logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Este dito dia seendo o conçello, alcalles e regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que han de uso e de costume, presentes ende Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Martin Galos, Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Cana, regidores jurados da dita çidade en presença de min o dito Ruy Martines, notario e das testemoyas adeante escritas, logo enton o dito conçello, alcalles, regidores sobreditos diseron que por quanto avia dias que non fora encanavada a dita çidade e algũus dos vesiños e moradores en ela se queixavan disendo que eran agraviados enna encanava e repartimento porque se collera a renda que fora repartida este anno enna dita çidade e os outros annos preçedentes por quanto desian que estavan repartidos en mayores contias de maravedis dos que rasonabelemente devian de pagar ennas taes rendas quando se aconteçian de repartir e derramar enna dita çidade e os que estavan en bo repartimento que non consentian que se fesese outra encanava; por ende que eles considerando em como era proveyto comũu de todos los vesiños da dita çidade que se fesese nova encanava porque algũus non ouvesen rason de se queixar e porque a mayor parte do pobõo da dita çidade demandava e requiria que se fesese novamente a dita encanava e que nomeavan e nomearon logo por postores e encanavadores das colações da dita çidade a estas personas que aqui dira: primeiramente, por la colaçon de San Juan Boutista a Rui Martines, zibicheiro; e por la colaçon de San Juan Apostollo e Alonso Peres çapateiro e por la de San Bieyto Rui de Tolan e por la de San Migell a Juan Abraldes e por la de Santa Maria do Camiño Fernan Varela e por la de San Fiins Gonçalvo de Millares e por la de Santa Maria Solame, Gonçalvo Pintor o Moço e por la de Santo Andre Juan de Viveiro e por la de Santa Susana Lopo de Çela e por la de San Froytoso Gonçalvo Poliño.

Ano 1419
Título abreviado LCS
Título Libro do Concello de Santiago
Referencia Rodríguez González, Ángel (ed. ) (1992): Libro do Concello de Santiago (1416-1422). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo [243]
Páxina 194
Autoría Ruy Martines
Tipo/finalidade/xénero Acta de nomeamento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL