logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Enno anno do nasçemento de Nosso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e viinte e dous annos, sabado dez e seys dias do mes de mayo, seendo o conçello, alcalles, jurados, regidores e omes bõos da çidade de Santiago, juntados por crida de anaffil, segundo que han de husso e de custume enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario publico jurado da dita çidade, presentes ende Juan Fernandes Abril, alcalde e Martyn Serpe Fernan Gonçales do Preguntoyro e Juan Ares da Cana e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurados e regidores da dita çidade e estando utrossy presentes Juan Andres e Pero Dominges e Afonso de Myllan, vigarios e procuradores da confraria dos çapateiros e Johan Senmal, vigario dos ferreiros e Gonçalvo Rodriges, vigario dos correeiros e Lourenço Carneyro, vigario dos alfayates e Juan Dominges, vigario dos carniceiros da carnyçaria de Çima e Vaasco Fernandes o Moço vigario dos carniçeiros da camiçaria do Vilar e Ruy Freire procurados do conçello da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de nosso señor el rey enna sua corte en todos los seus reynos e escusador por o dito Ruy Martines, notario e dos testemoyas adeante scriptos, enton os sobreditos alcaldes, jurados regidores e omes bõos diseron que por quanto o dito conçello devya çertas devedas, asy do pedido de noso señor el rey e dos seus marquos e jantar e dos marquos do arçobispo e selarios dos alcalles e procurador e abogado e outras devedas neçesarias e non abyan porque as pagare, que acordavan e acordaron que se recabdase medya renda e que a recabdase o dito procurador por los infintos que estavan feytos e que os alcalles da dita çidade feseren exsecuçon ennos bẽes dos visiños da dita çidade que ouvesen de pagar os taes moravedis e que lles mostrase o dito procurador por los taes ynfyntos e os sobreditos vigarios diseron que por sy e por los confrades das ditas confrarias que non consentyan enno dito mandamento que fazian os ditos alcalde e jurados e regidores a menos de sẽer tomada conta dos procuradores da dita çidade do anno pasado para se veer o que era devydo ao conçello e o que avyan de pagar.

Ano 1422
Título abreviado LCS
Título Libro do Concello de Santiago
Referencia Rodríguez González, Ángel (ed. ) (1992): Libro do Concello de Santiago (1416-1422). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo [346]
Páxina 273
Autoría Fernan Eanes
Tipo/finalidade/xénero Demanda
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santiago-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL