Sabean todos que eu Martin Serpe, alcallde da çidade de Santiago, connosco et outorgo que reçebi de vos Juan Garçia, canbeador, procurador que fostes do dito conçello o anno pasado que se fiinçeu por lo mes de mayo primeiro pasado deste anno da feyta desta carta mill et tresentos maravedis de moeda vella contando branqua a tres dineiros, os quaes maravedis eu ouve de aver do dito conçello este dito anno do selario de alcaldia tresentos maravedis por coller a renda mill maravedis et asi son conplidos os ditos mill et trescentos et dos quaes confeso et outorgo que so entrego et ben pagado et renunçio etc. etc a a ley etc Et eu Juan Garçia asi o reçebo.
|