Este dito día e mes e ano e lugar, pareçeu o dito Vasco Chico e presentou por mj̃, dito notario, hũa carta de Pero Lopes de Segouja, juís, a Johán Ares de Figeyroa, morador ẽno Araño, e a Pero Torrado d Asados, apreçiadores dos bees que quedarõ de Tareyia Ares, moller de Vasco Chico, que perteesçen a Pedro e a Rrodrigo, menores, seus fillos, da dita Tareyia Ares e Vasco Chico, e lles rrequereu que a conprisẽ e fesesẽ o dito juramẽto ẽna dita carta cõtiúdo e feyto, apreçeasẽ os bẽes mobles que ficarã da dita Tareyia Ares, os que perteesçíã á parte dos ditos menores; os quaes obedeçerõ a dita carta e que estauã prestes de a conprir; e feserõ logo juramẽto en forma de dereyto sóbrela crus e palabras dos santos euãgeos, et çétera; os quaes diserõ como o dito Vasco Chico lles mostrara tódoslos bees mobles (e) que forõ e ficarõ da dita Tareyia Ares, sobre juramẽto que lle fesera, así porcos, cabras e obellas, boys e carros e arados e arcas e mesas e tallos e rroupas de lana e de ljno e de cama e bestyr e diñeyros e prata e joyas e tódoslos outros bees e eixuar que ficou da dita Tareyia Ares, a saluo os bees rraýses e as bacas e tódaslas outras cousas, diserõ que apreçiarã a parte que vijña aos ditos menores cada cousa por sy por menudo, e que acharã que chegarã o apreçiamẽto dos ditos bees, a saluo as ditas bacas e herdades, a mjll pares de brãcas, a pas e a saluo de alcauala e pagas todas debdas; e que esto desíã e decrarauã para o juramento que feyto avíã, que nõ mõtara máis a parte dos bẽes mobles dos ditos menores e que feserã o dito apreçiamento a todo seu poder e a bõa fe, sen mao engano, verdadeyramẽte; e logo o dito Basco Chico diso que llo dese por testimoyo, encorporada a dita carta, en forma signado, por quanto de parte dos ditos beees quedarõ así apreçiados ẽnos ditos J M pares de brãcas ẽno dito seu padre.
|