logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Seendo en consistorio Juan Fernandes Abril e Vasco Peres Abril, alcalle enna çidade de Santiago, Martin Serpe e Sancho Sanches de Moscoso, Afonso Fernandes Abril, Fernan Gonçales do Preguntoyro, Alvaro Afonso Juliate, Juan Ares da Cana e Gomes Rodriges bachiller en Decretos, jurados da dita çidade enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario publico jurado da dita cidade segundo que an de costume, e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de nosso señor el rey enna sua corte e en todos los eus regnos e scusador por lo dito Ruy Martines, notario e testemoyas adeante scriptas; enton os ditos alcalles jurados e regidores sobreditos diseron que por quanto era contenda e debate ontre Gonçalvo Serpe, (moordomo que agora era) enna dita çidade, o qual era absente, da hũa parte e os serventes jurados (do conçello) da dita çidade da outra parte sobre rason das direituras e moravedis (que desian que avian de aver) das voses que os moradores de fora da dita çidade enna jurdiçon dos ditos serventes fazian enferindose e chagando huus aos outros, as quaes vozes e moravedis delas o dito moordomo desia que avia de aver por rason do dito seu ofiçio de moyordomadgo e os ditos serventes disendo que avia de aver as ditas voses e direituras delas por rason dos ditos seus ofiçios e que estavan en uso e custume de levar as taes voses e maravedis delas dos moradores enna jurdiçon da dita çidade onde les usavan por rason dos ditos ofiçios sobre lo qual diseron os ditos alcalles jurados regidores e omes bõos que overan sua enformaçioon (e plenaria deliberaçon) e souberan averdas delo por personas çertas e de boa fama, sabidores do dito feito e a quen era de creer e por inquisiçon verdadeira que acharan e achavan que os moordomos enna dita çidade non devian de levar nen aver as voses e direituras delas salvo tan solamente dos vesiños moradores de dentro da dita çidade e que os serventes jurados da dita çidade avian de aver e levar as voses e dereituras delas que devesen e fosen obligados de dar e pagar os moradores de fora da dita çidade enna jurdiçon dela e onde usavan os ditos serventes por rason de seus ofiçios por ende por quitaren juiso e custas e evitar escandalo, que mandavan e mandaron que o dito Gonçalvo Serpe nen os outros moordomos que por los tenpos fosen da dita çidade nin demandas sen nen ouvesen nen levasen de aqui endeante voses algũas dos moradores de fora da dita çidade enna jurdiçon dela e donde os ditos serventes husavan por los ditos seus ofiçios e que ouvesen as taes voses e direituras delas os ditos serventes e non outro algũo sen enbargo do dito Gonçalvo Serpe e dos outros moordomos que fosen por los tenpos enna dita çidade aos quaes diseron que poynan e poseron sobre elo silençio perpetuo e que o dito moordomo ouvese as voses dos moradores de dentro da dita çidade e non d ' outro algũo e que se o dito Gonçalvo Serpe tomara algũas prendas por rason de voses a algũas personas moradores enna jurdiçon da dita çidade que os ditos serventes ou algũus deles avyan dever que mandavan e mandaron que a entregase sen levar preso algũo por rason de voses e desto en como pasou Fernan Byeites servente jurado da dita çidade por si e por los outros serventes da dita çidade pedio testimoyas para garda do seu dereito.

Ano 1420
Título abreviado LCS
Título Libro do Concello de Santiago
Referencia Rodríguez González, Ángel (ed. ) (1992): Libro do Concello de Santiago (1416-1422). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo [298]
Páxina 237
Autoría Fernan Eanes
Tipo/finalidade/xénero Acta
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL