logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que nos don Afonso Garçia, abade do mosteiro de San Juan dePoio et frey Juan Esteves, prior caustral do dito mosteiro, et frey Álvaro et frey Afonso de Vilares et frey Afonso d ' Andamoyo et frey Rodrigo de Ouviña et frei Gonçalvo de Tebra et frei Juan de Dorron et frey Fernando de Deça, monjes do dito mosteiro de San Juan dePoyo, que a esto aqui adeante contiudo somos ajuntados en noso cabidoo dentro ẽno capitolo do dito mosteiro por tajemento de canpãa, segundo que avemos de uso et de costume, aforamos et damos en aforo, deste dia de San Martiño do mes de novembro primeiro que ven endeante para todo senpre, a vos Fernando Afonso de Vasquoes et a vosa moller Mayor Eanes et a todas bosas vozes et suas, todas las herdades, casas, casares et chantados et bouças que nos, o dito mosteiro et convento del, avemos et nos perteesçen ẽno barral do Vascoes por la ovença da mostearia do dito mosteiro, aforamosvos por senpre as ditas herdades, casas, casares et chantados et arvores, ondequer que elas vãa ẽno dito barral, et ao dita mosteiro et convento del perteescan por rason da dita ovença, so tal via et maneira, que lavredes todas las ditas herdades et as procuredes et requirades et tenades çertas et manifestas et quaes et quantas son et fazerdes delas et en elas viña ou outro qualquer auto que quiserdes, et devedes de dar a nos et ao dito mosteiro et convento del et a nosos subçesores por foro, renda, censo, conosçemento, das ditas herdades, casas, casares et chantados en cada un ano, en salvo, sen desconto algũu, quatro çeramis de pan, medio millo et medio çenteo, linpo de poo et de palla, medido por la medida dereita da praça da dita villa de Pontebedra, o qual devedes pagar por cada día de San Martiño ao ovençal que for da dita ovença et convento del nen nosos subçesores non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento por nos et despos vos et a dita vosa moller et vosas vozes nen por al tanto que vos outro de, nen por lo todo nen por disermos et alegarmos bees co dito mosteiro et convento del que vos a elo obligamos, et so pena de mill maravedis de boa moeda que outorgamos de vos dar et pagar de pena nos et o convento do dito mosteiro ou nosos subçesores, se o asi non tovermos, conpriremos et contra elo vieremos, et eu o dito Fernan Afonso, que asi soo presente et que faço por min et por la dita mia moller et nosas vozes, asi o outorgo et resçebo este dito aforamento por las maneiras et condiçoes sobreditas, et prometo et outorgo que eu et a mia moller et nosas vozes o teinamos, conprimos et pagemos asi aa boa fe de Deus et sen mão engano et por min et por meus bẽes et seus que a elo obligo so a dita pena, et a pena pagada ou non esto, como dito he, este senpre firme; feito o estromento no dito mosteiro ano, dias, mes sobreditos.

Ano 1433
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 49
Páxina 69
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Aforamento ("aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL