logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sepan todos conmo nos, o Conçello, alcalldes, Regedores, procuradores, escudeyros et homnes boos da çibdade da crunna, seendo juntados en noso conçello en na yglesia de Santiago da dita çibdade a crunna, chamados por tangemento de canpaa, segund que o avemos de vso e de costume e seendo ende presentes Pero Vaasques de ponte e Juan Rapela, nosos alcalldes hordenarios e o sennor gomes peres das marinnas, caualeyro donzel e vasalo del Rey noso sennor, e Juan dandeyro, e afonso martis, vasalos do dito sennor Rey, e pero lopez e afonso de pinneiro, Regedores da dita çibdade, e vaasco Rapela e diego sanches, procuradores geeraes do noso dito conçello, e moytos dos vecinnos e homnes boos da dita çibdad, todos de vn acordo e en huna union otorgamos e connoszemos que damos seguro e aseguramos a vos, martin gonçales, portogales, morador e vezinno de para que vos e quien voso poder ouvera posades trager e tragades do Regno de portugal vn navio ou dous grandes ou pequenos a esta dita çibdade e porto dela con quaesquer mercadorias que a vos aprouven de trager en o dito navio e para que posades vos e vosos fazedores e os mercadores e conpanna que con vosco e en voso nomne e en conpannia vieren en os ditos navios e en qualquer deles descargar as ditas mercadorias en esta dita çibdad e porto dela e as vender, e trocar, e carregar outras e as ... e prometemos e outorgamos que da viinda que vierdes con os ditos navios ou con algun deles e da estada que estovedes en este dito porto a descarregar e carregar e vender e conprar e traatar as ditas mercadorias que trouxerdes e as outras que queserdes conprar e da tornada que vos tornades fasta ser tornado en no dito Regno de Portugal, que vos non seja nen sera feito nen perpetrado ningun nen algun tomados ditos navios nen de algun deles nen de seus aparellos nen vos seran enbargados nen as ditas mercadorias que neles vieren nen as outras que neles carregaredes por ningun nen algun de nosos vezinnos en mar nen en terra durante o tenpo de voso viaje de viinda, estada e tornada, como dito he, e asi meesmo aseguramos A todos e a quasquer mercadores, marinneiros e conpanna que convosco en en vosa conpannia vieren e estoueren e foren en nos ditos navios e en qualquer deles para que por los ditos nosos vezinnos nen por algun deles no vos seja nen sera a vos nen a eles feito nen perpretado nengun nen algun prijon, nen leson, nen mortes nen feridas nen outro desonor algund. deante vos prometemos de a vos e aa dita vosa conpanna e mercadores e marinneiros seian de nos e dos ditos noso vezinnos traitados onesta e beninnamente sen escandalo algun o qualesquier, prometemos de gardar e fazer gardar a os ditos noso vezinnos en todo e por todo segun que en el se conten, so pena de vos dar e pagar por pena e postura e por nomne de yntrese convençional que convosco contra nos e contra nosos beens conçejales poemos todos los dapnos e costas, e prendas, e menoscabos que por ende rezeberdes a nosa culpa doblados. do qual vos mandamos dar esta nosa carta signada do signo do notario dos nosos feitos e selada de noso selo.

Ano 1448
Título abreviado HCIM
Título Historia da Coruña (Idade Media)
Referencia González Garcés, Miguel (ed.) (1988): Historia de La Coruña. Edad Media. A Coruña: Caixa Galicia.
Capítulo 70
Páxina 638
Autoría fernand afonso de mayanca "escriuano e notario publico de noso sennor el Rey en na dita çibdat da crunna e notario dos feitos do conçello sobredito"
Tipo/finalidade/xénero Seguro (seguro, carta de seguro)
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización a crunna [A Coruña-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL