1380 |
GHCD 112b/ 614 |
It. mando que se venda a miña parte do viño branco et Vllao, et o que montar que o dem meus conpridores ali hu viren que conple, saluo que dem da mina parte a meu heree dous ou tres tonees se os ouver mester. |
[+] |
1395 |
GHCD 34/ 160 |
It. mando a miña Neta Tareija sanches todo o aliofar et coraes que eu ey et os esmaltes et o meu Reliquario esmaltado et a miña Cunca de plata dourada et as miñas doas de ouro et as miñas sortellas anbas et o meu alfayte et a miña beeyçon et me faça dizer eno dito moesteyro de san francisco huun anal de misas et de por el quatrocentos mrs. et dous moyos de vino a saluo no dito moesteyro de viño branque Et non querendo ela fazer dizer o dito Anal que os ditos meus conpridores que posan vender as ditas doas a quen quiseren et por quanta quantia por ben teueren. et o que por ellas deren que a den en misas. |
[+] |
1395 |
GHCD 34/ 160 |
It. mando ao dito moesteyro de san francisco huun Tonel de viño branco de Ribadauea posto en saluo eno dito moesteyro aquel ano que eu finar. |
[+] |
1432 |
VFD 82/ 94 |
Outrosy, ordenaron mays que ata o dito día dentroydo que non valla o viño branco nen rosete que así venderen a mayor preço que a oyto brancas cada açumbre, e qualquer persona que o vender a mayor preço, que perça o viiio e page por cada vegada os ditos LX mrs de pena. |
[+] |
1432 |
VFD 82/ 94 |
Outrosy, ordenaron mays que o viño branco que agora tiña Afonso d ' Abral enos odres e o viño branco que agora vendía Johán Ferro, que o vendese este que agora tiña e non mays, e que o non vendese a mayor valía de XXVI diñeiros cada açumbre, et, se o vendese a mays, que pagase a sobre dita pena et perdese o viño. |
[+] |
1433 |
MNP 22/ 38 |
Et os quaes ditos noveçentos et triinta maravedis da dita moeda bos prometo et outorgo de dar et pagar en viño branco merchante a esta sazon primeira que ven et non bos dando o dito biño merchante que vos de et page os ditos maravedis postos en pas et en salvo ẽna dita villa de Pontebedra doje este dia ata dia de Natal de Naçença de Deus primeira que ven, et non no teendo et comprindo asi que vos responda por ante os alcaldes et ofiçiaes da dita villa a cuja jurdiçon me someto; para o qual todo asi teor et conprir, obligo a elo a min mesmo et a todos meus bees movles et ayses et so pena do doblo da dita contia que vos peite etc. a pena etc. |
[+] |
1433 |
MNP 25/ 40 |
Et os quaes ditos tresentos maravedis da dita moeda vos prometo et outorgo de dar et pagar en viño branco boo et merchante, tanto que en el sejades pago dos ditos maravedis, o qual bos devo de dar et pagar a esta nobidade primeira que ven deste dito ano, por min et por todos meus bees, et so pena do doblo que outorgo de vos dar et pagar por pena et en nome de interese se o asi etc. |
[+] |
1433 |
MNP 29/ 45 |
Sabean todos que eu Gomes Martiis, morador en Leiton, da figresia de Santo Adrãoo de Leiton, que soo presente, confeso et outorgo que devo et ey de et pagar a vos Pero Eans da Rua do Rego, alfayate, morador ẽna villa de Pontevedra, tresentos et çinquoenta maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos tresentos maravedis da dita moeda me vos vos enprestates, etc., et de que me outorgo etc., et os quaes ditos tresentos çinquoenta maravedis da dita moeda vos prometo et outorgo de dar et pagar doje este dia ata dia de San Martiño do mes de novenbro primeiro que ven, en viño branquo merchante ou en dineiros, qual vos o dito Pero Yanes mais quisierdes etc., por min et por meus bẽes, so pena do doblo, et a pena etc., todavia etc., Testemoyas: |
[+] |
1433 |
VFD 85/ 98 |
Iten, ordenaron mays que pesona nenhua da dita çidade, vesiño e morador dela nen de fora parte, que non venda o viño branco nen rosete nen no posa vender a mayor preço de oyto brancas cada açunbre, et soltándoo a mayor preço que perda o viño et page de pena pera o dito conçello seseenta mrs, branca en tres diñeiros. |
[+] |
1433 |
VFD 86/ 99 |
En este dia, ena Crus dos Ferreiros, estando y presentes Gonçaluo Fernandes, Goterre Afonso, Garçía Dias d ' Espinosa, Gomes de Chantada, rejedores, Gonçaluo Yans, juis, Pascoal Rodrigues, procurador, logo os ditos rejedores foron á casa de Gonçaluo Peres e acharon y onse odres de viño branco de huus tres omees de Chaues e sacaron juramento dos ditos tres omees quen lles mercara o dito viño, e declararon que lles lo mercara todo Aluaro Çide e Pero Fernandes de Porçomillos, notarios, e Johán Ferro, hun odre, e que lle deran os ditos Pero Fernandes e Aluaro Çide por él a rasón de XCV mrs, foros e quites de alcaualas. |
[+] |
1433 |
VFD 89/ 101 |
Iten, foron á adega de Aluaro Cide, que está ena rúa dos Arçedianos, et acharon ena dita adega hua cuba de viño branco, que dixeron que leuaría çinquo moyos despeto, que he de Afonso Ans, e o dito Afonso Ans, que estaua presente, diso que era sua e que o trouxera do Ribeiro da Ábea. |
[+] |
1433 |
VFD 89/ 101 |
En este dia, e por estas testemoyas e por declaraçón que feso Garcia de Cobreiros, foron á casa de Afonso de Abral et acharon ena adega onde él mora hua cuba de viño branco que diseron que leuaría tres moyos de lagar, pouco mays ou menos, et resçiben a dita cuba en sy e pecharon a porta da adega e tomoua o abade e ficou de a entregar aos secrestadores. |
[+] |
1433 |
VFD 89/ 101 |
Iten, foron á casa de Aluaro Frade e tomaron do viño branco que él vendía, que acharon en baixo de hua cuba et tomaron quanto podería seer ata viinte açumbres de viño, o qual leuou Pascoal Rodrigues en seu poder, e poso o dito Pascoal Rodrigues secrestaçón a Aluaro Frade enos diñeiros que se feseron ena dita cuba de viño, e que os non dese a pesona nehua, sen mandado do dito conçello. |
[+] |
1433 |
VFD 89/ 102 |
Sexta feira sigente, XVI dias do dito mes, Gonçaluo Ans e Johán Peres, juises, e Pascoal Rodrigues, procurador, foron a pinorar o viño branco que se vende en casa de Aluaro Pato e çarraron as portas e leuou Gonçaluo Ans as chaues. |
[+] |
1434 |
MNP 114/ 156 |
Sabean todos que eu Fernan Estevees de Tui et mĩa moller Tareija Fariña, besiños da villa de Pontevedra que somos presentes et que fasemos por nos et por todas nosas boses, aforamos et damos aforo a vos Gonçalo Esteves, morador ẽna fiigresia de San Johan de Tirana que he en terra de Morraço et que sodes presente, et a vosa moller Maria Martines et a vosas voses, a metade entregamente de todo o noso lugar, casas, casares et plantados et viñas que disen de Paredes, que esta ẽno lugar que disen Avelendo que he ẽna dita fiigresia de San Juan de Tirana, con todas suas perteesças et dereituras que Ile perteesçen et perteesçer deven de dereito et segundo et por la via que vos por nos tevestes et usastes et pesuystes ata oje este dito dia, et aforamos vos asi a dita metade do dito lugar por tempo doje este dia ata dez et nove anos compridos primeiros seguintes, ẽnos quaes ditos dez et nove anos et en cada un deles vos devedes de morar ẽnas casas da dita metade do dito lugar et teerlas cubertas et levantadas et asi as leixar ao fin do dito tenpo con quanto perfeitio et boo paramento en elas foi feito, et outrosi levedes de faser et leveantar de novo hũa casa no dito lugar por vosa custa semitavell et atamaña como a casa en que teemos o lagar no dito lugar, et et madeirarla para se cubrir cíe tella et devedes la dar coberta de colmo, et nos devemos vos de dar para ajuda de a faser et levantar çento et çincoenta mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, et outrosi devedes de lavrar todas las herdades da dita meatade do dito lugar et teerlas çertas et manifestas et quaes et quantas son, et eso mesmo lavrar et procurar todas as viñas da dita meatade do dito lugar de poda, cava, arrenda, rodriga et esquerquarlas et murarlas et valarlas et requerirlas de todos los outros lavores que ouveren mester en maneira que se non pergan por mingoa de lavor et chousura, et devedes de dar a nos et a nosas boses, en cada un ano por lo dito tenpo dos ditos des et nove anos, por foro, renda, conosçemento da dita meatade do dito lugar, casas, casares plantados et viñas, o quarto de todo o pan que lavrardes ẽnas herdades do dito lugar et o terço do viño que Deus der nas ditas viñas da dita meatade do dito lugar, o pan aa eira et o biño mosto aa dorna, o desimo a deus pago de consũu, et vendimar et coller o dito pan et viño por nos ou por noso mandado, et proveer de comer et de beber a nos ou ao que por nos estever a coller o dito pan et viño, et outrosi nos devedes de dar mais por foros por cada dia de natal da naçença de Deus seys mrs. de moeda vela contando a branqua en tres dinieros en pan blanco cosido et mais hũa marraa çevada et dous açunbres de viño branco, et asi en cada un ano por lo dito tenpo dos ditos dez et nove anos; et nos, por esto que dito he et nosas boses, non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento a vos nen a vosas vozes por mas nen por menos nen por al tanto que nos outro de nen por outra rason algũa, ante prometemos et outorgamos de vos defender et anparar con elo de todo enbargo ẽno dito tenpo por nos et por nosos bẽes que vos a elo obligamos, et so pena de mili mrs. da dita moeda que outorgamos de vos dar et pagar por pena nos ou nosas vozes seo asi non tovermos, conpriremos et contra elo vieremos. |
[+] |
1435 |
MNP 122/ 163 |
Ano Domini Mo CCCCo trecesimo quinto morador en Requeijo, que he da fiigresia de Paaços que devia a Juan de Cabral, pedreiro, cento et çinquoenta mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, que del resçebeo en mĩa presença, pago en viño branquo a esta novidade, boo et merchante de mercador a mercador, a como baluer enton, son pena do doblo da contia. |
[+] |
1451 |
VFD 77/ 133 |
E a de dar en cada hun ano, por véspera de Sancta Cathalina, pera viño e froyta, que ha de dar o que tober arrendada a dita capela á cantos bieren as vésperas, cando as diseren ena dita eyreja, ua ves de viño branco e outra de tinto á cantos y bieren, e o que tober arrendada a dita capela, que seja obrigado de dar o dito viño e froita, maçás ou peras, aos monges que cantaren as vésperas e aos leigos que a elas bieren. |
[+] |
1458 |
VFD 154/ 159 |
Et o dito prouisor diso que non tiña encubados mays que ata triinta cárregas de viño branco. |
[+] |
1458 |
VFD 155/ 159 |
Ano Domini CCCCLVIII anos, seys dias de novenbro, en Ourense, Pero Lopes e Gonçaluo Peres, juises, con Nuno d ' Ousende, procurador, et por testemuyo que contra elles tomou Nuno d ' Ousende, que por rasón que estaua ordenança feita por lo señor obispo d ' Ourense et por lo conçello da dita çidade que persona algua non fose ousado de encubar viño branco nehúun ena dita çidade de fora parte, saluo da sua labrança, so pena de o perder et a cuba con él, et agora Lopo Meendes pasara contra a dita ordenança et o vendía, que requería aos ditos juises que lle fosen enuargar o dito viño e diñeiros dél et a cuba, et lles diseron que eran prestos et foron logo por min o dito notario á rúa da Carniçaría, á adega que foy de Aluaro Pato, et acharon ende vendendo hua cuba de viño branco que leuaría ata dous moyos de lagar, que vendía a moller do dito Lopo Meendes, et os ditos juises por ante sua moller diseron que entregauan a cuba et viño e diñeiros dél ao dito Nuno d ' Ousende, procurador, et que lle fasían entrega en todo elo et que lle mandauan que non desen diñeiros dél a outra persona nen á seu marido, so pena de dous mill pares de brancas, a que o dito procurador diso que estimaua a dita cuba de viño, et ela diso que verría seu marido et que lla daría. |
[+] |
1466 |
MSCDR 584b/ 696 |
Aforamosvos os ditos lugares con todas suas casas e herdades e soutos e cortynas e arbores e prados e pascos, con todas suas entradas e saidas con a dita vina de Veyga de Canpo, segun que o dito Afonso Fernandes e outros por el la trouxeron a jur y a mao, con tal pleito e condiçon que tenades as casas dos ditos lugares corregidas, cubertas e ben paradas e as heredades deles que as labredes e reparedes ben ou façades labrar por vos ou por outros e que poñades ou façades poer de viñas as herdades que estan de montes en estes dez annos primeiros que ven, en tal maneyra que os ditos lugares e eredades sobreditas non percan por mingua de labor e de boo paramento; e que diades e paguedes de foro cada anno das herdades dos ditos lugares ao dito moesteiro en vosas vydas danbos cada vn na sua meatade foro d ' octabo e a vos logo primeyra fara foro de setimo e a outra logo depus dela fara foro de sexto et a outra de quinto, e asi bam as ditas vozes feitas por orden vna pus outra; as ubas en as binas partidas per los çestos, coleytas e partidas por nosos mordomos, ou dos outros nosos sucessores. . . etc; e asi daredes o noso fruto de pan, si o labraren como de biño: o pan en a eira e partido por lo dito noso mayordomo; e lebaredes o dito foro por vosa custa ao noso lagar da Groba, e daredes de foro, renta e senorio cada anno por la dita leira de Beiga do Canpo ao dito moesteiro oito açunbres de boo viño branco por cada dia de san Martino do mes de nouenbro; e daredes mais de foros por las ditas casas e cortinas e soutos e arbores dos ditos lugares en as ditas vosas vidas vinte marauedis vellos por lo dito dia de san Martino; e as ditas voses daran trinta marauedis vellos cada anno, e asi cada anno. |
[+] |
1474 |
VFD 90/ 153 |
Iten, rogo e mando á mia moller que dé aos frayres de Sante Spiritus, porque teñan encargo de me leuaren e onrraren, dous moyos de viño branco en Cabanelas do seu, ao nouo. |
[+] |
1484 |
VFD 74b/ 127 |
Iten, mando mays á dita Contança Gonçales, miña muller, a quarta parte da adega dos Vrancos, por quanto eu e ela conpramos a metade da dita adega a Meen Suares Galinato, e mándolle mays a cuba en que teño o viño branco e mays outras duas cubas que son dentro ena dita adega aa maao esquerda, vasyas, que teñen cada una doze moyos de lagar, e mays lle mando una cama de roupa con quatro cabeçaás e un colchón e un almadraque e con suas sabaas e media duzia dalmofadas e con hua manta de picote, e se ouver em casa un par de colchas, que aja ela una delas. |
[+] |
1490 |
MSCDR 612b/ 720 |
Sepan quantos esta carta de aforamento vyren como nos don frey Rodrigo de San Gees, abbade do moesteyro de San Croyo do Ribeiro da Abia, con seus menbros anexos de san Migeell de Boueda e san Migeel de Lebosende, que he todo syto en esta diocesis de Ourense, e el señor don Juan de Grijoa, olim abade do dito moesteyro, e frey Gonçaluo de san Fiins, prior crastral e o conbento do dito moesteyro, seendo todos juntos en noso cabidoo per son de canpaa tangida segundo noso custume e sen contradita alguna, nos por nos e en nome e en voz do dito noso mosteyro et anexo de Bobeda, e dos outros suçesores que despoys de nos a el vẽẽren, por esta presente carta aforamos e damos en aforamento a vos Fernan de Prado, que sodes presente, e a vosa muller Tareija Lourença, que esta absente, asy como sy fose presente, moradores que sõõdes en Cabanelas, fregesya de santa Olaya de Vanga, por en tenpo de vosas vidas danbos e de outras tres voses apus o falesçemento do pustrumeyro de vos. . . etc. , vna leyrad ' erdade devina e monte que jaz en a Pousa da Edra, que he en na dita fregesya de Vanga, a qual he do dito noso anexo de Bobeda, conmo parte . . . etc. , a qual vos aforamos por virtude de çertos resçebementos que dela teemos feitos per ante o ynfraescripto notario, por virtude de huna demitiçon et traspasaçion que dela vos fezo Pedro Conprido, que a tragia, por ante Alonso Sueyro, notario, segundo que ante nos ela coostou; a qual vos aforamos con todas suas entradas e saydas, jures, dereitos e perteenças, con tal pleyto e condiçon que a labredes . . . etc. , e ponades de viña a que esta por poer . . . etc. , e que diades e pagedes vos e a dita vosa muller e voses de foro, renda e senorio por la dita leyra viinte açunbres de boo viño branco por cada dia de san Martino do mes de nouenbro, posto en nosa casa, e que sejades obligados de viir a visytar aquy a festa de san Martino, con do que toverdes e que nos sejades con elo serbentes . . . etc. |
[+] |