeiros que ao presente el e ella tynan de consun dos quaes ditos bees el fezera inventario por escripto, o cual dito escripto presentaba e logo presentou ante o dito señor juis, do qual dito escripto de inventario seu tenor he este que se sigue: este he o que eu lopo predreyro poño en enbentario dos bees que tyna con mia moller lionor Rodríguez cuja alma deus aja; primeyramente iten çinquo marcos e medio de prata, iten çinquo miil pares de brancas, iten vnna caldeyra de trager agoa, iten hua caldeyra de sobre do lar, iten dous caldeyros de mao, iten vn pichel daçunbre, iten dous pichees de tres netos, iten un pichel de vn carto, iten un prato grande destaño, iten un prato pequeno destaño, iten oyto cabeçaas, iten tres almofadas, iten dous colchoos, iten duas mantas de vernea, iten un alfamere, iten vnna colcha, iten seys mantas de burel, iten vn fieltro, iten quatro sabaas, iten vn par de toallas, iten vn par de vchas, iten vn par de mesas, iten tres tallos grandes, iten dous pequenos, iten vn baçio grande de pan, iten dous porcos çebados, iten duas vacas con duas fillas, iten seis escoupres de pedra e vnna maçola, iten duas rapadas de sal e dous saleyros para el, iten duas quilmas, iten dous baçios pequenos, iten oyto talladores, iten quatorze cunquas, iten dous espetos, iten vnna sartana, iten huas gramaleyras, iten duas arcas, iten vnna tinalla, iten onze piquos, iten vnna tallante, iten dous martelos pequenos de parede, iten dous ferros de asentar, iten dous cubos, iten çinco cunas de ferro con suas palmetas, iten hua mara (marra) grande, iten vn marote (marrote), iten dous ferros grandes de monte, iten vn ferro mediano, iten duas yxolas mouriscas, iten vnna yxola de peto, iten un escoupre, iten vn traado, iten vnna tarabela, iten dous bingueletes, iten duas serras de mao, iten vnna junteyra, iten dous martelos grandes de monte, iten seys marañas destopa, iten tres de liño, iten triinta rapadas de çenteo; o qual dito escripto de inventario asy presentado ante o dito sennor juis por lo dito lopo gonçalues logo el pedeu a o dito sennor juis interposese a o dito escripto de inuentario sua abtoridade e decreto para que valuese e fezese fe en juiso e fora del, que el estaba prestes de faser juramento e a solenidade que en tal caso mandaba o dereyto, e mandase a min notario que sacase do dito escripto de inventario vn traslado, dous, tres, ou mays ao qual dito traslado ou traslados interposese sua abtoridade e decreto para que valuese, e fezese fe en juiso e fora del; e logo o dito sennor juis dixo que reçebia e logo reçebeu o dito escripto de inventario quanto podia e deuia con dereyto, e Reçebeu juramento do dito lopo gonçalues e un sigñal de crus e as palabras dos santos euangeus en que sua mao dereyta puso deytandolle diante a confusion do dito juramento, e el diso que sy juraba e amen; e o dito juis lle fezo pregunta syescripuira ou fezera escripuir todos los bees mobles que tynan e avian de consun el e a dita sua moller ao tempo de seu falesçemento, e o dito lopo gouçalues dixo e declarou so vertude do dito juramento que feyto avia que el fezera escripuir todos los ditos bees que el e ela tynan de consun e se lle Recordara ven e verdadeyramente e asy o dezia e declaraba so vertude do dito juramento que feyto avia con protestaçion que fazia que sy mays se lle Recordase de o dizer e declarar cada e cuando se lle recordase e o dito sennor juis lle mandou que enno termino do dereyto viese declarando çerca dos ditos bees o que se lle Recordase; e dixo que interpuña e interposo a o dito escripto de inventario sua abtoridade e decreto para que valuese e fezese fe en juisio e fora del, e mandaba e logo mandou a min notario que fezese do dito inventario un publico instrumento, dous ou mais, aqueles que menester e necesarios fosen e os dese signados de meu signo, a os quaes e cada hun deles interpuña e interposo sua abtoridade e decreto para que valuese e fezese fe en juisio e fora del. e de todo en como pasou en que dia mes e ano o dito lopo gonçalues pedeu a min notario que llo dese asy por testimonio signado; presentes a elo por testigos juan lopes canonigo enna santa iglesia de santiago e garsia de tras monte e martin aluares notario del Rey noso sennor vesynos e moradores enna dita çibdad. [+]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL