logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

En na villa da crunna, çinco dias do mes de abril, Anno do nasçemento do noso Sennor Ihesu Christo de mjll et quatroçentos et trijnta et quatro annos, en conçello no portal de Santiago da dita villa, presentes gonçaluo da costa et fernan Sanchez de Valladolid, Alcalldes de foro en na dita villa por noso Sennor el Rey, et con Juan de coiro, vaasco de ponte, lopo veca, fernan freire, francisco de valdayo, diego da ponte, pero patinno, Ruy boton do canpo, Regidores en na dita villa, et con gomes yanes, fernan mosteiro, procuradores do dito conçello, et en presença de mjn, notario. et testemonyas so escriptas, paresçeron Afons ferrandes et gomes ferrandes, çapateiros, vezinnos da dita villa, mayordomos et vicarios da confraria de santa maria dos çapateiros da dita villa, et por sy et en nonme dos outros çapateiros confrades da dita confraria, vezinnos et moradores en esta dita villa da crunna que en ela continuamente viuen et moran et vsan do ofiçio de çapateria en na dita villa, confrades da dita confraria et vsaren asi daqui endeante, diseron ao dito conçello, alcalldes, Regidores, omnes bonos, que algunos estrangeiros de fora parte que non eran vezinnos da dita villa nen confrades da dita confraria segund que o eles et os outros çapateiros vezinnnos da dita villa son, que agora novamente en quebrantamento das ordenanças da dita confraria en contra parte dos dereitos dos ditos confrades se trametian vender et querian vender en esta villa et pescaria et sua jurdiçon çapatos et botas et os outros calçares de coiro et fazerlos et tragerlos ende a vender, o qual non debian fazer pois non eran vezinnos nen confrades da dita confraria segund que o eran os outros çapateiros da dita villa que vsan do ofiçio de çapateria que en ela viuen et moran et pagan talla et pedido et todos los outros pechos, et porque era dapno da dita confraria et quebrantamento das ditas ordenanças et por outros inconvenjentes que sobre elo Recresçian pediron aos ditos conçello, alcalldes, Regidores, omnes bonos que proueesen sobre elo de Remedio con dereyto et os ditos conçello, alcalldes, omnes bonos diseron que seendo ben çertos desto sobredito que mandauan et ordenauan esto aqui juso adeante conteudo porque asi senpre se vsou et deue vsar et por que esto fose notorio a todos que o mandauan pregoar por esta villa por que se gaardase e conplise daqui endeante poys que era ordenança et fasta aqui se guardara o qual mandaron pregoar a nicolao diegues, pregoeiro do dito conçello et pregoou en esta gisa:

Ano 1434
Título abreviado HCIM
Título Historia da Coruña (Idade Media)
Referencia González Garcés, Miguel (ed.) (1988): Historia de La Coruña. Edad Media. A Coruña: Caixa Galicia.
Capítulo 60
Páxina 607
Autoría afonso de balay "notario publico de noso Sennor el Rey en na dita villa et notario dos feytos do dito Conçello"
Tipo/finalidade/xénero Mandato
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización a crunna [A Coruña]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL