logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Dose dias do mes de agosto, este dito dia seendo o conçello, alcalles, jurados e regedores e homes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que han de uso e de custume, enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario, presentes ende Martin Serpe e Gomes Rodriges, Bachiller en Decretos, alcalles enna dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoyro e Martyn Galos e Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Cana jurados e regidores da dita çidade e Afonso do Vyso e Lopo Fernandes, vigarios da confraria dos carniçeiros da carniçaria do Vilar e Fernan Bernaldes, vigario da confraria de San Savaschaao e Juan Senmal, vigario da confraria dos ferreiros e Ruy de Melide e Juan Afonso, vigarios dos çapateiros e Juan Dominges de Reys, vigtario da confaria dos carniçeiros da carniçaria do Campo e Afonso Gonçales Trenbollo, vigario dos mercadores da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de nosso señor el rey enna sua corte e en todos los seus reynos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario publico da dita çidade e dos testemoyas adeante scriptas; enton o dito conçello alcalles e regidores jurados e omes bõos e vigarios diseron que por quanto o dito conçello avya de pagar çertas devedas que devyan dos marquos e jantar de nosso señor el rey e dos marquos do señor arçobispo e outras custas e devedas neçesarias e a o presente non abyan morabedis algunos por que se pagasen, por ende que mandavan e mandaron que se recabdasen hũa renda de dez mill morabedies, branqua en tres dineiros e que fosen rebcadadas por los ynfintos da renda de triinta mill morabedis, e os alcalles que recabdasen e levasen seu selario Testemoyas.

Ano 1421
Título abreviado LCS
Título Libro do Concello de Santiago
Referencia Rodríguez González, Ángel (ed. ) (1992): Libro do Concello de Santiago (1416-1422). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo [342]
Páxina 271
Autoría Fernan Eanes
Tipo/finalidade/xénero Orde
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL