logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta carta viren como nos don Lopo, pola graça de Deus abade do mosteiro de Santo Estevo de Riba de Sil, con outorgamento do prior et convento do dito noso mosteiro, seendo juntados en noso cabídoo a son de canpaa tangida segundo que avemos de huso et costume, fazemos carta et damos a foro a vos Pedro do Pontón, morador en Cangas, et a vosa muller Costança Péres, et a tres vozes apus vosa morte danbos que sejan vosos fillos ou fillas que anbos ajades de consuu, et non avendo fillos ou fillas que sejan as ditas tres vozes hua pus outra as mays chegadas da parte, de vos o dito Pedro de Pontón, conbén a saber, que vos aforamos o terreo de Riqueixo, que he da vistiaria do dito noso mosteiro, con todas suas perteesças a montes et a fontes por u quer que vaan, sub signo de Santiago de Cangas, a tal pleito et condiçón que o chantedes de vina nova en estes tres annos primeyros seguentes, et o lavredes et paredes ben en tal maneira que se non perca por míngoa de lavor et de voon paramento, et diades dela vos et a dita vosa muller et as ditas vozes ao oveençal que tever a dita vistyaria a quinta parte do vino que Deus hy der cada hun anno a vica do lagar.

Ano 1418
Título abreviado MERS
Título Santo Estevo de Ribas de Sil
Referencia Duro Peña, Emilio (ed.) (1977): El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo".
Capítulo 125
Páxina 356
Autoría Roy Gonçáles notario público eno couto de Santo Estevo de Riba de Sil polo mosteiro et abbade et convento dese lugar
Tipo/finalidade/xénero Foro / Aforamento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santo Estevo de Riba de Sil [Nogueira de Ramuín-Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL