logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Esta feira viinte e sete dias do mes de juyo, este dito dia seendo o conçello, alcalles e regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que an de costume enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario publico da dita çidade, presentes ende Roy Sanches de Moscoso cavaleiro vesiño da dita çidade e Martin Serpe e Gomes Rodriges, alcalles e Martin Galos, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Sancho Sanches de Moscoso e Juan Ares da Cana, jurados e regidores da dita çidade e presentes outrosi hũa parte da comunidade e vigarios das confrarias da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Rui Martines, notario e dos testemoyas adeante scriptos; enton os sobreditos diseron que fasian e feseron e estableçian e estabeleçeron por procurador do dito conçello e dos moradores enna dita çidade e visiños dela con todas las clusulas e solenidades do dereito a Rui Freyre, escudeiro, vesiño e morador enna dita çidade ao qual diseron que davan e deron todo seu livre e conprido poder para que en nome do dito conçello podese demandar, reçeber e acadar todas las contias de maravedis e dineiros e devedas e rendas e outras quaesquer cousas que ao dito conçello eran devidas en quaesquer maneyra ata este presente dia e d ' aqui endeante ata huun anno primeiro seginte en que fasian por procurador ao dito Rui Freire e para que podese faser frontas e requirimentos e protestaçoes e tomar testemoyas e testemoyos aqueles que cunplisen e fosen neçesarios de se faser e tomar en proveyto da dita çidade e dos moradores e visiños dela e responder e dar resposta a quaesquer requirimentos e protestações e estimações e testimoyo e testimoyos que quaesquer persona ou personas quisesen tomar contra o dito conçello e moradores e vesiños da dita çidade en qualquier maneira e faser todos los outros autos que fosen neçesarios de se fazer en defenson do dereito e garda da dita çidade e moradores e visiños dela durante o tenpo do dito seu procuratorio e diseron que gẽeralmente fazian e fezeron por seu procurador al dito Ruy Freyre en todos los pleitos e negoçios do dito conçello e çidade movidos e por mover e que eles avian ou entendian de aver a qualquer o quaesquer persona ou personas e que qualquer ou quaesquer persona ou personas avian e entendian de aver contra eles e sobre quaesquer cousas por ante noso señor (el rey e señor) arçobispo de Santiago e por ante seus vicarios, juises e oydores e por ante cada uun deles e por ante outro qualquer juis clerigo ou leigo ordinario delegado ou subdelegado que de seus pleito ou pleitos podesen e devesen conosçer de dereito para faser pedir, demandar, responder, defender, contradiser, comestar, propoer, anparar, reçeber, recusar, reconbinr, recontar, frontar, protestar libelo ou libelos, dar e a outros responder exepcoes, poẽr pleito ou pleitos, entrar e contestar e (para que) en suas almas e de cada uun deles podese jurar juramento de calupnia e deçesorio e de dizer verdade e outro qualquer juramento que lle en nome do dito conçello jurados e omes bõos e dos moradores da dita çidade fose demandado e entrar por autor e defendedor, nomear e dar outra ou outras carta o cartas goanar e outras, purgar, testar (. . . ) e contradiser e a absoliçon de las pedir benefiçio de restrituyçon in intrega e da absoliçon sinplesmente e aa captela pedir, reçebir, provar, reprovar, concludir sentença ou sentenças, pedir e oyr, apelar e suplicar e a resposta e apellos, pedir e requirir a apelaçon e suplicaçon segun e para que podese pedir custas (e jurarlas) e vierlas taixar et reçeber e dar carta ou cartas de pago dos maravedis das ditas custas e darlas e entregar se mester fose (para) que pedise exsecuçon delas e da sentença ou sentenças dadas por lo dito conçello e jurados e omes bõos e moradores (e visiños) da dita çidade e outrosi diseron que llo davan e deron poder cunplido para que en seu lugar e en nome deles (o dito conçello) e de cada uun deles podese faser e sostituyr huun procurador ou dous ou mais quaes e quantos quisese e vise que cunplise et para que os podese revocar quando e cada que quesese e despois da revocaçon o ofiçio da procuraçon en si tomar e tornar e para que podese faser e fesese sobre estas ditas cousas e cada hũa delas todo quanto eles os ditos (conçello) alcalles e jurados (e regidores) e omes bõos e visiños (e moradores) da dita çidade farian e tazer podrian presentar seendo aynda que fose en tal caso e sobre taes cousas que de dereito demandasen e requirisen aver espeçial mandado e que todo quanto por lo dito seu procurador ou por los seus sostituto ou sostitutos sobre esto que dito he ou sobre parte delo.

Ano 1421
Título abreviado LCS
Título Libro do Concello de Santiago
Referencia Rodríguez González, Ángel (ed. ) (1992): Libro do Concello de Santiago (1416-1422). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo [331]
Páxina 260
Autoría Fernan Eanes
Tipo/finalidade/xénero Orde
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL