Sabean todos que eu Dona Meçia de Andrade, moller que foi de Paay Sorredea, que Deus perdón, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas boses, quero et outorgo que por quanto Tareija Peres, moller que foi de Juan Moogo, tiña de mĩ aforado et me abia de labrar o casal de Bendeiro, que he ẽna fiigresia de Santa Maria de Mourente et, eso mesmo, çertas viñas ẽno couto de Mourente da dita fiigresia, de que me avia de dar çerto pan et viño, et a dita Tareija Peres se finou deste mundo para Deus et vos Maria Garçia, moller de Pero de Vilanova da dita Tareija Peres, vos nen o dito bolo marido non podedes sosteer nen manter o dito foro, et me rogades et pedides que resçeba mĩas viñas et herdades et casal et faça del mĩa voontade et vos delo pona livre et quita a vos et ao dito voso marido et bosos bẽes et seus; por ende eu, a dita dona Meçia, de mĩa livre et propia voontade, renunçio et dou por ninhũus quaes quer estromentos de foro ou de outro qualquer abto que me asi tovese feito a dita Tareija Peres et seu marido dela, de que me asi vos a dita Maria Garçia et o dito boso marido fosedes et sejades obligados en quer maneira, et quero que non vallan nen façan fe en juiso nen fora del, et eu os renunçio et dou por ninhũus.
|