Sabeam quantos esta carta virem como nos dom Do Pérez eslleyto confirmado do moesteiro de Santo Estevo de Riba de Syl e o convento desse lugar, damus a vos Pedro Maçía e a vossa moller María Eanes, o nosso cassar de Sam Romaao de Limya, o qual cassar tevo Pay Pérez, en que vos ora morades, se a outre non é dado, por tal preyto que o lavredes e o moredes e o paredes ben como se non percan ende os novos por míngoa de lavor e de boo paramento, e nos dedes del cada anno por nosso moordomo terça de todo pan que Deus y der e de ligumea, e levardes o nosso quinón y ao nosso celleyro por vos, e dar de comer ao moordomo quando collerdes os novos do dito cassar, e semeardes y hua tega de linaça e mays non e non dardes della quinón, e dar por dereyturas cada anno por dia de San Martino dose mrs e medeo de brancos doyto soldos cada moravedí; e vos esto comprindo ayades o dito cassar en todos vossos dias danbos, e a morte do pustrimeyro de vos fique a hun vosso fillo que anbos ouverdes de consuu e faça o foro como sobredito e, e a morte do fillo fique a hun vosso neto e faça este foro que dito é, e serdes todos vassallos leaas serventes e obedientes do dito moesteiro, e Pedro Maçía a sua morte dia por loytosa X mrs de brancos e o fillo dia o mellor aver que ouver a sua morte e o neto dia loytossa e partiçón quando morer como é usso e custume dessa terra, e fique o dito cassar livre e quite ao dito moesteiro con todos os boos paramentos que foren feytos; e non damus poder que possades vender nen doar nen supinorar este cassar a nengén sen mandado do dito moesteiro; e se estas condiçoes non foren aguardadas o moesteiro reçeba o dito cassar por sua outoridade sen enbargo nenhuun.
|