logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean quantos esta viren como eu Johan Gonçáles, monge do mosteiro de Santo Estevo de Riba de Sil, con liçença et autoridade de dom Lopo abbade do dito mosteiro, meu mayoral, que me él da e outorga para eu fazer este foro que se adeante segue, faço carta et dou a foro et en renda a vos Roy Calcado, morador ena aldea de Paradaseca, et a vosa moller Costança Péres en bosa vida danbos et despoys de vosa morte fique a duas pesoas hua pus outra que sejan vosos fillos ou fillas que anbos ajades de consuu, et non nos avendo fique a duas pesoas mays chegadas da parte da dita Costança Péres vosa moller que herdem os seus bees mays de dereito, convén a saber, que vos aforo todas las herdades e casas e soutos e árvores e cortinas e propiadades de dízimo a Deus que bos por min tragedes agora a jur e a maao ena dita aldea de Parada e en todos seus términos, todo bos aforo con suas entradas et seydas e con todas suas perteesças a montes e a fontes por u quer que vaan, sub signo de Santa Vaya de Vilar de Çerreda, a tal pleito e condiçón que moredes e lavredes e paredes todo bem en tal maneira que se non percan os novos con míngoa de lavor e de boo paramento, e que diades delo cada anno en paz e en salvo a min e a quen ficar en mina voz quatro fanegas de pan linpo de poo e de palla, e mays hun quarteiro de castanas secas e linpas e escolleytas todo por teega dereita do Val de Çerreda, e pagaredes mays cada anno o bosso quinón da nobessarya que han de dar ao dito mosteiro, e vos esto conprindo como sobredito he ajades o mays para bos dízimo a Deus eno tenpo e vozes que sobredito he, e para esto eu o dito Johan Gonçáles obrigo a min e a todos meus bees avidos e por aver a bos defender a dereito con o dito foro.

Ano 1422
Título abreviado MERS
Título Santo Estevo de Ribas de Sil
Referencia Duro Peña, Emilio (ed.) (1977): El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo".
Capítulo 134
Páxina 336
Autoría Roy Gonçáles notario público eno couto de Santo Estevo de Riba de Sil polo mosteiro et abbade et convento dese lugar
Tipo/finalidade/xénero Foro / Aforamento
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Santo Estevo de Riba de Sil [Nogueira de Ramuín-Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL