logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que seendo os alcalles e regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago juntados en consistorio enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da dita çidade, segundo que han de uso et de costume, presentes ende Fernand Ares Xarpa et Pero Yanes Abraldes, alcalles da dita çidade et Martin Serpe et Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Martin Galos, Juan Ares da Cana, regidores jurados enna dita çidade et en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testemoyas adeante scripttas; logo enton os ditos alcalles et regidores diseron que por quanto Bernald Yanes et Gil Peres, procuradores do conçello da dita çidade et Juan da Caña, fiel de alcavala dos paños da dita çidade lles feseran relaçon disendo os ditos procuradores que ouveran piñorado çertas prendas a algũos vesiños da dita çidade por quanto lles non quiseran pagar os maravedis en que foran repartidos da renda que este anno se collera et repartira enna dita çidade et eso mesmo lles disera o dito Juan da Cana en como el et os outros fiẽes que con el foran postos enna dita renda da alcavala dos paños tomaran çertas prendas a algũos outros vesiños da dita çidade por quanto non quiseran pagar os maravedis en que eles os repartiran da toma que noso señor o arçobispo de Santiago fesera este dito anno enna dita renda et que as taes personas a quen asy ouveran tomado as ditas prendas non as querian quitar nen pagar os maravedis que sobre elas devian por la qual rason eles diseran que non podian pagar os moravedis que asi foran repartidos enna dita çidade as da dita renda como eso mesmo da dita toma poys que os non podian cobrar daqueles que os devian et lles pediran et requireran que proveesen sobrelo; por ende que eles querendo remediar sobrelo mandavan et mandaron a Domingo Longo, servente et pregoeyro do conçello da dita çidade que dese pregon publicamente por las praças da dita çidade que todas personas a quen os sobreditos ouveran tomado prendas algũas por la dita rason que doje a terçer dia as viesen quitar et non as quitando ao dito termino que mandavan aos sobreditos que as vendesen a quen por eles mays dese segundo costume da dita çidade et que as ditas personas cujas eran as ditas prendas non as podesen despoys demandar aos sobreditos.

Ano 1417
Título abreviado LCS
Título Libro do Concello de Santiago
Referencia Rodríguez González, Ángel (ed. ) (1992): Libro do Concello de Santiago (1416-1422). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo [87]
Páxina 57
Autoría Rui Martines
Tipo/finalidade/xénero Orde
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL