logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no TILG poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez- Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no RILG, pode calcar aquí.

Velaquí a frase seleccionada do Corpus Xelmírez e a referencia textual correspondente:

Sabean todos que eu, Juan Fernandes Agulla, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas vozes, aforo et dou en aforamento a vos, Afonso Eanes, forneiro, besiño da dita villa, et a vosa moller Maria Fernandes, que sodes presentes, et a vosas vozes a mĩa biña, desimo a Deus, que esta ẽno lugar que disen o Couto, que e açerca da villa de Pontevedra, con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito, et segundo et por la via que a por mĩ suya labrar antes desto Juan Garçia afuraao; et aforo vos, como dito he, a dita leira de viña por tenpo doje este dia ata dose anos conpridos primeiros seguintes, ẽnos quaes ditos dose anos, et en cada un deles, vos et a dita vosa moller et vosas bozes devedes de lavrar a dita biña de poda, cava, arrenda, rodriga, et esterquarla et murarla et requerirla de todos los outros lavores que ouver mester, en maneira que se non perga por mingoa de lavor et chousura; et outrosi devedes de abrir et faser porta ẽno muro da dita viña escontra a viña de Vidal; et eu, o dito Juan Fernandes, devo vos de dar as tavoas para faser a çarradrua para ela et vos poerdes todo o al por vosa custa; et do viño que Deus der na dita viña devedes de dar a mĩ et a mĩas vozes a metade del en salvo, mosto aa dorna, o desimo a Deus pago de consũu, et vos averdes a outra metade por voso lavor et feitio, o qual devedes de vendimar ẽno meu lagar, se queserdes, et apartar o dito do lagar por vosa custa et, eso mesmo, vendimar et coller o dito viño por meu mandado, et proveer de comer et de beber a mĩ ou a mĩas boses, ou ao que por nos estever ao partir do dito biño, et asi en cada un ano por lo tenpo dos ditos dose anos; et outrosi devedes de aver para vos, por lo dito tenpo dos ditos dose anos, a mĩa parte da bouça da Folloa para faser en ela madeira et rodriga para a dita viña; et avendo de vender ou sopenorar ou enallear ou trasmutar este dito aforamento, a mĩ ou a mĩas boses o devedes faser, tanto por tanto, segundo que vos outro por elo der, querendo nos, et non querendo, que enton o façades a persona simitavlle de vos, que teña et conpra et agarde esto que vos sodes tiudos et obligados de teer et conprir, et seerdes anparados et defeso con este dito aforamento vos et a dita bosa moller et vosas vozes de todo enbargo eno dito tenpo dos ditos dose anos, por mĩ et por meus bẽes que vos a elo obligo, et so pena de mill mrs. de boa moeda, que outorgo que vos peitemos por pena eu ou mĩas bozes, seo asi non toveremos, conpriremos et contra elo vieremos.

Ano 1433
Título abreviado MNP
Título Minutario notarial de Pontevedra
Referencia Rodríguez González, Ángel / José Armas Castro (eds.) (1992): Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Capítulo 80
Páxina 113
Autoría Anónimo
Tipo/finalidade/xénero Aforamento ("aforamento")
Orixe Orixinal
Lingua -
Localización Pontevedra [Pontevedra-P]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL