logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Et visto todo quanto ambas las ditas partes quiseron ante min diser e alegar fasta concluso et vista hua interlocutoria por min dada eno dito negoçio por la qual me pronunçiey por juis do dito negoçio, et reçebí anbas las ditas partes conjuntamente a prova, ao autor da sua demanda e ao por él replicado, e aos reos de suas exepçoes e defensoes e do que provado lles aproveitase non os encargando de prova superflua nen impertinente para o qual lles dey e asigney çertos prasos e produçoes; e visto as provanças feitas por ambas las ditas partes, e a dita sentença e privilegios e escripturas por parte do dito moesteiro presentadas e a publicaçón das ditas provanças feita, et todo quanto ambas las ditas partes ante min quiseron diser e rasoar cada uun deles en guarda e ajuda e defensón de seu dereito fasta que concluyron e ençarraron rasoes et en como eu dey o dito pleito por concluso e asigney en él certo dia para dar sentença e dende endeante para de cada dia que feriado non fose; avydo sobrelo meu acordo e consello con letrados e dileberaçón conmigo meesmo, partes presentes e sentença demandantes, seendo en lugar de julgar, acho que segundo as demarcaçoes por lo privilegio a min presentado por parte do dito abade, prior e convento, que o senorío e térmio do dito Cachón de Camilo que perteesçe ao dito moesteiro, abade e convento del, por ende acho que devo mandar e mando aos ditos Estevo de Çerreda e María da Ayra e Fernando fillo de Domingo Martínes e Pedro de Junqueira e Juan Alvares e aos outros que se disen herdeiros eno dito Cachón de Camilo e a seus procurados en seu nome e a seus herdeiros deles e de cada hun deles que paguen e cunpran ao dito moesteiro, abade e convento del, todo o continudo ena dita sentença dada por los ditos omes boos que de suso en esta mina sentença façe mençón,, salvo donde dise que paguen quarta das lampreas que se tomaren enas pesqueiras que fisesen novamente, que mando que non paguen a tal quarta parte das ditas lampreas por quanto adonde disía que a non pagasen pareçe ser raido e deve diser non paguen; et por quanto non se prova por parte do dito abade e convento de quantos annos a acá leyxaron de pagar o dito pescado, mando que dos annos passados non paguen cousa algua salvo do anno pasado de mill e quatroçentos e triinta annos que pareçe que foron requeridos e demandados por parte do dito moesteiro e convento del e do dito anno mándoles que den e paguen ao dito moesteiro, abade e convento del, ao dito seu procurador en seu nome, por lo pescado do dito anno duzentos pares de brancas do dia da data desta mina sentença fasta triinta dias primeiros sygentes, e que este dito anno e de aquí endeante en cada un anno para senpre que paguen o dito pescado ao dito moesteiro segundo o thenor da dita sentença, e que en todo o al que o dito moesteiro, abade e convento del, que posa usar e use de todo o contiudo ena dita sentença, salvo do de suso por min reservado, e condeno aos ditos reos e aos ditos seus procuradores en seu nome enas custas direitas por parte do dito abade et convento en este pleito feitas, a taixaçón delas que as reservo en min.

Ano 1431
Título abreviado MERS
Título Santo Estevo de Ribas de Sil
Referencia Duro Peña, Emilio (ed.) (1977): El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo".
Capítulo 153
Páxina 380
Autoría Iohan Paas notario público da dita çidade dOurense por lo obispo e por la eglesia dese lugar
Tipo/finalidade/xénero Sentenza (carta de sentença)
Orixe Orixinal
Lingua
Localización Ourense-[Ou]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL