logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu Migeel Martinez clerigo de Santa Maria de Ouvre en nome de meu padre Martin Diaz notario de Noya et de sua moller Sancha Eanes cuio procurador soo por huna procuraçon feyta por llo dito Martin Diaz et sinada de seu nome et sinal da qual o tenor aque adeante se conteiia, et por ello arrendo de vos domna Iohanna Esteveez priora et do convento do dito moesteiro que arrendades a min por mandado et licençia et outorgamento de frey Martino Dantes vosso prior que presente he et outorga o dito arrendamento, aquel voso casal et herdade da villa de Laranga que he nas frigresias de San Vicenço de Noal et de Santa Maria de Novar o qual casal os ditos Martin Diaz et sua moller deron en doaçon a vos priora et convento et ao dito vosso moesteiro para ajuda do proveemento de sua filla Thareiga Martinez frayra que he do dito moesteiro, et arrendo o dito casal con casas, casaes, chantados et suas dereyturas hu quer que for a montes et a fontes deste Sam Iohanne de juyo primeiro que ven ata viinte annos conpridos por dez onzas de pan terça millo et duas partes de ceveyra cada anno que vos deven pagar os ditos Martin Dias et sua moller en cada huna festa de San Martino de novenbro en paz et en salvo enna villa de Noya et por lla midida dereyta desta villa por sy et por seus benes que vos por esto obligo et en jur et en mao meto, et demays o dito Martin Diaz et sua moller deven de mandar sacar et ben parar os herdamentos et casas do dito casal o mellor que ellos poderen por sua custa et aa fin dos ditos viinte annos o dito casal et herdamentos del deven ficar livres et quitos et desenbargados ao dito moesteiro dos ditos Martin Diaz et sua moller con todo o profeyto et boo paramento que ellos y fezesen no dito tenpo.

Ano 1337
Título abreviado MB
Título Santa María de Belvís
Referencia Rodríguez Núñez, Clara (ed.) (1989): "Santa María de Belvís, un convento mendicante femenino en la Baja Edad Media (1305-1400)", Estudios Mindonienses, 5, pp. 335-485.
Capítulo 14
Páxina 410
Autoría Alvar Eanes notario de Santiago jurado (escribán: Johan Dominges)
Tipo/finalidade/xénero Arrendamento
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Santiago [Santiago de Compostela-C]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL