logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Como eu, María de Leýño, moradora en Sã Saluador de Taragoño, moller que foy de Johán de Corques, outorgo que, nõ ẽndusjda por força nẽ por engano, antes de meu querer e libre võtade, porfillo e tomo e escollo por meu fijo a vós, Afonso de Lugo, morador ẽna dita freigresj́a de Sã Saluador, en quanto poso e de feyto e de dereyto para herdar e vosas voses todos quantos bẽes rraýses eu teño ẽna dita fregresj́a: casas, cortes, eyras, enxidos, bjnas e herdades e foros, así da egleia como outros quaesque(e)r e que me perteesçẽ e perteesçer deuẽ, como que(e)r e por qualque(e)r rrasõ, a mõtes e a fontes, os bees e herdamentos rraýses, a saluo que quede para mj̃ os tres toledaos de pã do casal de Lopo do Outeyro, que (sõ) quedẽ para mj̃ e para meus yrmaos; do jur, teẽca, señorío e posesiõ me par[to] e des oje, dito dj́a, poño en la posesiõ, jur e señorío deles a vós, o dito Afonso de Lugo, e a vosas boses, herdeyros e subçesores, en tal maneyra que os ajades libres (e) e conprido poder para los entrar e a posesiõ deles por vosa abtoridade para vender, et çétera; e avedes vós e vosas boses de pagar o foro á dita egleia e outros quaesque(e)r foros que eu seja obligada por rrasõ dos ditos bees en que vos así porfillo e dou ẽna dita freigresj́a segundo dito he.

Ano 1457
Título abreviado LNAP
Título Libro de notas de Álvaro Pérez
Referencia Tato Plaza, Fernando R. (ed.) (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da Terra de Rianxo e Postmarcos. Santiago: Concello da Cultura Galega (Ponencia de Lingua).
Capítulo 67
Páxina 129
Autoría Áluaro Pérez de Ponteuedra, escriuano de tierra de Rianjo e Postomarcos
Tipo/finalidade/xénero PerfillamentoPerfilládego
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Rriãjo e Postomarcos-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL