logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que nos o conçello, alcalles, regidores et omes bõos da çidade de Santiago seendo juntados en conçello enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que avemos de uso et de costume de nos juntar en noso conçello et estando y con nos Martin Serpe et Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna dita çidade et Gomes Rodriges, bachiller en Decretos et Afonso Fernandes Abril, Martin Galos Alvaro Afonso Juliate, Juan Ares da Cana, homes bõos jurados enna dita çidade et Benarld Eanes do Camiño et Gil Peres, procuradores do conçello dadita çidade todos a hũa vos et de hũu acordo fasemos et ordenamos et estabelesçemos por nosos procuradores abundantes et sofiçientes a Diego Fernandes de Burgos, bachiller en Decretos et coengo enna igresia de Santiago et a o dito Gomes Rodriges, bachiller, anbos et dous en hũu et cada hũu deles in solidum, en tal maneira que a condiçon de hũu non seja mayor nen menor que a do outro mais que cada hũu deles seja reçesbido cada que vier aparesçer et especialmente damos poder a os ditos nosos procuradores et a cada hũu deles pra que por nos et en noso nome posan paraesçer et parescan ante noso señor el rey et ante nosa señora a reyna madre do dito señor rey et sua tutora et regidora de seus regnos et ante os senores do consello do dito señor rey et oydores et da sua audiençia et notarios et alcalles da su corte et chançelaria et ante qualquer deles en segimento do pleito et pleitos que nos avemos enna corte do dito señor rey con os conçellos das vilas de Pontedeume et Ferrol et Vilalva et seus alfoses que son de Nuno Freire d ' Andrade sobre rason do repartimento do pedido do dito señor rey do anno que pasou de mill et quatroçentos et honse annos et de outros annos et damos todo noso poder conplido a os ditos nosos procuradores et a cada hũu deles para que por nos et en noso nome posan trautar et segir et procurar os sobreditos pleitos ante os dito señor rey ou ante a dita señora reyna sua tutora ou ante os señores do consello do dito señor rey et oydores et notarios et alcalles da sua corte et chaçelaria et por ante cada hũu deles et por outros quaesquer juises et alcalles eclesiasticos et seglares que dos ditos pleitos posan et devan oyr, connoscer et livrar para demandar, responder, defender, negar exepções et defensões, replicaçoes et todas outras boas rasõos dar et alegar et poer et para faser jura ou juras, asi de calupnia como de çesorio ou outro qualquer juramento que lles de dereito por nos for demandado et para dar et tornar as ditas juras a a outra parte ou partes se mester for et para presentar testemoyos et provanças as que a nos conpriren et contradiser et enpunar as que a outra parte ou partes presentaren ou quiseren presentar contra nos, asi en dereitos como en personas et para gaanar carta ou cartas do dito señor rey ou da dita señora reyna ou dos ditos oydores et notarios et alcalles ou de qualquer deles aquela ou aquelas que a nos conpriren et testar et enbargar as que a outra parte ou partes gaanaren ou quiseren gaanar contra nos et entrar en juiso sobrela testaçon et enbargo delas et para façer frontas, querimentos et protestaçoes, as que a nos conpriren et pedir et tomar sobrelo testemoyo o testemoyos et para concludir et ençarrar rasoos et oyr sentença ou sentenças interloquitorias e defenetiva e consetir ou apelar et agravear et suplicar dela ou delas et tomar et seguyr a alçada vista agraveo et suplicaçon para ali donde de dereito devesen et presentarse enno grado que devesen et querelarse dos juises sella non outorgasen et para jurar custas et pedirlas et veerlas tasar et jurar et para pedir exsecuçon das sentença ou sentenças dadas por nos et para faser, dar el rasoar aquelas cousas et cada hũa delas que bõos et leaas et verdadeiros procuradores poden e deben façer de dereito el que nos mesmos fariamos et poderiamos faser dar et rasoar et procurar presentes seendo aynda que sejan taes et de aquelas cousas que segundo dereito requireren aver espeçial mandado o outrosi damos poder conplido a os ditos nosos procuradores et a cada hũu deles para que en seu lugar et en noso nome posan facer et sostituyr hũu procurador, dous ou mais quaes et quantos quiseren et por ben toveren asi ante do pleito contestado como despois et para que os posa et posan revocar cada que quiser et quiseren et tomar en si do cabo o ofiçio de protestaçon mayor et tan conprido poder como nos avemos para esto que dito he outro tal et tan conprido et eso memo damos et outorgamos a os ditos nosos procuradores et a cada hũu deles et a os seus sostituto o sostitutos et relevamos a os ditos nosos procuradores et a cada hũu deles et a os seus sostituto et sostituos de toda carga de satisdaçon daçon et obligaçon et fiadoria et de aquela clausola que he dita en latin judicium sisti judicatum solui ca nos obligamos a nos et a nosos bees de estar a o juiso et a conprir et pagar o que contra nos for julgado.

Ano 1416
Título abreviado LCS
Título Libro do Concello de Santiago
Referencia Rodríguez González, Ángel (ed. ) (1992): Libro do Concello de Santiago (1416-1422). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo [41]
Páxina 26
Autoría Rui Martines
Tipo/finalidade/xénero doazón poder
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL