logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Des e oyto dias do mes de novenbre. seendo o conçello alcallde, regidores e omes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que han de uso e de custume enno sobrado da notaria de Ruy Martines notario publico jurado da dita çidade, presentes ende Vasco Peres Abril, alcalde e Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Martin Serpe, Gomes Rodriges, Afonso Fernandes Abril, Martin Galos, Juan Ares da Cana, regidores jurados, homes bõos da dita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor enna sua corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario publico da dita çidade e dos testemoyas infra scriptos, enton os ditos alcallde, regidores, jurados e omes bõos diseron que por quanto estava feita e ordenada a ermandade enna dita çidade por mandado de noso señor o arçobispo e algunas personas non temendo a Deus nen a a justiça de noso señor el rey e do dito señor arçobispo se atrevian de roubar e furtar e faser outros malefiçios, asi enna dita çidade como fora dela e se se en elo non posese outro remedio que se farian peores cousas e maleficios ao adeante por ende e porque entendian que era serviço de Deus e dos ditos señores rey e arçobispo e proveyto comuun e garda e defendemento da dita çidade e dos moradores en ela e enno arçobispado do dito señor arçobispo que mandavan e mandaron que se tevese, conprise e agardare a dita hermandade segundo e enna maneira que estava feita e ordenada e que fosen alcalles da dita hermandade Gonçalvo de Covas e Vasco Fernandes Troquo doje este dia ata tres meses primeiros segintes e eso mẽesmo que mandavan e mandaron aos cadrilleros que estavan postos en cada colaçon que eso mesmo en apoblando a dita hermandade usasen de seus ofiçios segundo o poder que lles era dado enno ordenamento da dita hermandade so as pennas contiudas enno ordenamento da dita hermandade e mandavan e mandaron a Domingo Longo, servente e pregoeyro do conçello da dita çidade que os pregoase asy por las plaças da dita çidade.

Ano 1420
Título abreviado LCS
Título Libro do Concello de Santiago
Referencia Rodríguez González, Ángel (ed. ) (1992): Libro do Concello de Santiago (1416-1422). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo [304]
Páxina 241
Autoría Fernan Yanes
Tipo/finalidade/xénero Acta
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL