logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Eu Martín Sánches, bacheller en decretos, abade da eglesia da Triindade da çidade dOurense e vigario geeral por lo moyto honrrado en Christo padre e senor don Diego, por la gracia de Deus e de santa eglesia de Roma obispo dOurense visto e con diligençia examinado huun proceso de pleito ante min traptado ontre partes, convén a saber, Iohan de Vilouxe, clérigo, en nome e en vos de don Lopo Fernándes, abade do moesteiro de Santo Estevo de Riba de Sil, e do prior e do convento do dito moesteiro, asý como seu procurador abtor, da hua parte, e Estevo de Cerreda e María da Ayra e Fernando fillo de Domingo Martínes e Pedro de Junqueira e Juan Alvares, moradores ena aldea de Çerreda e todos los outros que se desían herdeiros eno Cachón de Camilo, por sý e por Gonçalvo de Sarrea e Gonçalvo Çerreda, seus procuradores, en seu nome, reos, da outra; et vista hua demanda por lo dito Juan de Vilouxe eno dito nome por ante min contra os ditos reos posta, en que diso que o dito moesteiro de Santo Estevo e abad e prior e convento del tiina por seu e como seu o dito Cachón de Camilo, e que en outro tempo fora feyta çerta conpustura entre o abade e convento do dito moesteiro con os moradores da dita aldea de Çerreda o qual todo pasar por sentença de homes boos árbitros et su çerta pena segundo ena dita sentença era contiudo, ena qual dita sentença diso que se continna hua cláusola que disía que quantas pesqueiras que estevesen eno rio do Syl eno dito Cachón de que pagasen a quarta parte do pescado que en elas morrese en elas que fose do dito moesteiro, et eso meesmo que a primeira lamprea que morrese en elas que fose do dito moesteiro, et outrosí que tomase mayormodo do abade do dito moesteiro todo o pescado que hua noyte morrese e todas las pesqueiras do dito Cachón, qual el quisese escoller, e que sempre a dita sentença fora conprida e aguardada por los teedores das ditas pesqueiras ao dito abade e convento, salvo desde viinte e nove annos a esta parte, que diso que feseran outras pesqueiras eno dito Cachón que refusaran de o conprir e pagar, o qual dito pescado estimou de cada hun anno catrosentos mrs de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, sobre lo qual feso seu pedimento segundo que esto e outras cousas mais conpridamente era contiudo ena dita sua demanda.

Ano 1431
Título abreviado MERS
Título Santo Estevo de Ribas de Sil
Referencia Duro Peña, Emilio (ed.) (1977): El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo".
Capítulo 153
Páxina 379
Autoría Iohan Paas notario público da dita çidade dOurense por lo obispo e por la eglesia dese lugar
Tipo/finalidade/xénero Sentenza (carta de sentença)
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-[Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL