logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Pidia ao dito coengo et vigaro que lles mandase por sentença que lle non fezesen o dito enbargo leixandole teer et usar sen su enbargo a dita herdade, et contra a qual demanda o dito Domingo de Linares pleito entrando respondeu et diso que a negava segundo que era posta contra el et contra a dita sua madre et contra o dito Iohan Maçeeyra de que el era procurador et o dito Iohan Garçia pedio que o reçebesen a provar et o dito vigaro reçebeo aa prova ante sy et asignoulle praços çertos a que dese suas ts, ennos quaes prasos o dito Iohan Garçia para provar sua intençon dou duas ts as quaes aiuramentadas et preguntadas pedia ao dito vigaro que as abrise et publicase et o dito Domingo de Linares propos suas exçepçoes contra as quaes foy dito por llo dito Iohan Garçia que non eran de reçeber porque non foran dadas enno termino dos viinte dias que a ley del Rey asigna et por outras rasones que propos contra ellas et o dito vigaro pronunçiou que as ditas exçepçoes non eran de reçeber et mandou abrir et publicar os ditos das ditas ts et mandou dellas dar o trasllado a Ruy Mouro procurador dos ditos Domingo de Linares, Mayor Domingez et Iohan Maçeyra et asignoulle praço çerto a que disese contra ellas do seu dereito enno qual prazo o dito Rodrigo Mouro, procurador sobredito dou suas rasones en que diso que o dito Iohan Garçia non provara sua intençon et o dito Iohan Garçia diso que provara ben et conpridamente sua intençon, et foy tanto proçeso ata que o dito coengo et vigaro por sua sentença pronunciou que sobre la dita demanda segundo posta fora o dito Iohan Garçia provara ben et conpridamentena sua intençon et dou por ben provada et mandou aos ditos Maria Domingez et Domingo de Linares seu fillo et ao dito Iohan Maçeeyra que non enbargasen as ditas duas partes do dito casal et lla leixasen teer et usar et pesuyr sen seu enbargo, et condepnoos nas cartas dereitas segundo mays conpridamente he contiudo na dita sentença da qual sentença o dito Rodrigo Mouro procurador sobredito appellou para merçee do onrrado padre et sennor dom Gomez por la graça de Deus Arçebispo de Santiago, Cappellan Mayor del Rey, Notario Mayor dos Reynos de Castella et de Leon et perante cada huun dos seus juyzes, et foylle porllo dito coengo et vigaro reçebuda a dita appelaço et prazo çerto a que a siguise et presentase ante Matheus Perez d ' Alfaro coengo de Santiago et juyz enna Audiençia do dito sennor Arçebispo.

Ano 1357
Título abreviado MB
Título Santa María de Belvís
Referencia Rodríguez Núñez, Clara (ed.) (1989): "Santa María de Belvís, un convento mendicante femenino en la Baja Edad Media (1305-1400)", Estudios Mindonienses, 5, pp. 335-485.
Capítulo 37b
Páxina 434
Autoría Matheus Petri Gonçalvo do Ribeyro
Tipo/finalidade/xénero Sentenza de apelación dun preito
Orixe Traslado
Lingua -
Localización (Santiago [Santiago de Compostela-C])




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL