1443 |
VFD 256/ 276 |
Ena çidade d ' Ourense, trese dias do mes de março, ano do naçemento do noso señor Ihu Xpo de mill CCCCXLIII anos, eno cabíidoo da iglesia catredal do señor San Martiño, en presença de min o notario e testemuyas de juso escriptas, sendo y presentes os señores Pero Dias de Cadórniga, vasallo de noso señor El Rey et Fernando Ans, arçediano de Castela ena dita iglesia, vigario jeeral, prouisor, lugar tenente ena dita iglesia, çidade et obispado d ' Ourense por lo señor don Diego, obispo d ' Ourense; outrosy, estando y presente Anrrique do Bolo, vasallo do dito señor Rey, et Pero Feijoo, meiriño da fortaleza do castelo Ramiro, e logo os ditos señores Pero Dias e Fernando Ans, arçediano, diseron que por rasón que ontre elles era e entendía çertas discordias e enemistanças e males e danos et por se quitar de todo elo e averen boa paz, concordia, amistança e amorío, que prometían et outorgauan des aquí en deante de se quereren ben e averen amorío et amistança huun con ho outro et ho outro con o outro, et de se amaren e ajudaren con seus omees et escudeiros e omees de pe, huun ao outro e ho outro ao outro contra quaes quer personas que sejan por los corpos e personas e con os ditos seus escudeirs e omees et de seer en onrra, fauor et probeyto e ajuda huun do outro e outro do outro e onde viren desonor e mal e dano huun do outro e outro do outro de o .... a todo seu poderío et de faser todo asy de feito e de dereito e de consello e á boa fe et sen maao engano et de comeren e beberen huun con ho outro e ho outro con o outro, et seus omes e escudeiros que se amen e ajuden huus aos outros et de dar fauor et ajuda á justiça et de a non estoruar, et de o teer et conprir todo asy, pera o qual anbos feseron juramento et pleyta omenageen como omees fillosdalgos enas maaos do dito Anrriques do Bollo, que presente estaua. |
[+] |