logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta viren como nos Gonçalvo Péres, prior do mosteiro de Santo Estevoo de Riba de Sil, et Pedro Eanes et Gonçalvo Péres monges et vigarios do dito mosteiro a vagamento de don Gonçalvo Péres último abade que del foy, et Juan Gonçáles e Gonçalvo Ribeira, monges do dito mosteiro, seendo todos juntados en noso cabidoo por canpaa tangida segundo (uso) et costume, fazemos carta et damos a foro a vos Pedro Fernández, clerigo de Santa María de Bolmente, et a tres persoas depoys de vos, hua pus outra, como foren nomeadas a hua delas por vos en vosa vida et a segunda pela primeira et a terçeira pela segunda, et non seendo nomeadas por ventura a quen herdar os seus bees de dereito, convén a saber, que vos aforamos os lugares que chaman dos Pineiros, que jazen sub signo da iglesia de Santa María de Bolmente, con suas casas et árvores et entradas et seydas et pertenenças et dereituras a montes et a fontes por hu quer que vaan, a tal condiçón que lavredes et paredes ben os ditos lugares et herdades deles como se non pergan con míngoa de lavor et de bon paramento, et paguedes cada anno ao dito mosteiro ou ao que o ouver de recadar por él a quarta parte de todas graas que Deus y der por noso moordomo ao qual daredes de comer et de beber sen maliça, postas ena tulla de San Martino por vosa custa, et por las outras cousas hua porcalla sen maliça et oyto mrs de qual moeda correr chaamente ena comerca e dous capoes por dia de San Martino, et seiades vasalos do dito mosteiro serventes et obidientes, et que pague cada persoa a tenpo de seu finamento por loytosa quatro mrs da dita moeda, et façades enos ditos lugares duas casas, et o dito mosteiro que vos defenda a dereito con o dito foro.

Ano 1411
Título abreviado MERS
Título Santo Estevo de Ribas de Sil
Referencia Duro Peña, Emilio (ed.) (1977): El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo".
Capítulo 114
Páxina 334
Autoría Pedro Afonso notario público eno dito mosteiro et en seu couto por lo dito mosteiro et convento del
Tipo/finalidade/xénero Foro / Aforamento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santo Estevoo de Riba de Sil [Nogueira de Ramuín-Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL