logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Conosçuda cousa seia a todos que eu Clara Carneiro moller de Fernan Dalmallo, escudeyro de Gonçalvo Marino, do qual meu marido soon procuradora et ey poder para esto por huna procuraçon feyta por Iohan Fernandes notario da Meya de que o thenor adeante se conten et por toda mina voz et sua vendo firmemente et outorgo para senpres a vos Sancha Fernandes do Caminno frayra do moesteiro de Santa Maria de Belvis yrmaa que sodes do dito Fernan Dalmallo et a toda vossa voz a meadade entergamente daquela casa que esta na rua do Vilar da çidade de Santiago enna qual casa ora moram Domingo Martines scripvan no sobrado et enno sotoo Dominga Moura, a qual outra meadade dessa dita casa he vossa et a qual dita meadade da dita cassa ao dito meu marido perteesçe et perteesçer deve por parte de sua madre Mayor Eans que foy, et a qual casa tensse da huna parte por tavoado con huna casa que he do moesteiro de San Paayo, et bendovos a dita meadade da dita casa con seus sotoos, sobrados, camaras, portaes, pousos, paredes, tella et madeyra et con todas outras suas perteenças et dereyturas que lle perteeçen et perteeçer deven assy de dentro commo de fora et en alto commo en baixo por trezentos et saseenta morabetinos de dez deneiros branquos cada morabetino da moneta del Rey don Afonso, et quaes me dades et pagades et de vos reçebo en presença deste notario et ts em huna taça de prata et en dineiros que valen a dita contia dos quaes consensso et outorgo que soon enterga et ben pagada et renunço a toda exençon que nunca ende diga o contrario.

Ano 1373
Título abreviado MB
Título Santa María de Belvís
Referencia Rodríguez Núñez, Clara (ed.) (1989): "Santa María de Belvís, un convento mendicante femenino en la Baja Edad Media (1305-1400)", Estudios Mindonienses, 5, pp. 335-485.
Capítulo 49b
Páxina 449
Autoría (escribán: Fernan Bogallo)
Tipo/finalidade/xénero Venda
Orixe Copia
Lingua -
Localización -




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL