logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sepan quantos esta carta viren como nos o conçello, alcalles et regidores, jurados et omes bõos da çidade de Santiago seendo juntados en conçello en Quintãa de Paaços enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que avemos de uso et de costume de nos juntar a noso conçello et estando y con vos Martin Serpe et Vaasco Fernandes Troquo, alcaldes enna dita çidade et Gomes Rodriges, bachiller en decretos, Juan Ares da Cana Alvaro Afonso Juliate, Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril omes bõos jurados enna dita çidade, todos a hũa vos et de hũu acordo fasemos et ordenamos et estableçemos por nosos procuradores abundantes et sofiçientes a Maartin Fernandes Monapolio, alcalle de nosa señora a reyna dona Catalina, et a Pero Gonçalves de Castroverde, escrivan de noso señor el rey et a Gonçalvo de Millares, vesiños da dita çidade a todos tres en hũu et cada ũu deles por sy, en tal maneira que a condiçon de hũu non seja mayor nen menor que a do outro, mays que cada ũu deles seja reçebido cada que vier et paaraesçer et espeçialmente damos poder a os ditos nosos procuradores et a cada ũu deles insolidum, porque por nos et en noso nome posan paresçer et parescan ante noso señor el rey et ante a señora reyna doña Catalina, madre do dito señor rey et sua tutora et regidora de seus regnos et ante os señores do Consello do dito señor rey et oydores da sua Audiençia et notarios et alcalles da sua corte et chancelleria et ante qualquer deles en seguimiento de hũa apelaçon que por nosa parte foy interposta d ' ante Juan Sanches de Cuhaçu, doutor en leys et oydor enna audiençia do dito señor rey et seu corregidor enno regno de Galisa sobre rason de hũu pleito que ante o dito corregidor nos foy movido por los procuradores dos conçellos das vilas de Pontedeume et Ferrol et Vilalva et seus alfoses, que son de Nuño Freyre d ' Andrade en rason dos moravedis do repartimento do pedido do dito señor rey dos annos pasados et espeçialmente do anno que pasou de mill et quatroçentos et honze annos.

Ano 1416
Título abreviado LCS
Título Libro do Concello de Santiago
Referencia Rodríguez González, Ángel (ed. ) (1992): Libro do Concello de Santiago (1416-1422). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo [4]
Páxina 5
Autoría Ruy Martines
Tipo/finalidade/xénero Poder [procuraçon]
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL