logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que seendo o conçello, justiças et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo han de uso et de costume ende Fernan Aras Xarpa et Pero Yanes Abraldes, justiças enna dita çidade et Martin Serpe, Alvaro Alonso Juliate, Alonso Fernandes Abril, Fernand Gonçalves do Pregontoiro, Gomes Rodriges, bachiller, Juan Ares da Cana et Martin Galos homes bõos et jurados enna dita çidade et en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testemoyas adeante escriptas, logo enton o dito conçello justiças et jurados diseron que por quanto eles avian de servir este dito anno a noso señor o arçobispo de Santiago don Lope de Mendoça con viinte mill maravedis de moeda vella contando blanqua a tres dineiros et eso mesmo avian de pagar os marcos et jantar que noso señor el rey ha en cada ũu anno en esta dita çidade et os marcos do dito señor arçobispo et para pagar o selario que han de aver este dito anno as justicas et notarios et os serventes do dito conçello et para outros custos nesçesarios que avian de conprir que acordavan et acordaron que se repaartise et derramase en esta dita çidade hũa renda de contia de triinta mill maravedis de moeda vella, contando blanca a tres dineiros et que mandavan a Bernald Yanes et a Gil Peres, procuradores do dito conçello que presentes estavan que comecasen logo a coller et recabdar a dita renda por los infintos porque se collera et recabdara o anno primeiro pasado de mill et quatroçentos et des et seis annos outra renda que se collera o dito anno de otra tanta contia como esta que agora mandavan coller, porque querian que se algũa das colacões da dita çidade entendia que estava agraviada enno dito repartimento et quisese emendar seu infinto que o podesen faser et que mandavan a min notario que dese copia dos ditos infintos a aquelas colações que os quisesen (. . . ) et quelles davan termino doje a oyto dias primeiros segintes a que tenuesen corregidos et enmendados os ditos infintos et non o trajendo corregidos et enmendados os ditos infintos enno dito termino que dende endeante non os podesen emendar et que mandava que se collesen os ditos maravedis por los ditos infintos do dito anno pasado segundo de suso avian mandado.

Ano 1417
Título abreviado LCS
Título Libro do Concello de Santiago
Referencia Rodríguez González, Ángel (ed. ) (1992): Libro do Concello de Santiago (1416-1422). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo [60]
Páxina 41
Autoría Rui Martines
Tipo/finalidade/xénero Renda
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL