logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Como eu, Sueyro Gomes de Soutomayor, vasalo de noso señor el Rrey, outorgo e coñosco que por rrasõ que Tareyia Ares, moller que foy de Gomes de Nemãcos, notario, moradora en Rriãjo, dou e traspasou en vós, Garçía Mjgés, alfayate, morador en Rriãjo, e en vosa moller, María Martíns, hũa súa casa, que agora estaua formal, que está ẽno dito porto, que pousa e ha de pousar ẽno outón da casa que foy e quedou do dito Gomes de Nemãcos, notario, que sal da hũa parte do ancho para a praça e do outro cabo do ancho contra o mar, e como vay de longo topar enas figeyras, segũdo que agora está marcada porlos çemẽtos e paredes dela, cõ o foro e segũdo e ẽna maneyra que la ella tyña, a qual dita casa ella ouvo de Ferrnand Peres Calujño, morador ẽno dito porto, por troque de çertas herdades que lle por ela dou en Rrañoo; por ende, por quanto o foro da dita casa he meu, coñosco que cõsinto en el e, se o poso faser de dereyto, o rreçebo en mj̃ e o que(e)ro tãto por tãto, e faço foro da dita casa formal suso marcada no dito Garçía Mjgés, sastre, que está presente, e a dita súa moller, María Martíns, para todo senpre jamays, por preço e cõtía de des morauidís vellos en cada hũu ano, pagos por vós, o dito Garçía Mjgés, e vosas boses a mj̃ e aas mjñas, para senpre jamays, en cada hũu ano, por dj́a de Santiago de cada hũu ano, cõ que deyxedes entre esta dita vosa casa e a de Mõtellón calle por que posã põer hũu barco en mõte; oblígome de vos defender e anparar cõ o dito foro, e desde aquí vos poño ẽno jur, señorío e posesiõ da dita casa para que a posades tomar e entrar por vosa abtoridade propia para faser dela ẽno alto e baxo como de vosa cousa propia, e avéndola de vender, trocar, sopenorar ou cãbiar, que a dedes a mj̃ tãto por tãto queréndola eu, e nõ la querendo, entõ que façades cõ ome semellable [dẽ] vós que pague o dito foro.

Ano 1457
Título abreviado LNAP
Título Libro de notas de Álvaro Pérez
Referencia Tato Plaza, Fernando R. (ed.) (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da Terra de Rianxo e Postmarcos. Santiago: Concello da Cultura Galega (Ponencia de Lingua).
Capítulo 87
Páxina 139
Autoría Áluaro Pérez de Ponteuedra, escriuano de tierra de Rianjo e Postomarcos
Tipo/finalidade/xénero ForoAforamento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Rriãjo e Postomarcos-[C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL