Estando en Ourense ante don Afonso Yánes arçidiago de Búval ena iglesia dOurense paresçéu ante o dito arçidiago dom Estevan Eanes abbade do moesteyro de Santo Estevoo de Ribas de Sil da ordeen de Sam Byeito do bispado dOurense por sý e em nome do convento do dito seu moesteyro et do dito seu moesteyro et logo o dito dom abbade disso ao dito arçidiago que dom Iohan de Cardenaque obispo que foy da iglesia dOurense et cabidoo desse lugar dando seu consentimento a elo que juntaran e oniiran ao dito seu moesteyro de Santo Estevoo a iglesia de San Migueel de Melees que he situada no dito arçidiagado de Búval deste dito bispado dOurense que ouvesen a dita iglesia libre para o dito seu moesteyro aa morte de Iohan Lasso que entón era dela reytor.
|