logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabbeam quantos esta carta virem como nos dom Estevo Anes abbade do moesteiro de Santo Estevoo de Riba de Sil e o convento dese lugar, salvo Johan Fernández prior que non he presente, damos a foro a nossa leyra de Bouço Bellulfe, que iaz na costa de Roosende, a qual leyra iaz ontre hua leyra de Portoçoo et doutra de Fernán Curdura et de Moor Iohannes et vayse desta leyra de Portoçoo por outra leyra que aforou Johan Leio, damos vos a foro esta leyra sobredita assý como se começa delo fondo do rigeyro ata çima et vay topar no camyno vello, damos a dita leyra a vos Gómez dArgemill et a vosa muller Viviana Pérez por todo tempo de vossa vida danbos, et apus vossa morte a dous vossos amigos danbos hun pus outro que mays dereitamente herdarem os vossos bees que seian semelláveles de vos, et por tal condiçón que a chantedes toda de vyna en estes dous annos primeiros que se seguirem et que a lavredes et paredes bem, et que nos diades ende cada anno vos et a dita vossa muller quarta do que Deus ý der, o vyno aa bica do lagar polo nosso granieyro que por nos morar ena nossa grania de Roosende, et darlle de comer sem maliça quando collerdes ende os novos; et os amigos sobreditos que diam terça do que Deus y der pelo granieyro sobredito et darlle de comer et lavrarem et pararem bem et daren o vyno aa bica do lagar; et non vos damos poder que possades vender a dita leyra nen deytar nen doar nen obrigar nen parte dela a nengém sem mandado do dito moesteiro; et a morte do pustrimeiro destes amigos sobreditos fique a leyra sobredita ao dito moesteiro livre et quite en paz.

Ano 1385
Título abreviado MERS
Título Santo Estevo de Ribas de Sil
Referencia Duro Peña, Emilio (ed.) (1977): El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo".
Capítulo 96
Páxina 328
Autoría Ruy Gonçáles monie et notario do dito mosteiro
Tipo/finalidade/xénero Foro / Aforamento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santo Estevoo de Riba de Sil [Nogueira de Ramuín-Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL