Afonso Fernandes Abril, Johan Aras da Cana et Alvaro Afonso Juliate, regidores jurados enna dita çidade, en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testimoyas infra scriptas, logo enton os sobreditos diseron que por quanto os moradores enna colaçon de San Johan Apostollo repartiran maliçiosamente a Fernan de Pereira, alfayate, veziño da dita çidade en çerta contia de maravedis enna renda que este dito anno se collera e recabdara enna dita çidade seendo el pobre e vello e çego e non teendo por donde se mantẽer nen esso mẽesmo para pagar os maravedis en que asi fora repartido.
|